Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

23 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS - Marcha Mundial das Mulleres. O Concello prohibe debuxar siluetas de mulleres asasinadas.


Marcha Mundial das Mulleres. O Concello de Ferrol prohíbelles debuxar siluetas no chan, cando é asasinada unha muller por violencia machista.

Surreal e cruel.

A Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres da nosa comarca vén realizando dende hai máis de 5 anos concentracións de repulsa ao pé do Concello de Ferrol, cada vez que asasinan a unha muller vítima da violencia machista na Galiza, "nesas concentracións sempre debuxamos a silueta da muller asasinada", din elas.

Nas dúas últimas concentracións non puideron pintar as siluetas porque a Policía Local de Ferrol se achega e lles advirte que non poden proceder ao acto simbólico de debuxar a silueta da vítima,  xa que existen ordes da actual responsábel de Igualdade do Concello de Ferrol, Verónica Casal Míguez, de prohibirllas debuxar.

Dado que era unha orde da Concellaría de Igualdade, deciden solicitar unha reunión coa súa responsábel, Verónica Casal Míguez, mais ista se mantén na súa postura de prohibilles pintar a silueta  a muller asasinada, baseando a súa prohibición na Ordenanza municipal de ”Limpeza e recollida de residuos”, que prohibe fazer pintadas. 

Dende a organización de mulleres, pensan que "nin á Marcha MM nin ao conxunto da cidadanía da nosa Comarca lle ten que valer que o Grupo de Goberno do PP asimile unha acción de puramente simbólica de concienciación cívica, cun acto de puro vandalismo, máxime cando no transcurso de actividades deportivas (voltas ciclistas, etc) se fan pintadas no chan e non hai ningún tipo de problema".

Dada a situación, veñen de manter unha unha reunión cos grupos da oposición (EU, BNG e PSOE) os cuais decidiron que no vindeiro Pleno do día 28 de febreiro van presentar unha moción, donde ademáis unha representante da Marcha intervirá no Pleno.

Dende a Marcha MM nos piden que acudamos a este Pleno para amosar o noso apoio a esta moción, e para que a Marcha Mundial das Mulleres poda seguer debuxando no chan ao pé do Concello as siluetas das vítimas cada vez que é asasinada unha muller víctima da violencia machista.

"Imos acudir a este Pleno vestidas todas de negro como medida de protesta, todas as persoas que poidades, por favor, facede o mesmo", din elas.

Agárdanos a todas as persoas este xoves 28 de febreiro ás 19.00h no salón de plenos do Concello de Ferrol.


Ir a descargar

Redacción informativos RFM

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails