Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador activismo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador activismo. Mostrar todas as postagens

27 dezembro, 2019






  A Xanela das Fucas  nº 32  ( 26-12-2019)
 A Xanela  das Fucas,  aborda,  con motivo da presentación do documental Amar en Liberdade en Ferrol,  o poliamor e as relacións non monógamas, un concepto que colleu forza nos último anos, pero que segue sendo en certos aspectos bastante tabú.

Os 'millennials' e os académicos cuestionan cada vez máis o mito do amor romántico e exclusivo. ¿Vai a monogamia camiño de converterse en algo anticuado?..

Persoas expertas e profesionais da materia explícannos como se xestionan este tipo de relacións e que ferramentas son útiles para tratar temas como os ciumes, o tempo, o sexo, entre outros. A través dos seus testemuños, iremos coñecendo máis a fondo o mito do amor romántico, a monogamia e o papel da muller na mesma
.
 Conversamos con  Xudit Casas, a autora,    unha  muller  polifacética  licenciada en  Comunicación  Audiovisual e Periodismo que se define como moi tímida, con unha voz  que  te acaricia e  non queres   que  deixe de facelo……..
Convidada:   Xudit Casas
Fucas que participan:  Eva   Tizón    Bouza.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;   ¿Que terá o LK? (Sacha na horta); Busco amante galego falante (Sacha na horta); Mareas Vivas ( Mercedes Peón); Tua nai é meiga (Uxía).

22 fevereiro, 2019


Programa  nº 20.-  (21-2-2019)
A Xanela dás Fucas convida a un grupo de mulleres, as xa chamadas “mozas do calendario”, un grupo de mulleres, afectadas de cancro de mama, que antes de nadal decidiron fotografiarse dunha forma especial, para realizar un calendario e así conseguir fondos para o proxecto de Oncomet da biopsia líquida. E lográrono …. recadaron 9000 euros,  sentense moi orgullosas e á vez agradecidas da solidariedade da cidadanía.
Agora a súa loita diríxena ao linfedema, unha acumulación anormal de líquido no tecido brando debido a unha obstrución no sistema linfático. O sistema linfático axuda a combater infeccións e outras enfermidades transportando a linfa a través do corpo. A linfa é un líquido incoloro que contén glóbulos brancos. Trasládase a través do corpo utilizando unha rede de tubos delgados chamados vasos. Pequenas glándulas denominadas ganglios linfáticos filtran as bacterias e outras substancias prexudiciais  deste líquido. Con todo, cando os ganglios linfáticos extírpanse ou se danan, o líquido linfático acumúlase nos tecidos circundantes e fai que se inchen. Con maior frecuencia, o linfedema afecta os brazos e as pernas. É máis frecuente nas persoas que recibiron tratamento para o cancro de mama ou cancros que afectan as vías urinarias, a vejiga, os riles, a próstata, os testículos ou o pene.
Tamén decidiu acompañalas a Dra. Laura de Paz, xefa de servizo de Oncoloxía do CHUF. Ela aclara varios conceptos e dá recomendacións respecto diso. Cóntanos que en está Área Sanitaria,  no  ultimo ano,   atendéronse 900 casos novos e desenvolvéronse 15.000 consultas.
Outra participante Angeles , veu a contarnos o proxecto que se levará a cabo o día 3 de marzo, no pavillón municipal de Neda, un festival benéfico, a favor da investigación no cancro infantil.
Falamos de medos, de proxectos, de quen é mais valente para afrontar as dificultades…do pequeno caos que se crea nos domicilios cando se enferma unha das mulleres que os habitan…..e tamén da loita que inician para conseguir que as limitacións de tempo e profesionais que existen para tratar eficazmente o linfedema poida ser impulsado por unha asociación especifica deste tema como xa existe en notros lugares de Galicia.
   Seguro   que  o conseguirán……..
 Convidadas:   Como  participantes  no calendario:  Aurora   Beceiro ,     Dra. Laura de Paz,      José Otero Moreiras,     del Mar  Santiago  Pérez,   Amelia Seijas  Díaz,    Angeles   
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,  Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez,   
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ; La llave  (Pablo Alboran); I Will  Survive  (  Fundación Juegoterapia); Resistiré  (Alaska y el  Dúo Dinámico) 

16 dezembro, 2018

A Xanela das Fucas Nº 14







Programa  nº 14  (13-12-2018)

A Xanela dás Fucas convida a un grupo de mulleres de Vigo que iniciaron un proxecto onde recollen historias de mulleres de distintos lugares do mundo.

 Partiron das redes sociais, como os distintos hashtags que proliferaron nos últimos anos. Lémbrase como este medio, nos últimos meses, foi un dos motores do feminismo. #Me Too, #As Feministas Queremos e # Cóntao serviron para dar voz e empoderar de forma colectiva a moitas mulleres.

Como sinala Cristina Fallases: "É moi importante deixar claro que son mecanismos de comunicación conxuntos que nos roubaron. Recoñécesche na outra persoa e maniféstasche conxuntamente. De aí a utilidade destas etiquetas. A conciencia de clase existe ata que a borras. A conciencia de xénero directamente non existía".
 Sonia e Verónica parten dun grupo Mulleres femininas valerosas e solidarias, de distintos lugares do mundo que iniciaron unha recollida de historias de mulleres que neste momento están a lle dar forma nun libro que se chamará Mirada de Muller .

Cóntanos como iniciaron o proxecto e a boa resposta que está a ter, teñen mais de 150 historias
 e xa lle piden que fagan un segundo libro.   Son   mulleres optimistas  e con a derminación de  
 que a palabra de    distintas  mulleres queden plasmadas  nun libro que se distribúe en todo o mundo. 

Compartimos o audio que relata a experiencia de “O que calamos as mulleres” proxecto que chega desde o outro lado do Atlantico. Recolle diferentes relatos por medio audiovisual  que anualmente se renovan.

Tamén nos facemos eco do primeiro informe que Unicef realiza exclusivamente sobre a infancia en Galicia.  Nun ano 283 menores galegos, dos que a maioría, 193, son nenas, foron vítimas de violencia no ámbito familiar. Trátase de violencia de todo tipo, non só física, pero as autoras do informe lamentan que no sector sanitario e educativo haxa un descoñecemento dos protocolos e follas de notificacións de sospeitas de malos tratos, o que permitiría facilitar o labor de prevención.


Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Monserrat Cendán Veréz,    Laura  Couto  Vilches, Sonia Fernadez Bellas,  Ana Belén López Verez,   Eva Tizón  Bouza
Convidadas:   Sonia   Castiñeira   Ramirez   e  Veronica  Taboada Iglesias
Audio: Lo  que callamos las mujeres.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova) ;   Supermujer(videclip oficial)   ( Georgina ) ; Llegaremos a tiempo (videoclip oficial)
(Rosana ).   

02 dezembro, 2018

A Xanela das Fucas Nº 1


 A xanela das Fucas   Programa Nº1.- ( 13-7-2017)

A Xanela das  Fucas  ( Area da Muller da  asociación  FUCO BUXAN) escomenza  a  sua andaina. 
Este espazo pretende ser un oasis de información sobre a contorna da muller, libre de toda contaminación interesada. Unha información libre do sesgo de xenero que acompaña moitas das noticias tal e como foron entendidas durante demasiado tempo . Libre das presións interesadas dos distintos lobbis da comunicación.
As  “xanelas” sirven para airear, iluminar,  permiten a comunicación  do interior co exterior, pero tamén sirven para otear de fora para dentro.
Neste primeiro programa dende a xanela votamos unha ollada o que pasou  nos últimos días:  O  World Pride Madrid 2017,  o seu orixen, a situación en outros paises o significado  da bandeira LGTBI.  Comentase   a creación  da unidade  de apoyo a transexualidad  de menores en Santiago de Compostela,  e tamen a   Ley Trans do Parlamento Valenciano  e o  avance que supon neste ámbito.  
Reseña das películas  dirixidas por mulleres que   se poden ver esos días en Ferrol: París puede esperar (Eleanor Coppola); Maudie, el color de la vida (Aisling Walsh); Wonder Woman  ( Patricia Jenkins).
Fucas que participan: Susana Alaníz Gonzalez, Chelo Carballal Balsa, Ana Belen López Verez, Teresa Vilariño Lorenzo, Lucia   Vizoso  Amado.
Acompañan: Mari Luz Fdez Galan, Pilar García Gomez, Carmela Serantes Díaz.
Como Padriño  Vicente Irisarri  Castro.
Se estrena a   sintonía do programa La vida es bella (La Vita E Bella) de Nicola Piovani,  tamen se escoita:    Over the rainbow ( Judy  Garland) ; Sobre el arcoíris (Paloma San Basilio);  Milonga de aquí  ( SES);  Traviata, o  Brindis  no Teatro San Carlos de Lisboa (1958)   (Alfredo Kraus e Maria Callas).

A Xanela das Fucas Nº 2



A xanela das Fucas   Programa nº2.-  ( 27-7-2017)
  ( Area da Muller da  asociación  FUCO BUXAN).
As Fucas  acuden  a cita no segundo programa  moi cargadas de información relativa as mulleres.  Durante estos días  a nivel estatal presentase  o  “Pacto de Estado  contra a violencia de xenero”.  Son 200  medidas  dotadas  con 1.000 millons de euros.  Coméntanse  os puntos mais relevantes  e a necesidade da súa aplicación.   Non podemos   estar axenas  a chamada de solidaridade  con Juana Rivas  que  segue en paradero descoñecido tras abandonar xunto aos seus fillos, de 11 e 3 anos, o seu domicilio de Maracena (Granada) horas antes de que se cumprise o prazo que a xustiza deulle para que entregase os nenos ao pai, o cidadán italiano Francesco Arcuri, condenado no ano 2009 por maltrato.
Tamen nos facemos eco   das medidas contra a violencia machista nas festas de San Fermín e  en diversos festivales de música.  
 Reseña das películas:    Duas dirixidas por  mulleres Su mejor historia ( Lone Scherfig),  Una noche fuera de control (Lucia Aniello)  e Dunkerque ( Christopher Nolan), Estados unidos del amor Tomasz Wasilewski

Fucas que participan:   Ines Bouza López,  Chelo Carballal Balsa, Ana Belen López Verez, Teresa Vilariño Lorenzo, 
Acompañan: Pilar García Gomez, Carmela Serantes Díaz.
Como Padriño  Vicente Irisarri  Castro.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa La vida es bella (La Vita E Bella) de Nicola Piova, Respect (Aretha Franklin)  e   Non son fada nin princesa   ( SES).


01 dezembro, 2018

A Xanela das FUcas Nº 7




Programa  nº 7.-  (24-8-2018).
 A Xanela das   Fucas regresa despois de un  parón para  realizar un programa especial.  O coordinara Ana Belén López Verez ,  formando parte dun traballo de fin de  grao  en Relacions  laborales e  recursos humanos.
 Participan   varias compañeiras de radio   Filispim para   compartir a sua experiencia  no mundo da radio. 
 Se recorda a mulleres   que foron significativas  neste medio  Xohana   Torres  e Begoña  Caamaño.   
 Se escoita   un fragmento da presentación da novela Morgana en Esmelle  de Begoña Caamaño.  Tamen   leese a  carta   que Begoña    escribirálle  a Uxia  e  ésta leeu  no acto  do homenaxe no seu enterro.
Tamen se  reseñan posdcasts   significativos  no ámbito  feminista.
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Monserat  Cendan Verez ,   Laura  Couto  Vilches, Ana Belén López Verez,    Paula  Meizoso Alonso,    Esperanza     Vazquez Dopico   
A música que escoitamos:  A sintonía do programa La vida es bella (La Vita E Bella) de Nicola Piova ; Respect   (Aretha Fraklin, 1967); Alala das Mariñas  (  Uxia ,  meu Canto , 2011).
Audios:   Presentación de  Morgana en   Esmelle  de Begoña Caamaño.

Related Posts with Thumbnails