UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa Nº 27. Luns 5 novembro 2018.
Sintonía
e axiña música de Carlos do Carmo, O
homem das castanhas, motivadora dun magosto radiofónico, sen truco e sen
tratos, no que participa a xente convidada a este novo programa, número 27.
Roberto
Taboada presenta as actividades do
magosto que vai celebrarse o sábado vindeiro .Pasa logo a informar da reunión que,
co obxectivo de coñecer propostas municipais sobre o Premio Cidade Alegre, realizouse coa Concelleira de
Urbanismo. Pide Roberto participación veciñal para a inversión deste Premio
extraordinario.
En
Polo correo do vento, información
sobre a dedicatoria dunha rúa a Reme. Tamén información da Tertulia no Muíño coa proposta
de Antón Cortizas “A que xogabas de pequeno”. Presentación da nova fornada de
Outra información e posible, enviada por Xulio Betegón.
Novembro de defuntos foi o tema tratado polos compoñentes de Ferrolterra
Antiga. Tradicións e costumes arredor da historia funeraria da xente do común. Salientar
a referencia ao Cemiterio de Canido.
Fóra do mapa, outro xeito de ver e facer
teatro, foi o cerne da entrevista que
Chus Prieto, na sección Teatro do Muíño, lle fixo a Cristina Moreira. Posterior
información das actividades teatrais que van ter representación na vindeira
quincena en Ferrolterra.
Nieves
Losada, traballadora social, participa na sección Outro mundo é posible. Entrevista
e debate con Rafa Rodríguez desenvolvendo a idea da necesidade dos Servizos
Sociais como ferramenta para o benestar social.
Remate
do programa , remate do magosto e soa, de novo, O homem das castanhas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário