Neste podcast analízanse cuestións como o marketing territorial, a marca cidade, o papel do deporte na cohesión social, o sobreturismo, a influencia das redes sociais na percepción das cidades e a importancia de construír espazos urbanos máis sostibles, inclusivos e humanos.
O episodio conta coa participación de Joaquín Enríquez, presentador de Sábados no Cruceiro e profesor universitario, acompañado polos profesores Javier Orosa González e Begoña Álvarez García, así como pola investigadora e doutoranda Andrea Bello Barbeito.
Ao longo da conversa reflexionan sobre como as cidades non son só infraestruturas ou espazos físicos, senón tamén identidade, emocións, comunidade e oportunidades de futuro para as novas xeracións.

Nenhum comentário:
Postar um comentário