Martes, 26 de febreiro de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: RadioFilispim
“O Recuncho” nº 126, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitado: José Martín, quen falará do recente Congreso de CCOO. Conexión telefónica con Loreto Primo, da Marcha Mundial das Mulleres. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Poesía Salvaxe”.
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: O poeta sueco Tomás Tranströmer.
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Göran Söllscher: “The Beatles. De Yesterday a Penny Lane”
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040
MUSICA SURF… 50 AÑOS MAS TARDE, QUE ENTENDEMOS POR MUSICA SURF?
Las enciclopedias musicales definen como “música surf” un género de música popular, con canciones en su mayoría instrumentales, con sus característicos riffs de guitarras eléctricas asociado a la “cultura” surf y, en menor medida, a los coches. Se genera y triunfa en el sur de California en los últimos años ´50 y principios de los´60 del siglo pasado. Este tipo de música todavía hoy sigue cultivándose –y con gran entusiasmo- por grupos de todo el planeta. De alguna manera, se ha universalizado.
Sin embargo, situados en la segunda década del siglo XXI, seguir considerando este tipo de música de forma exclusiva como “música surf”, parece demasiado restrictivo. Para empezar, es un hecho comprobado que mucho antes de electrificar las guitarras, el surf y la música estaban muy presentes y relacionados en la cultura hawaiana. La técnica del slack key guitar y el uso del ukelele estaban generalizados en las tres décadas de principios del pasado siglo cuando eclosiona en las islas el surf moderno.
Por otra parte, actualmente, grandes surfistas, profesionales o no, crean música claramente ligada al surf. Y viceversa, grandes músicos practican surf y componen pensando en vivencias ligadas a la cultura surf actual. Es que Beau Young, Jack Johnson, Tim Curran, Donavon F., Tom Curren, Ben Harper, Angus Stone y un largo etcétera no hacen, a su manera, música surf?, entonces, ¿qué hacen y para quién lo hacen?. ¿Acaso tu no has disfrutado muchas veces escuchándoles en la duna o durante la puesta de sol después de una buena sesión?
Abramos nuestras mentes. Hoy, como siempre, la “música surf” refleja el surf como lo siente cada uno y por eso no hay, no puede haber, una única y determinada música surf, con todo el respeto a las enciclopedias y a los académicos.
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unnha manifestación en Ferrol este 3 de marzo. A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unha unha manifestación en defensa da Sanidade Pública, contra as privatizacións, os recortes e o repago, o domingo día 3 de Marzo ás 12:00 h, dende Porta Nova (Praza de España).
A Plataforma reclama:
• Por unha Sanidade Pública, gratuíta e universal para todos por igual.
• Pola posta en funcionamento do Hospital Naval ao 100%.
• Para que non pechen o Hospital Novoa Santos, ningún PAC e ningún consultorio (lembremos que a Xunta xa pechou o da Graña en Ferrol e o do Seixo en Mugardos).
• Construción dos novos Centros de Saúde en Narón, A Capela, Cedeira e Ares e ampliación do Fontenla Maristany.
• Construcción dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais, nunca comarca en que o amianto está a causar estragos.
• Poñer a andar o Plano de Mellora da Atención Primaria.
• Poñer a andar o Plano de Saúde Mental e Drogodependencia. Na nosa comarca entidades coma Asfedro e Lazos-Comité Antisida, están a sofrer os recortes; como resultado as prestación foron diminuindo peses ao incremento da demanda nestes tempos de crise.
• Pola redución das listas de espera.
• Derrogación do Decreto de Transporte Sanitario non Urxente.
• Asistencia sanitaria a inmigrantes sen papeis e maiores de 26 anos que nunca cotizaron.
O pasado domingo 17 de Febreiro, na Praza de Galicia de Narón, se realizou unha concentración baixo o nome de "Marea Branca" (non confundir coa explosión de solidariedade polo desastre ecolóxico do Prestige). Daquela, organizacións políticas, sindicatos, Colectivos e SOS Sanidade pública respaldaron a mobilización en defensa da sanidade pública, en rexeitamento da privatización sistemática que se ven realizando e que se pretende seguir, secundando unha mobilización xeral en todo o Estado. Escoitamos un fragmento do comunicado que se leu ese domingo 17 de febreiro, na Praza de Galiza de Narón.
Marcha Mundial das Mulleres. O Concello de Ferrol prohíbelles debuxar siluetas no chan, cando é asasinada unha muller por violencia machista. Surreal e cruel. A Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres da nosa comarca vén realizando dende hai máis de 5 anos concentracións de repulsa ao pé do Concello de Ferrol, cada vez que asasinan a unha muller vítima da violencia machista na Galiza, "nesas concentracións sempre debuxamos a silueta da muller asasinada", din elas. Nas dúas últimas concentracións non puideron pintar as siluetas porque a Policía Local de Ferrol se achega e lles advirte que non poden proceder ao acto simbólico de debuxar a silueta da vítima, xa que existen ordes da actual responsábel de Igualdade do Concello de Ferrol, Verónica Casal Míguez, de prohibirllas debuxar. Dado que era unha orde da Concellaría de Igualdade, deciden solicitar unha reunión coa súa responsábel, Verónica Casal Míguez, mais ista se mantén na súa postura de prohibilles pintar a silueta a muller asasinada, baseando a súa prohibición na Ordenanza municipal de ”Limpeza e recollida de residuos”, que prohibe fazer pintadas. Dende a organización de mulleres, pensan que "nin á Marcha MM nin ao conxunto da cidadanía da nosa Comarca lle ten que valer que o Grupo de Goberno do PP asimile unha acción de puramente simbólica de concienciación cívica, cun acto de puro vandalismo, máxime cando no transcurso de actividades deportivas (voltas ciclistas, etc) se fan pintadas no chan e non hai ningún tipo de problema". Dada a situación, veñen de manter unha unha reunión cos grupos da oposición (EU, BNG e PSOE) os cuais decidiron que no vindeiro Pleno do día 28 de febreiro van presentar unha moción, donde ademáis unha representante da Marcha intervirá no Pleno. Dende a Marcha MM nos piden que acudamos a este Pleno para amosar o noso apoio a esta moción, e para que a Marcha Mundial das Mulleres poda seguer debuxando no chan ao pé do Concello as siluetas das vítimas cada vez que é asasinada unha muller víctima da violencia machista. "Imos acudir a este Pleno vestidas todas de negro como medida de protesta, todas as persoas que poidades, por favor, facede o mesmo", din elas. Agárdanos a todas as persoas este xoves 28 de febreiro ás 19.00h no salón de plenos do Concello de Ferrol.