Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

12 fevereiro, 2023

A Xanela das Fucas Nº 87 ( 2-2-23)

A Xanela das Fucas convida a varias mulleres para que nos falen das suas actividades. No ano que vimos de pechar celebrouse o 50 aniversario das mobilizacións obreiras de Ferrol e Vigo en 1972, uns feitos que levan anos sendo lembrados na cidade do norte a través do Día da Clase Obreira Galega pero que na urbe do sur están aínda pendentes de ser postos en valor e recuperados a través da memoria pública. Por este motivo Lola Ferreiro adica este ano o Calendario, que xa unha referencia obligada cada ano, as mulleres que fixeron posible a folga de setembro de 1972 en Vigo. Tamen falaremos con Helga Mendez que nos falara do proxecto “Que din as Rumorosas” o cal acaba de recibir o premio a proxectos pola igualdade Luisa Villalta 2023 da diputación da Coruña. Convidadas: Lola Ferreriro Díaz; Helga Mendez Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa, Laura Couto Vilches, Ana B. López Verez; Eva Tizon Bouza. A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Carta a mi compañero (Karaxú); La lucha continua (Charo Cofré); Que din as rumorosas; Manha de carnaval. Yo vengo a ofrecer mi corazón (Eugenia Sanmartin).

A Xanela das Fucas nº 86 ( 22-12-22)

Programa nº 86- (22-12-22)
A Xanela das Fucas convida a Sica Romero como autora da novela Avelaiñas eléctricas e Vanesa Rodríguez como editora creadora de Néspera . Xuntamos no programa a un grupo de persoas deliciosas unidas por lazos familiares e por o amor a literatura. Duas mulleres, Sica e Vanesa, que se unen para crear e facernos disfrutar dun traballo moi ben feito a vez que pensar e reflexionar sobre o mundo que nos rodea. Avelaiñas eléctricas nos traslada a universos donde podemos encontrar respostas indempendientemente da edade que teñas. Esta tamen tarde foi a primeira vez que, no estudio, falabamos entre nos e alguen nos facia fotos con unha mirada especial …a mirada de unha persoa que estaba escoitando a unha muller que admira por levar a cabo un proxecto no que creían dende tempo atrás. Grazas: Sica, Vanesa, Luz …Breixo …..Begoña .. Fotos: Breixo Parcero Pérez . Convidadas: Sica Romero, Vanesa Rodríguez, Luz Guerra Fernández, Breixo Parcero Pérez e Begoña Fernández Blanco Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa, Ana Belen López Verez; Cristina Sobrino López , Eva Tizon Bouza, A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; In the Golden room (Ambivalence); Culpa y castigo (Carmen Boza);
Related Posts with Thumbnails