Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador 10 de marzo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador 10 de marzo. Mostrar todas as postagens

06 março, 2025

Boletín informativo semanal Rádio FilispiM (6/03/2025)

 

 Sumario, semana do 6 de marzo de 2025.

  • 8 de Marzo, Día da Muller e da Loita Feminista, nun 2025 no que a organización Marcha Mundial das Mulleres cumpre 25 anos, na Galiza e no mundo. Recuperamos do arquivo sonoro de Rádio FilispiM unha conversa con Noelia (MMM Ferrolterra) en outubro de 2008, co gallo do primeiro encontro na Europa, que se levou a cabo en Vigo.

    Entroido en Ferrolterra. Revolta en Trasancos! A nosa compañeira Lupe Ces estivo no festival de comparsas do pasado luns en Ferrol realizando unha sonora reportaxe.

    C.S. Artábria, actividades para esta fin de semana:

    - Sexta feira 7 de marzo. Exposición fotográfica “A Musica Galega ten nome de Muller” (Mario Martinho).

    - Sábado 8 de Marzo, Día da Muller. Manifestación ás 20:00 pm, Praza Amada García. Convoca: Marcha Mundial das Mulleres. Ás 22:00 pm, concerto.

    - Domigo 9 de marzo. Sesión Vermú co grupo folc Mediarea. Despois, foliada.

    Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán. Actos polo 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega:

    - Luns 10 de marzo, 19:00 pm, no Ateneo Ferrolán, recital poético “Poemas como disparos de luz contra o esquecemento”.

    - Xoves 13 de marzo, no CC Torrente Ballester. Mesa redonda: “Ferrol e os seus lugares de Memoria. O Monumento ao 10 de Marzo”.

    Atrasar a idade de xubilación, crime de Estado. Reflexión amplificada por Comochoconto (Rádio Raposeira).

    Concentración anti-OTAN. Domingo 16 de Marzo ás 13:00 pm, diante da porta do Arsenal (Ferrol).

    Fermín Muguruza celebra o 15 de marzo ás 21:00 pm, un akelarre antifeixista en Compostela (Multiusos do Sar). Escoitaremos unha mensaxe de Muguruza para as ouvintes da FilispiM.

    Despedimos co ambientazo do Entroido ferrolán e a comparsa “Revolta de Trasancos”.

    Redación Infomativos de Rádio FilispiM.-

    Conduce: p.m.


16 abril, 2015

O Recuncho nº 214


Mércores, 25 de marzo de 2015, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada, e mércores alternativos de 19 a 20 hs. “O Recuncho” nº 214 , programa quincenal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Tema central: O 10 de Marzo de 1972. Coloquio de José Torregrosa, Victor Novás e Miguel Castro, e reproducción de fragmentos do radioteatro “Crónicas Republicanas”.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “Andrés Serantes: Lección de vida”.
Na “Sección Poética” : “Días Negros” de Ramiro Fonte.
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás : “Informes de los sucesos del 10 de marzo” de Rosa Cal.
Novas e comunicados,
Música: Barrikada
Na equipa técnica: Miguel Castro
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

 

Related Posts with Thumbnails
Envia umha mensagem de voz!