Pesquisar neste blog

17 abril, 2013

NOVAS LOCAIS - Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra. Cap.1º (Como xurde)


A Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra comeza a tomar presenza na nosa comarca, logo de activar diversas frontes, coma son: Banco de Tempo, Cooperativa de consumo responsábel Armeria, Peto Solidario ou mesmo o Colectivo Stop Desafiuzamentos.

Todas estas equipas de traballo son a aplicación á vida real do noso entorno máis inmediato, das conclusións ás que se chegaron, logo da celebración do Foro Social de Ferrolterra en setembro do ano 2011.

No Capítulo Nº1 desta serie de reportaxes que hoxe comeza, no tempo de información local en Rádio Filispim, ouviremos a Inacio Martínez, quen nos conta coma da estratexia global do Foro Social Mundial do ano 2001, se conforma un altermundismo posíbel, que non é dirixido, senón compartido e contextualizado en diferentes lugares do planeta, incluido o país galego, e como isa estratexia global parte de tres afirmacións:
  • O capitalismo é socialmente inxusto.
  • O capitalismo é pouco ou nada democrático.
  • ademáis é ecolóxicamente insostíbel.
Inacio, tamén nos fala da relación deste movimento altermundista co movimento 15M, o movimento okupa ou, mesmo, da asimilación de principios do movimento libertario, coma a autoxestión ou apoio mútuo.

A partir de aquí hai que transformar a situación. Ademáis dos foros sociais mundias,  xurden os territoriais, do que fai parte o Foro Social de Ferrolterra. Todos eles son eventos para a reflexión e a análise,  mais tamén punto de partida da activación de frontes de accion.

Como vías para conseguir esa transformación social, a Rede Social de apoio mútuo de Ferrolterra traballa específicamente na vía do contrapoder, apoiándose nas novas tecnoloxías, sen abandonar a vía institucional ou a da movilización.

Ouvimos a Inacio Martinez, integrante da Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra, nesta primeira aproximación (dunha serie de catro) a este movimento cidadá de acción social directa. O audio é tirado do programa Divertimento para pequenos monstros de Rádio Filispim.

Redacción Informativos RFM

16 abril, 2013

O Recuncho nº 133


 
Martes, 16 de abril de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 133 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:

Invitados: Gregorio Bermejo Verdejo, de CCOO do Transporte, de Ferrol: O desmantelamento do ferrocarril.
Manuel Fernández Pita, Presidente de Asoc. Memoria Histórica Democrática, e conexión Telefónica con Carlos Etcheverría, do Ateneo Republicano de Coruña e Celso López Pazos, da Asemblea Republicana de Vigo, tratarán o aniversario da II República.
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Poetas Hispanoamericanos
Novas e comunicados, por Víctor G. Novás
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040
 

NOVAS LOCAIS. Ferrol en ruínas, estaleiros que caen derrubados, corvos, lume e coches destruídos.


O Concello de Ferrol en ruínas, estaleiros que caen derrubados, corvos, lume e coches destruídos. Ese é o panorama que poden atopar aqueles que visiten a cidade. Son as fotografías-ficción do enxeñeiro naval, traballador de Navantia e artista Edu Pereira. "Matan ao naval. Desastre comarcal", rezan estas vallas publicitarias que intentan axitar a conciencia da cidadanía ante o drama ao que se asoma o sector da comarca.

As enormes imaxes pretenden chamar a atención sobre a situación na que quedaría a conmarca se o naval desaparece. Tres enormes carteis (de oito por tres metros) que se poden ver fronte ao Alcampo, así como nas estradas de Catabois ou Castela. Un intento por amosar a importancia dun sector "estratéxico" e do que "dependen todos" en Ferrol e que vai camiño do desastre, tal e como denuncia o comité de empresa, que este mércores presentou estas vallas publicitarias que pretenden chamar a atención sobre a situación dunha comarca que alcanza uns niveis de paro récord en Galicia e sobre o que suporía "que os estaleiros desaparecesen".

Edu Pereira, o fotógrafo autor destas imaxes dos carteis, explica a Praza que a idea xurdiu nas mesmas instalacións de Navantia, onde el traballa. "Alguén do comité de empresa viu os traballos que se basean na idea dun Ferrol deserto, da situación fantasmagórica na que quedaría a cidade se os estaleiros continúan nesta progresiva destrución; ocorréuselles utilizalas como parte dunha campaña de impacto visual para chamar a atención sobre a gravidade do que estamos a pasar", conta. "Se cadra unha imaxe vale máis que mil palabras; levamos moito tempo manifestándonos e repetindo lemas".

Daquela, Pereira ampliou as fotografías, modificounas e engadiulles outros elementos representativos da comarca, como o Concello de Narón ou o Castelo de Fene. "Posiblemente unha imaxe valla máis que mil palabras; levamos moito tempo manifestándonos e repetindo lemas...".
Fonte: xornal Praza Pública

Ir a descargar

Redacción Informativos RFM

NOVAS LOCAIS. Acción Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra, pro adxudicación vivendas Recimil.


O que xurdiu como unha proposta da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, e acordada na pasada Asemblea de persoas que figuran na listaxe definitiva para acceder a unha vivenda protexida de propiedade municipal do barrio de Recimil, concretouse hoxe en Ferrol.

Esta Acción consistiu nunha concentración diante do Pazo Municipal, para dirixir-se posteriormente ao rexistro, onde un grupo de persoas afectadas fixeron entrega da reclamación para que se lles adxudique e entreguen xa, algunha das vivendas municipais liberadas.

No mesmo rexistro entregou-se un escrito, onde se solicitou unha reunión de urxencia co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela e co concelleiro e concelleira, responsábeis de patrimonio e benestar social. O obxectivo da reunión, sería para trasladar-lles as queixas e demandas da Rede. Á xuntanza asistiría unha Comisión de persoas afectadas, xurdida da Asemblea do pasado 10 de Abril de 2013, composta por Laura Luz, Rosa, Ada Luz e Estefanía que estarían acompañadas por membros da Rede de Apoio Mutuo, Elena e Francisco que foron elixidos hoxe, en Esteiro, na asemblea semanal ordinaria de Stop-Desafiuzamentos.

Para finalizar tivo lugar unha Asemblea onde veciñas afectadas falaron da súa situación persoal e familiar, reclamando unha vivenda digna. Os medios de comunicación local están recollendo con interese esta loita social. O drama persoal que están sufrindo moitas destas familias, converten esta loita no centro de preocupación e entrega dentro da Rede, o que require de moito compromiso e paciencia, por tod@s @s activistas e afectad@s.

Fonte: Colectivo Ártabra21

Ir a descargar

Redaccción Informativos RFM

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails