Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Documental. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Documental. Mostrar todas as postagens

10 março, 2017

"Cuarta Mostra de Documentais en Galego" do Ateneo Ferrolán

Cunha PROMO da "Cuarta Mostra de Documentais en Galego" do Ateneo Ferrolán.


Unha vez máis, o ATENEO FERROLÁN na súa aposta polo audiovisual organiza a IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO. Mostra que naceu no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego.

Neste ano os documentais seleccionados son os seguintes:
  1. 15 anos da Fundaçom Artábria. O documentário. [37']
    Gravado no ano 2014 e editado no 2016. Este documental é un proxecto colectivo e amósanos a historia da Fundaçom Artábria durante os seus primeiros quince anos de vida.

  2. O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao. [28']
    Gravado no ano 2016 e dirixido por David Vázquez. O documental lévanos ao Entroido Ribeirao, unha festa ancestral que se celebra na parroquia de Santiago de Arriba en Chantada (Lugo). O documental trata da súa resistencia no tempo, xa que primeiro tivo que loitar contra a opresión da ditadura e a igrexa e na actualidade contra o despoboamento que sofre o rural no interior de Galicia. Antes celebrábase en moitas parroquias das ribeiras chantadinas pero na actualidade só resiste no Moredo.

  3. Rádio Filispim. 10 anos de rádio libre e comunitaria. [34']
    Gravado no ano 2016 baixo a dirección de Óscar Quant e coa colaboración de Xende López na producción e de Juanpa Ameneiros na gravación e na edición. O documental recolle os dez primeiros anos de historia da Rádio Filispim, a Radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite no 93.9 da FM.
Esta IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO DO ATENEO FERROLÁN decorrerá o vindeiro xoves 23 de marzo de 2017 ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán e a entrada será de balde.


14 novembro, 2016

disquetoca nº 16 (11.IX.2016)


    Foto: Os convidad@s durante a emisión do programa.

Nun día tan especial coma o deste pasado venres 11 de novembro contamos na Disquetoca coa mellor das compañas.

Ao noso estudio achegáronse Xende López e Juanpa Ameneiros, artistas do audiovisual que viñeron a contarnos cómo foi o proceso de realización do documental "10 anos de Rádio livre e comunitária" que fixeron, xunto con Óscar Quant, para Radio FilispiM. 

Tamén puidemos saber mais do seu proxecto "Paisaxes Musicais" adicado a grabar videoclips de grupos da nosa comarca dun xeito moi especial.


Mais non estivemos sós! Compartimos micros con mais xente amiga da Disquetoca como foron Esperanza Vázquez (compañeira da Filispim), Óscar CGTH, Car (Klute) e David (Casa do Fol). 

Con todos eles montamos unha boa festa e logo marchamos á estrea do tan esperado documental!! Se aínda non escoitaches o programa, dálle ao play!! ;)


Apresentado por Tania Kasmasan e Ana Lucecú

Na 93.9 FM, Radio FilispiM








    Foto: Os autores do documental "10 anos de Rádio livre e comunitária" Óscar Quant, Juanpa Ameneiros e Xende López, na estrea do filme no Ateneo.

26 outubro, 2016

Estrea do Documentário "10 anos de Rádio Livre e Comunitária"



A estrea do documental sobre os 10 anos da Rádio Livre e Comunitária da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, que se estreará o Venres 11 de Novembro de 2016 às 20:30h. no Ateneo Ferrolán.

Queremos agradecer ao equipo que desinteresadamente, con agarimo e profesionalidade crearon este documental: Juanpa Ameneiros, Xende Lôpes e Óscar Quant. Un traballo fantástico! ao Ateneo Ferrolán por acollernos dende o principio e á A.C. Fuco Buxán por facilitarnos o noso local, a ese feixe de músicos, artistas e persoas en xeral que colaboraron xenerosamente connosco e nos prestaron axuda cando a necesitamos, a quen colabora dalgún xeito coa radio: facendo programas, escoitando, divulgando, como socias ou socios colaboradores, mercando material, rifas, CDs, camisolas, chapas, asistindo ás nosas sesións vermú, ós ciclos de cinema ou o festival Conspirando por umha Rádio Livre, a quen participa nas exposicións e nos FilispiM Vai!, a quen da sentido a este proxecto servíndose del para difundiren as súas actividades e reivindicacións ou escoitándo ao outro lado do aparato.

Grazas a quen puxo parte do seu tempo e adicación dentro do Colectivo OPAÍÍ.

Ao voso servizo estamos.
Related Posts with Thumbnails