A Xanela dás Fucas convida a un grupo de mulleres, as xa chamadas “mozas
do calendario”, un grupo de mulleres, afectadas de cancro de mama, que antes de
nadal decidiron fotografiarse dunha forma especial, para realizar un calendario
e así conseguir fondos para o proxecto de Oncomet da biopsia líquida. E lográrono
…. recadaron 9000 euros, sentense moi
orgullosas e á vez agradecidas da solidariedade da cidadanía.
Agora a súa loita diríxena ao linfedema, unha acumulación anormal de
líquido no tecido brando debido a unha obstrución no sistema linfático. O
sistema linfático axuda a combater infeccións e outras enfermidades
transportando a linfa a través do corpo. A linfa é un líquido incoloro que
contén glóbulos brancos. Trasládase a través do corpo utilizando unha rede de
tubos delgados chamados vasos. Pequenas glándulas denominadas ganglios
linfáticos filtran as bacterias e outras substancias prexudiciais deste líquido. Con todo, cando os ganglios
linfáticos extírpanse ou se danan, o líquido linfático acumúlase nos tecidos
circundantes e fai que se inchen. Con maior frecuencia, o linfedema afecta os
brazos e as pernas. É máis frecuente nas persoas que recibiron tratamento para
o cancro de mama ou cancros que afectan as vías urinarias, a vejiga, os riles,
a próstata, os testículos ou o pene.
Tamén decidiu acompañalas a Dra. Laura de Paz, xefa de servizo de
Oncoloxía do CHUF. Ela aclara varios conceptos e dá recomendacións respecto
diso. Cóntanos que en está Área Sanitaria,
no ultimo ano, atendéronse 900 casos novos e desenvolvéronse
15.000 consultas.
Outra participante Angeles , veu a contarnos o proxecto que se levará a
cabo o día 3 de marzo, no pavillón municipal de Neda, un festival benéfico, a
favor da investigación no cancro infantil.
Falamos de medos, de proxectos, de quen é mais valente para afrontar as dificultades…do
pequeno caos que se crea nos domicilios cando se enferma unha das mulleres que
os habitan…..e tamén da loita que inician para conseguir que as limitacións de
tempo e profesionais que existen para tratar eficazmente o linfedema poida ser
impulsado por unha asociación especifica deste tema como xa existe en notros
lugares de Galicia.
Seguro que o
conseguirán……..
Convidadas: Como participantes
no calendario: Aurora Beceiro
, Dra. Laura de Paz, Mª
José Otero Moreiras, Mª del Mar
Santiago Pérez, Amelia
Seijas Díaz, Angeles
Fucas
que participan: Chelo Carballal Balsa, Sonia Fernández Bellas, Ana Belén López Verez,
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita
E Bella, (Nicola Piova) ; La llave (Pablo Alboran); I Will
Survive ( Fundación Juegoterapia); Resistiré (Alaska y el Dúo Dinámico)
Nenhum comentário:
Postar um comentário