Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

27 dezembro, 2019






  A Xanela das Fucas  nº 32  ( 26-12-2019)
 A Xanela  das Fucas,  aborda,  con motivo da presentación do documental Amar en Liberdade en Ferrol,  o poliamor e as relacións non monógamas, un concepto que colleu forza nos último anos, pero que segue sendo en certos aspectos bastante tabú.

Os 'millennials' e os académicos cuestionan cada vez máis o mito do amor romántico e exclusivo. ¿Vai a monogamia camiño de converterse en algo anticuado?..

Persoas expertas e profesionais da materia explícannos como se xestionan este tipo de relacións e que ferramentas son útiles para tratar temas como os ciumes, o tempo, o sexo, entre outros. A través dos seus testemuños, iremos coñecendo máis a fondo o mito do amor romántico, a monogamia e o papel da muller na mesma
.
 Conversamos con  Xudit Casas, a autora,    unha  muller  polifacética  licenciada en  Comunicación  Audiovisual e Periodismo que se define como moi tímida, con unha voz  que  te acaricia e  non queres   que  deixe de facelo……..
Convidada:   Xudit Casas
Fucas que participan:  Eva   Tizón    Bouza.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;   ¿Que terá o LK? (Sacha na horta); Busco amante galego falante (Sacha na horta); Mareas Vivas ( Mercedes Peón); Tua nai é meiga (Uxía).

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails