Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

01 dezembro, 2018

A Xanela das Fucas Nº 13


                                                                    

                                                                                    
                                                                        



Programa  nº 13.-  (29-11-2018)

A Xanela das Fucas,   despois de recordar os actos do 25 de  Novembro,  convida a  Eugenia Sanmartín. 
Foi unha conversación ao redor dos micros……unha conversación de mulleres. Eugenia fálonos das súas idas e vindas,  como ao volver foi acollida pola TERRA , dese sentimento ATLANTICO……da súa conexión con Brasil, das músicas de Brasil oídas nun casset regalado…….os seus estudos de arte dramática , os seus estudos de guitarra, de percusión ……de mestres que xa se foron……cuxo recordo fai que aparezan algunha lagrima que surca nunha pel cuxas liñas enmarcan un rostro moi atractivo cheo de experiencias que estas desenado que che digan……as súas historias…..
O seu proxecto de teatro amador…. O seu proxecto con persoas con capacidades diferentes, do seu proxecto “ Roslia na beira do mar”, no Seixo ……..e a conexión deste lugar con Rosalia…….
 Conéctanos o seu entusiasmo con todo o que fai ……imposible non subirse ao proxecto que ela che presenta……
 Grazas…por  como eres … temos que volver a encontarnos na radio.....e na vida. 

Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Monserrat Cendán Veréz,    Laura  Couto  Vilches, Sonia Fernadez Bellas,  Ana Belén López Verez,   Eva Tizón  Bouza

Convidada:    Eugenia   Sanmartin  

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova),  Estrela do navegante (Eugenia  Sanmartin),   Refacendo ( Eugenia Sanmartin) Upa neguinho   Corcovado  ( Eugenia  Sanmartin)



Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails