Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

01 dezembro, 2018

A Xanela das Fucas Nº 10





Programa  nº 10.-  (11-10-2018)
A xanela dás Fucas  hoxe convida a duas  compoñentes  a que nos falen dos seus respectivos  Traballos  de Fin de Grao e de Fin de Master recentemente presentados .
Ana Belén López Verez:   A radio en feminino. 
Laura  Couto  Vilches:   Emprego , xénero e discapacidade.
Aproveitando a conmemoración   do 10 de Outubro como  día internacional   da Saúde Mental   e  como día  Día Mundial contra a Pena de morte 2018.
 Tamén se falou da conmemoración de 40  anos da legalización dos  anticonceptivos   en España,   feito  moi importante  para   liberdade sexual das mulleres.
Escoitamos  a canción She Works hard for the money  ( Donna Summer)   onde se relata  a dura   vida dunha camareira  dun restaurante dos Angeles,   facendo unha descrición  do traballo feminino  precario  e tamen  unha canción gravada na manifestación do 8 de marzo en Bilbao.  
Rematamos  con    Barcelona  ( Freddie Mercury + Monserrat Caballé)   para lembrar  a Monserrat    Caballé  recentemente falecida  e como  canción  que  representa a  concordancia  de culturas   unidas polo deporte.
Escoitamos audios relacionados ca conmamoracion do dia  internacional  da saúde mantal e  da  pena de morte.
  
Os  audios   que escoitamos:   Canticos  da manifestación  do 8 de marzo   en Bilbao;  Puertas que se abren; Pena   de muerte, las  ejecuciones disminuyen  pero las condenas aumentan. 
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa,   Monserat  Cendan Verez ,   Laura  Couto  Vilches,   Ana Belén López Verez,  Paula Rojas López.
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  de (Nicola Piova) ;   She Works hard for the money  ( Donna Summer); Barcelona ( Freddie Mercury + Monserrat Caballé.  


Nenhum comentário:

Related Posts with Thumbnails