Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

19 março, 2015

A Igrexa e a policía española seguen a ocultar información sobre Marzo do 72

Tempo de información local na Rádio FilispiM.
A Igrexa e a policía seguen a ocultar información sobre Marzo do 72.
Testemuño 1

Testemuño 2

Testemuño 3


Este mes de marzo de 2015 cumpríronse 43 anos dos terríbeis sucesos de marzo do 72 na comarca de Ferrol.

Coincidindo con esta data, apresentouse no Ateneo Ferrolán o volume “Informes diversos de los sucesos de Ferrol. 10 de marzo de 1972” (publicado por Liber Factory) , escrito pola profesora da Universidade Complutenese de Madrid, Rosa Cal, quen ofereceu novos datos sobre aquel marzo do 72 en Ferrol, que rematou co asasinato, por parte da policía, dos traballadores dos astelerios, Amador e Daniel, cuxas figuran ficaron inmortalizadas na escultura ao carón do IES Ferrolterra, a altura das Pías.

Según a autora do novo estudio, Rosa Cal, os feitos seguen tendo dúas visións ben diferentes: a dos que están a favor e en contra dos obreiros. No segundo caso estaría a policía, e no primeiro, todos os demais. No caso da Policía Armada o informe da época é unha vergoña: non fala nin dos obreiros mortos nin dos feridos. Tristemente, 43 anos despois os documentos, que consta existen nos arquivos da Policia, seguén a estar vetados aos investigadores... 43 anos despois dos sucesos.

Asi, Rosa Cal, na súa investigación para a redacción deste novo volume “Informes diversos de los sucesos de Ferrol. 10 de marzo de 1972”, afirma que no arquivo do Reino de Galicia da Coruña, ou o do Arquivo Militar do Noroeste en Ferrol, tiveron unha excelente disposición a hora de facilitarlle acceso a documentación da época; mais, canto aos arquivos policiais, aseguraronlle á autora que “non tiñan nada”, polo que non puido acceder as dúas caixas que si consta existen nos arquivos policiais sobre os sucesos.

Canto ao arquivos da Igrexa, ao non ter arquivo histórico, a historiadora acudiu a conferencia epicopal dos Obispos. Unha vez alí, aseguráronlle que “algo sabían”, mais que non podian facilitar documento algún até transcorridos 80 anos...

A policia e a Igrexa seguen a ocutar información sobre marzo do 72; 43 anos despois dos sucesos que acabaron coa vida dos traballadores dos asteleiros ferroláns Amador e Daniel a disparos da policia, e con centros de feridos e represaliados pola autoridade fascista do momento, sendo ademáis o inicio dunha espiral de represión, e dun punto de inflexión na luita obreira a nível de todo estado, que tería como cenario Ferrol e coma protagonistas a sua clase obreira.

No programa de Rádio FilispiM, "Escarnio" adicaron un tempo a estes sucesos, recollendo algunhas das voces dos testemuños vivos daqueles dias... escoitámolos:

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol.
Fonte documental: Diario de Ferrol,, libro de Rosa Cal "Informes diversos de los sucesos de Ferrol. 10 de marzo de 1972.

Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails