Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

25 fevereiro, 2013

NOVAS LOCAIS - A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unha manifestación para o 3 de marzo.


A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unnha manifestación en Ferrol  este 3 de marzo.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol convoca unha unha manifestación en defensa da Sanidade Pública, contra as privatizacións, os recortes e o repago, o domingo día 3 de Marzo ás 12:00 h, dende Porta Nova (Praza de España).

A Plataforma reclama: 
• Por unha Sanidade Pública, gratuíta e universal para todos por igual.
• Pola posta en funcionamento do Hospital Naval ao 100%.
• Para que non pechen o Hospital Novoa Santos, ningún PAC e ningún consultorio (lembremos que a Xunta xa pechou o da Graña en Ferrol e o do Seixo en Mugardos).
• Construción dos novos Centros de Saúde en Narón, A Capela, Cedeira e Ares e ampliación do Fontenla Maristany.
• Construcción dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais, nunca comarca en que o amianto está a causar estragos.
• Poñer a andar o Plano de Mellora da Atención Primaria.
• Poñer a andar o Plano de Saúde Mental e Drogodependencia. Na nosa comarca entidades coma Asfedro e Lazos-Comité Antisida, están a sofrer os recortes; como resultado as prestación foron diminuindo peses ao incremento da demanda nestes tempos de crise.
• Pola redución das listas de espera.
• Derrogación do Decreto de Transporte Sanitario non Urxente.
• Asistencia sanitaria a inmigrantes sen papeis e maiores de 26 anos que nunca cotizaron.

O pasado domingo 17 de Febreiro, na Praza de Galicia de Narón, se realizou unha concentración baixo o nome de "Marea Branca" (non confundir coa explosión de solidariedade polo desastre ecolóxico do Prestige). Daquela, organizacións políticas, sindicatos, Colectivos e SOS Sanidade pública respaldaron a mobilización en defensa da sanidade pública, en rexeitamento da privatización sistemática que se ven realizando e que se pretende seguir, secundando unha mobilización xeral en todo o Estado. Escoitamos un fragmento do comunicado que se leu ese domingo 17 de febreiro, na Praza de Galiza de Narón. 


Audio: nova + cunha
Ir a descargar

Audio: Cunha
Ir a descargar

Redacción informativos RFM

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails