Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

10 março, 2017

"Cuarta Mostra de Documentais en Galego" do Ateneo Ferrolán

Cunha PROMO da "Cuarta Mostra de Documentais en Galego" do Ateneo Ferrolán.


Unha vez máis, o ATENEO FERROLÁN na súa aposta polo audiovisual organiza a IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO. Mostra que naceu no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego.

Neste ano os documentais seleccionados son os seguintes:
  1. 15 anos da Fundaçom Artábria. O documentário. [37']
    Gravado no ano 2014 e editado no 2016. Este documental é un proxecto colectivo e amósanos a historia da Fundaçom Artábria durante os seus primeiros quince anos de vida.

  2. O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao. [28']
    Gravado no ano 2016 e dirixido por David Vázquez. O documental lévanos ao Entroido Ribeirao, unha festa ancestral que se celebra na parroquia de Santiago de Arriba en Chantada (Lugo). O documental trata da súa resistencia no tempo, xa que primeiro tivo que loitar contra a opresión da ditadura e a igrexa e na actualidade contra o despoboamento que sofre o rural no interior de Galicia. Antes celebrábase en moitas parroquias das ribeiras chantadinas pero na actualidade só resiste no Moredo.

  3. Rádio Filispim. 10 anos de rádio libre e comunitaria. [34']
    Gravado no ano 2016 baixo a dirección de Óscar Quant e coa colaboración de Xende López na producción e de Juanpa Ameneiros na gravación e na edición. O documental recolle os dez primeiros anos de historia da Rádio Filispim, a Radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite no 93.9 da FM.
Esta IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO DO ATENEO FERROLÁN decorrerá o vindeiro xoves 23 de marzo de 2017 ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán e a entrada será de balde.


Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails