Pesquisar neste blog

11 fevereiro, 2025

Off Mental 148 (Prefiro Condenarme, BSO)

Carme Rodríguez

 Off Mental, nº 148

Especial Carme Rodríguez (BSO Prefiro Condenarme, 2024).

  • Es ti quen erra.
  • Ante ningún home.
  • Sagrario.
  • Tempos difíciles.
  • Gaiola.
  • Unha educación. 
  • Quen me salvou.
  • Plantas e paxaros.
  • Digno de querer.
  • Abandonar a vida.
  • Buscar traballo.
  • Quen o vivíu.
  • Non podía comigo.
  • Eu non nacín para odiar.
  • Agora e sempre.
  • Prefiro condenarme.
  • Se non me ves (composición/interpretación: Mónica de Nut).
  • Reprise (BSO Una Historia Azul, 2021).
Presenta e conduce: André C. Pastor —pequenomonstro—.
Sintonía/música indicativos: Héctor Perezagua. Voz indicativos: Ana Fernández —fabaloba—.
Difunden: Rádio Piratona, 106.1 FM (Vigo), Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol/Trasancos), Radio Crónica Folk Musical (online), Producións Imaxinarias & PodGalego
Redifusión comunicar en: offmental@gmail.com 

06 fevereiro, 2025

Informativo, 6/2/2025

Boletín informativo da FilispiM, 6/2/2025

SUMARIO:

- Noticias Dialogadas. Lupe e Inacio fálannos da nova axuda fake da Xunta de Galiza, un capítulo máis do servizo de propaganda do Partido Popular.

- Comunicado Galiza Anti-OTAN. O noso compañeiro Comochoconto, da Radio Raposeira, fáise eco dunha convocatoria co gallo do famoso referendum da OTAN en 1996. Unha Xornada Galega contra a OTAN e pola paz mundial prevista para o 12 de marzo en toda Galiza.

- Nace "O Faladoiro", un novo programa realizado polas persoas integrantes e colaboradoras do Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM. O noso compañeiro Vicente cóntanos os detalles desta iniciativa, informativa, comunitaria e participativa.

- Presentación do xogo "Feminismos no Tempo". Sexta feira 7 de febreiro as 7:30 pm no local da Asociación Artábria en Esteiro, nolo conta Xorxe Mirancos.

- Ciclo de Cultura Democrática, "Cóntamo ti", organizado pola Asociación de Veciñanza de Canido e Colectivo Muiño do Vento. Venres 21 de febreiro ás 7:30 pm no CC de Canido. Abrirán esta nova edición xornalistas da CRTVG que sofren a intromisión política do seu traballo informativo. Nolo conta Celia Fernández.

- A Escola Universitaria de Enxeñaría de Ferrol xunta o venres 7 de febreiro a máis de 20 firmas no seu I Encontro con Empresas. A xornada inclúe dúas mesas redondas: "Retos para as Enxeñarías 2030" e "Hai vida máis aló das grandes empresas".

- O autor ferrolán Marcos Mella convídanos a acudir á presentación da reedición de 300 Meses. Hotel La Torre do Lago (Valdoviño), venres 7 de febreiro ás 7:00 pm. Haberá música e sinatura de exemplares do CD.

- Despedimos con tralla. Ghorxa, unha banda ferrolá, entre a sicodélia, o grunge e outras herbas, que acaba de lanzar un novo traballo resultado dunha sesión de directos. Ferror Records, que vén de cumprir 10 anos, publica o artefacto.

Condución/edición: equipa informativos


31 janeiro, 2025

A Xanela das Fucas Nº 117 ( 30-1-25)

 A Xanela das Fucas  Nº 117  ( 30-1-25)  

 


Recordamos eventos   dos últimos dias:  a conferencia de   Mohamed Safa : ano e medio de Xenocicidio  na Palestina , 76 anos de colonización Israelí; o homenaxe a Amada  García no cemitereio  de Serantese e as persoas que  estan na fosa común para pasar a falar  da  celebración do  día da  no- violencia  na escola e a cultura da Paz,   contando actividades  que se fixeron en algún colexio da  zona , pasandonos a receita  da Paz.

Audios:  Collage fotográfico e poema de Jose  Torregrosa na homenaxe a Amada García , recitado por Fernando Ocampo (2016) ; Sobrevivió a Auschwitz y es madre de un desaparecido los recuerdos del horror de Sara Rus;  Día da PAZ orixe e obxectivo na escola; La Cultura de Paz y Transformación de Conflictos;  Colibrí Zurdo Cortometraje  Cultura de Paz; La historia del símbolo de la Paz - Bully Magnets - Historia DocumentalFucas que participan:   Chelo Carballal Balsa,    Ana Belén López Verez.   Eva Tizón Bouza.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  (Nicola Piova) ; Las Cinco Vocales de la PAZ   (Matinay los emoticonos );  Presentación (Comparsa infantil, Las maleducadas ). 


Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails