Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

11 abril, 2021

  

A Xanela  das  Fucas. Programa Nº 49  (8-4-2021)


 

Comenzamos   o programa presentando unha sección que realizará   Alvixe.   Acude      José   Pena  Garcia, coma  vicepresidenta que nos relata   a orixe desta asociación e cales son o seus fins.

 Tamén convidamos  a Lola   Ferreiro Díaz   para  conversar con ela   do seu  último traballo .    Coméntanos   que  en novembro   do  ano pasado   despois de ver un documental   con motivo do 20 N, fixo  unha reflexión inmediata: se os anarquistas foron ninguneados pola historia oficial (da esquerda), imaxina as anarquistas.  E como é de xustiza democrática identificar e reparar a antedita invisibilización dentro do proceso de recuperación da memoria histórica, decideú  dedicarlles (a elas) o calendario deste ano 2021.

Ao longo da pescuda que fixo na procura de nomes e datos confirmou  o que xa supoñía: moi pouco material e, en ocasións, nin sequera unha foto que nos permitira verlle a cara a algunhas delas. Tal é o caso (entre as que aparecen no calendario) de María Bello Paz, María Otero González e Alicia Dorado Viso.  Entre as (escasas) fontes das que puido tirar datos sobre elas  destaca a  obra de Carmen Blanco García, Casas anarquistas de mulleres libertarias (A resistencia anarquista das mulleres despois do levantamento fascista de 1936), publicado pola CNT en 2007. Ela foi pioneira na investigación sobre as libertarias galegas resistentes fronte ao fascismo e logrou identificar e obter algúns datos sobre 22 mulleres afiliadas á CNT, FAI e/ou Xuventudes Libertarias que xogaron un papel fundamental na resistencia habilitando casas-refuxio para acoller persoas perseguidas, as máis das veces nas súas propias vivendas, e algunhas veces con militancia non libertaria. Isto último debe ser destacado como trazo da súa xenerosidade e ausencia de sectarismo, tendo en conta que puxeron en risco a súa liberdade e mesmo a súa propia vida, perdendo ambas as dúas en moitas ocasións.

  Aportounos  tanta información,  incluso despois de   rematar o programa,  que    nos sentimos en debeda con ela  para que   todos estos datos  saian a luz. .

 

Fucas que participan en directo:   Chelo Carballal Balsa,     Sonia Fernández Bellas,  Ana Belén López Verez, Eva   Tizón    Bouza.

Convidadas: Lola  Ferreiro Díaz ,  Mª  José Pena  García.

 

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ; Rexurdimente (De Vacas) ;  Roses Blanques  ( Lluis  Llach);    Co xenio destrozado)  (Ses).9 ( 8-4-2021




09 abril, 2021

Jardim à beira mar plantado - Luís Peixoto

 O programa de hoje está dedicado a Luís Peixoto. Luís Peixoto é um dos mais consagrados cordofonistas portugueses. Depois de integrar e acompanhar inúmeros grupos e artistas como Dazkarieh, Sebastião Antunes, Júlio Pereira ou Ana Bacalhau, em 2017 lançou a solo o disco “Assimétrico”, trabalho que mais reconhecimento teve. Hoje vamos a ouvir a entrevista que tão gentilmente nos cedeu para falar sobre o seu novo trabalho discográfico em nome próprio, Geodesia, que foi editado no passado dia 5 de Março. Um trabalho com uma sonoridade acústica e centrada no bandolim.

"Jardim à beira mar plantado" é um programa de música portuguesa na Rádio Filispim conduzido por Jorge Mirancos


Lista de temas:
01- Volta a trás
02- Geodesia
03- Corridinho da chispa
04- Siga a rusga
05- Calçadas
06- Chula do salto
07- Murinheira de Coimbra
08- Resiliência
09- Going over distance




08 abril, 2021

Programa 12 de Sábados no Cruceiro

 


- 🎤Joaquín Enríquez entrevista a Ricardo González Sedes da coordinadora de rondallas de Ferrol. Falamos da Festa das Pepitas que este ano tivo que adiarse.

- 💸Falamos de Economía con Félix Puime. O sector automovilístico en España. Falamos do coche eléctrico.

- 📽️Celia Fernández achéganos as recomendacións de cine.
Falamos de Tavernier.

- 💹 Estreamos sección #PregúntanosaNós cos estudantes da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña. “A elsaticidade da demanda” por Javier Oya estudante do Mestrado en Banca e Finanzas.

- 🎵Rematamos con música. Xavier Vizcaíno "Serendipia"


Escoita xa o programa en Ivoox:


Related Posts with Thumbnails