O Concello de Ferrol en ruínas, estaleiros que caen derrubados, corvos, lume e coches destruídos. Ese é o panorama que poden atopar aqueles que visiten a cidade. Son as fotografías-ficción do enxeñeiro naval, traballador de Navantia e artista Edu Pereira. "Matan ao naval. Desastre comarcal", rezan estas vallas publicitarias que intentan axitar a conciencia da cidadanía ante o drama ao que se asoma o sector da comarca.
As enormes imaxes pretenden chamar a atención sobre a situación na que quedaría a conmarca se o naval desaparece. Tres enormes carteis (de oito por tres metros) que se poden ver fronte ao Alcampo, así como nas estradas de Catabois ou Castela. Un intento por amosar a importancia dun sector "estratéxico" e do que "dependen todos" en Ferrol e que vai camiño do desastre, tal e como denuncia o comité de empresa, que este mércores presentou estas vallas publicitarias que pretenden chamar a atención sobre a situación dunha comarca que alcanza uns niveis de paro récord en Galicia e sobre o que suporía "que os estaleiros desaparecesen".
Edu Pereira, o fotógrafo autor destas imaxes dos carteis, explica a Praza que a idea xurdiu nas mesmas instalacións de Navantia, onde el traballa. "Alguén do comité de empresa viu os traballos que se basean na idea dun Ferrol deserto, da situación fantasmagórica na que quedaría a cidade se os estaleiros continúan nesta progresiva destrución; ocorréuselles utilizalas como parte dunha campaña de impacto visual para chamar a atención sobre a gravidade do que estamos a pasar", conta. "Se cadra unha imaxe vale máis que mil palabras; levamos moito tempo manifestándonos e repetindo lemas".
Daquela, Pereira ampliou as fotografías, modificounas e engadiulles outros elementos representativos da comarca, como o Concello de Narón ou o Castelo de Fene. "Posiblemente unha imaxe valla máis que mil palabras; levamos moito tempo manifestándonos e repetindo lemas...".
Fonte: xornal Praza Pública
Ir a descargar
Redacción Informativos RFM
Nenhum comentário:
Postar um comentário