Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

03 dezembro, 2018

UNHA TARDE NO MUÍÑO

Programa 29. Luns 19 novembro 2018. 

Soa música da rúa e comeza o programa coa presentación  do documento ”Canido necesita.!8 puntos.”  por parte de Roberto Taboada .Comentarios arredor destes puntos e aviso de que vai ser presentado no Concello  o vindeiro martes 20, esperando ser recibidos polo Alcalde.
Polo correo do vento fai reseña da actividade  de  lectura infantil e xuvenil, desenvolvida a semana pasada. Tamén se fai un recordatorio da próxima convocatoria e chamamento á doazón de libros.
No Obradoiro de Historia os compoñentes de Ferrolterra Antiga (Antonio, Rubén, Manu), fixeron un percorrido polo barrio facendo explicación dos nomes das nosas rúas.
Bicos sen fronteiras é o titulo do texto elaborado por Esther Val e que foi dramatizado pola autora e por Marisol Seoane. Entrevista ás dúas por parte de Chus Prieto que logo pasa a ler as actividades teatrais da comarca.

Na sección Outro mundo é posible, Rafa Rodríguez entrevista a Manolo Rivera, premio Vicente Ferrer deste ano. Exposición do Proxecto merecedor do Premio e, ademais, de temas relativos ao mundo do ensino.
Despedida con Shostakóvich, que este xoves poderemos escoitar no Jofre.


Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails