Faleceu Francisco González Vidal “Paco Balón”, cofundador do PCG e das CC.OO. Miguel Castro, entrevista a José Torregrosa, compañeiro na década dos 70 de Paco Balón e protagonista xunto a el dos sucesos de Marzo do 72 en Ferrol. No 2011 publicaba as súas memorias baixo o título, "Paco Balón: Memorias de un Comunista Ferrolano" (Edicións do Castro). Escoitamos a José Torregrosa que, entre outras cuestións, reflexiona: "Ao final vai resultar que os comunistas non tiñan cornos nen rabo. Tratábase duns individuos empecinados en medio dunha dictadura que os tiña pisoteado, xente de ben capaces de organizarse e facer fronte a unha dictadura e cara a liberdade, aínda a costa de pór en perigo a súa seguridade e a das súas familias...".
Redacción Informativos Rádio FilispiM.
Nenhum comentário:
Postar um comentário