Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

27 dezembro, 2021

Unha tarde no Muiño129

PROGRAMA 129. Especial”Aquí estamos”. Coa participación de: Rafa Aguirrebengoa Antonio Casal Antón Cortizas Esther Estévez Chus García Rubén Labisbal Eva Loureiro Patricia Pérez Manuel Pita Esther Rivera Rafa Rodríguez Marisol Seoane Roberto Taboada Antonio Yáñez

25 dezembro, 2021

Roxín Roxal: O pazo é do pobo. Conversa con Carlos Babío e Silvia Seixas

As visitas efectuadas ao Pazo de Meirás en setembro de 2021 ergueron un grande interese nos socios e achegados de Roxín Roxal. Nesta conversa, conducida por María Gutiérrez Calvete para o noso programa en Radio Filispim 93.9 FM (Ferrol e comarca), Silvia e Carlos achegan toda a información sobre as causas e o momento actual da loita polo Pazo.

Carlos Babío é coautor do libro Meirás, un Pazo, un caudillo, un espolio. Silvia Seixas é unha das 19 de Meirás, colectivo encausado por un acto reivindicativo no mesmo Pazo. O sociólogo e xornalista padernense Daniel Seixo participa na conversa.










24 dezembro, 2021

A Xanela das Fucas nº 65

 


Programa  nº 65   (23-12-2021)

Achegámonos  a María  Pérez Miñones    autora  de óbra   Las flores del   tilo.

Os  amigos son unha bendición  sobre todo cando che coidan  e agasállanche cun poemario    asi.  Grazas   Esperanza…Grazas Fernando.

Na presentación do libro na Coruña   o historiador da cultura galega Felipe Senén  dixo  desta obra :  “Versos que abren camiños, que rompen valados…en busca dunha LUZ   intima e solidaria”.

 Comeza  relatando o que significou  na  a súa  vida   un   tilo que estaba  no   jardian da   súa casa  da infancia e que  tamén  noutra ocasión   aparecía unhas ramas  pola  xanela     dun hospital nun momento   difícil para ela.

 Emociónase     recondando a      a súa nai como culpable  do seu amor pola literatura  e de todo o que lle debe…

A súa irmá  Clara acompáñaa dando  colorido ás páxinas realizando as ilustracións dos textos.

 Fálanos  de autoras que a inspiran   Emily   Dickinsón  (1830-1886),ou Alejandra   Pizarnik (1936-1972).

Tambien    menciona a dor   de distintas   situacions vivenciais   e de como    para ela escribir é necesario para  facer    fronte á     urxencia   de vivir   e facer visibles  emocións  que   brotan por saír..  

 

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa, Eva Tizón Bouza .

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova);    El cuidado (La cura) TV Live 1997 (Franco Battiato)   ;  Je veux  (ZAZ) ;   Bolboretas de Nadal   ( Patricia   Cubeiro, Joaquin Enriquez).



.
Related Posts with Thumbnails