Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

24 outubro, 2024

A Xanela das Fucas ( Nº 108) 24-10-24

   A  Xanela das Fucas Nº 108 ( 24-10-24). Programa  nº 108  (24-10-24)


A  importancia da comunicación no ambito da saúde.

A Xanela reunese con un grupo de profesionais da Area Sanitaria para conversar  despois de realizar un curso de comunicación con profesionais de  consultas  externas.

Convidadas:   Mª Isabel Carballeira Carballeira; Maria  Cosano Marmol; Mª Yolanda  Porta Ilanes ;  Sara  Vazquez  Rumbo.  

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,    Eva Tizon Bouza. 

Audios: Que es comunicar   ( Sara  Dobarro); Hospitales amables ( Anna Rodriguez TEDxGarcía).

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;  La vida entera (Marta  Santos);  Tú gitana  ( Luar na Lubre );  Cumbia palestina  ( Orkesta Popular  San Bomba).




.

Informativos, mércores 23 de outono de 2024

 
Informativos de Rádio FilispiM, mércores 23/10/2014

Sumario:

  • Editorial. Regresan os informativos a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite desde Ferrol. 
  • A veciñanza do barrio de Canido demanda usos culturais e sociais para o antigo edificio de suboficiais.
  • A Asociación de Memoria Histórica Democrática presenta o venres 25 de outono, no CC Torrente Ballester de Ferrol, "En la Piel de los Héroes", un libro de Xoxé Fortes Louzán.
  • Videoconferencia. Fran Valverde falará sobre xogos de rol, dentro do ciclo "Afeccións Transformadoras para Adultos", organizado pola Area Sanitaria de Ferrol e a AVV de Canido, entre outras. Venres 25 de outono ás 11:00 hrs, no CC de Canido.
  • Nace unha nova radio libre, "nómada e festeira", Rádio Raposeira. Informa Edu Comochoconto desde a Radio Kalimera, libre de Compostela.
  • Novas Dialogadas. No primeiro capítulo desta nova sección dentro dos Informativos, reflexionamos sobre dous temas de actualidade: o xenocidio en Palestina e a manipulación informativa na radio e televisión pública galega, a RTVG.
  • Dentro das actividades do 26 Aniversario da Fundaçom Artábria, concerto de Katya Teixeira. Venres 25 de outono ás 21:30 h. no local do asociación, R/ Travessa de Batalhons (Esteiro-Ferrol).
Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, notas). Comparte! 

*** Recuperaremos á nosa canle en Archive.org, calquera publicidade que apareza neste reprodutor é allea a nós ***

19 outubro, 2024

Os restos do Franquismo em Ferrol

 Palestra "Os restos do Franquismo em Ferrol" a cargo de Manuel Monge, no Centro Social Artábria no dia 18 de outubro de 2024.




Related Posts with Thumbnails