Pesquisar neste blog

31 janeiro, 2026

Sábados no Cruceiro - Programa 41 - Lucía Pérez estrea novo tema "Porque No"

 

Conversamos con Lucía Pérez sobre o seu último sinxelo, “Porque No”. Trátase, en palabras da propia artista eurovisiva, dun “himno de reafirmación persoal”, así como da “promesa de futuro dunha muller que segue adiante sendo ela mesma, sen filtros nin medos”.

A nova canción da artista do Incio combina toques electrónicos e mariachis, unha fusión chea de enerxía que tamén se reflicte nun videoclip de gran formato.


Con Lucía falamos deste novo tema, dos seus comezos, así como dos proxectos que están por chegar.

Contamos tamén coa presenza de Marcos Mella, artista ferrolán co que Lucía ten realizado diversas colaboracións, entre elas o tema “Verdugos da miña alma”.

Programa emitido en Radio FilispiM, CuacFM, Radio Fene e Radiofusión

Nenhum comentário:

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]