Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

14 março, 2018

Ábrete de orellas, CCXX, 5-marzo-2018

Co fin de non faltar á nosa cita semanal, esta semana aproveito as probas do novo estudio para gravar as presentacións das cancións e engadir estas a posteriori. Agardo que non se note moito que non gravei todo ao vivo.
Repasamos concertos polo país e aproveitamos para recuperar algún clásico, presentamos discos ...



    • Voodoo "Voodoo aquí e acolá"
    • Ana Moura "Desfado"
    • Sondobar "Foliada do Cadaval"
    • The B-52's "Mesopotamia"
    • Cindy Wilson "Change"
    • Lisa Hannigan "Fall"
    • Damien Rice "I remember"
    • Fernando Barroso "Mr. E"
    • Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre "Voa o aire"
    • Ith "O mínimo que o contén todo"
    • Valentín Caamaño Trío "May Your Blues"
    • Bohem "Novacaine"
    • Black Islands "Chaqueta de entretiempo"
Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
A Kalimera Rádio Livre
Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
Radio Piratona, varios días e horarios
Radio Fedello os xoves
Radio Redondela, venres ás 23 h e sábados ás 21 h.
Radio Negreira, martes ás 14:30 h.

07 março, 2018

Aviso importante de Rádio FilispiM!!

Depois de reparar o emissor filispiniano e reiniciar as emissões na 93.9FM da Terra de Trasancos, estamos quase a ponto de começar esta nova etapa com ilusão e alguma outra surpresa. 
Agradecemos todas as informações que podas nos dar sobre como e de onde oes a Livre e Comunitário da Terra de Trasancos, e se escoitas melhor ou pior do que antes.
ESTADE ATENT@S!

06 março, 2018

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 257 20.02.2018

FINAL EN CARANZA CON EL KOKUA FESTIVAL Todo llega. Finalmente, Radio Filispim trasladará de inmediato su estudio al Centro Cívico de Canido, es este pues el último programa emitido desde el entrañable local del Mercado de Caranza, barrio ferrolano que nos acogió con cariño hace 7 años y al que lógicamente estamos muy agradecidos. El deterioro físico del edificio ha hecho imposible seguir allí. Hacemos votos por su rápida rehabilitación o sustitución por unas nuevas instalaciones, el barrio se merece eso y más. Como tema del programa y para poder hablar de música, de medio ambiente y de surf -nuestros hilos conductores- hemos elegido los festivales que celebra la fundación Kokua Hawaii desde 2004 para recaudar fondos con objeto de fomentar en las islas la educación desde la etapa escolar en todo lo relacionado con el medio ambiente, el arte y concretamente la música. Sus fundadores fueron Jack Johnson y su esposa Kim, de ahí que a lo largo de los años han pasado grandes artistas por el festival. Así, acompañando a J.J., escuchamos a Ziggy Marley, Eddie Vedder, Jackson Browne, Paula Fuga, Ben Harper, Dave Matthews, Kawika Kahiapo, G. Love, John Cruz, Willie Nelson y algunos más en sus actuaciones en diferentes años.

05 março, 2018

Ábrete de orellas, CCXIX, 26-febreiro-2018

A piques de abandonar o estudio actual de Rádio FilispiM gravo, ao vivo coma sempre, unha nova edición de Ábrete de orellas.

O concerto de Tricky é en Ferrol é do máis rechamante da semana en canto a concertos, pero temos bandas e artistas do país presentando os seus últimos traballos, como Tangata, que estrea o sábado en Redondela con invitadas.

Rematamos con novidades recentes chegadas á redacción orelluda.



    • Tangata con Uxía "El día que me quieras"
    • Eladio y los seres queridos "Ella"
    • The Lakazans "Tell Me"
    • Nastasia Zürcher "Espertos"
    • Ezetaerre "A insurrección"
    • Depedro "Déjalo ir"
    • Modelo de respuesta polar "Sábados"
    • The Baboon Show "Radio Rebelde"
    • Tricky "Same as It Ever Was"
    • Ith "Que saia de ti"
    • Bohem "Corazones solitarios"
    • Santero y los Muchachos "Homenaje"
    • Black Islands "King Kong, el último abrazo"
Na selección, comentarios e descontrol técnico, Pepe Cunha.

Contáctanos en abretedeorellas@gmail.com

Velaquí os horarios de emisión en Rádio FilispiM: luns, 20:30 h.; mércores, 15:00 h.; xoves 22:00 h.

Tamén redifundido pola Regarlic - Rede Galega de Rádios Libres e Comunitárias:
Cuac FM, mércores ás 9 da mañá
A Kalimera Rádio Livre
Radio Roncudo, martes ás 5 da tarde
radiONeria mércores ás 21h e sábado ás 9 da mañá
Radio Piratona, varios días e horarios
Radio Fedello os xoves
Radio Redondela, venres ás 23 h e sábados ás 21 h.
Radio Negreira, martes ás 14:30 h.

04 março, 2018

Programa 84 de Sons Revela2


O pasado venres, 16 de febreiro tivemos a sorte de contar no estudio con Nuk López, unha xoven bióloga, fotógrafa e aventureira da natureza que nos falou sobre o seu proxecto "O Sorriso da Lúa"






27 fevereiro, 2018

Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 256 13.02.2018




2017, FIN DE TRAYECTO

No teníamos prisa alguna en cambiar de año, en realidad no tenemos nada de prisa en que el tiempo pase, pero finalizando febrero hemos de asumir que esto no hay quien lo pare. Así que le dijimos a Fran y a Jesús que haríamos otro programa de repaso del pasado año y que sería el último. Se esmeraron, claro, bueno… como siempre! Se presentaron en el estudio con muchos temas y hubo que elegir. Nos dio tiempo a escuchar a Big Thief, Beck, Courtney Barnett & Kurt Vile, The Horrors, Protomartyr, JD McPherson, Marika Hackman, Captains, LCD Soundsystem, Fleet Foxes, Grizzly Bear, Charlotte Gainsbourg, Ride y Alt-J.

25 fevereiro, 2018

UNHA TARDE NO MUÍÑO
Programa nº11. Luns 19 febreiro 2018. 

Sintonía do programa e presentación dos convidados. Roberto Taboada, Rafa Aguirrebengoa, Esteban Vázquez, Antonio Casal, Rubén Labisbal, Manuel Pita.
Roberto Taboada na sección Noticias do Barrio Alto-Canido informa de mellorías e carencias do Centro Cívico de Canido e da programación quincenal da Asociación Veciñal.

Rafa Aguirrebengoa na sección Outra información é posible, analizou tres noticias. A folga dos funcionarios de Xustiza, a folga de Mulleres do 8 de marzo, e novidades arredor do Sistema Público de Pensións.
Estebán Vázquez tramitou a súa declaración de Vivo, Penso e Declaro.
Antonio Casal, Rubén Labisbal e Manuel Pita, compoñentes da Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, presentaron o seu debate co título A historia que arrastramos.
Análise do momento histórico que estamos a vivir e procura das causas que poidan explicar este momento histórico actual: caída da URRS, retroceso da Socialdemocracia, globalización, retroceso do Estado de benestar, neoliberalismo...

Despedida escoitando La Lege.


22 fevereiro, 2018

Rádio FilispiM muda a súa ubicación e suspende temporalmente as emisións ao vivo

Hoxe 22 de febreiro de 2018 chega un momento moi agardado por nós e os colectivos e persoas afíns: o traslado do estudio de Rádio FilispiM. Non é a nosa primeira mudanza, pois as reformas do edificio do Ateneo Ferrolán, a nosa primeira casa desde o verán de 2005, obrigáronnos daquela a procurar unha nova ubicación. A Asociación Cultural Fuco Buxán, partícipe na nosa grella de programas, cedeunos o local que abandonaban na traseira do mercado de Caranza e así este barrio foi a nosa segunda casa desde setembro de 2010.
 Por cuestións de seguridade, de comodidade e técnicas, deveciamos por abandonar un local no que desde hai tempo resistiamos en condicións penosas e mesmo perigosas. Nos últimos anos procuramos algún local acorde coas nosas necesidades para revitalizalo e por fin, grazas á Asociación de Veciños de Canido e a Muíño do Vento, comezamos ver a luz. Tanto nós como as dúas asociacións coincidiamos na opción de levar Rádio Filispim ao Centro Cívico de Canido, un edificio moderno, ben ubicado e infrautilizado. Esta mudanza contribuiría á dinamización das asociacións, do Centro Cívico de Canido, deste barrio e da cidade. Finalmente, as conversas entre os tres colectivos e o Concello de Ferrol, o estudo de orzamentos e unha posterior aprobación de gastos pola nosa asemblea concretáronse no comezo desta nova etapa.


Marchamos con ilusión e optimismo a outro barrio senlleiro da cidade. Confiamos nun cambio beneficioso para nós e para a comunidade. Gozaremos dunha mellor cobertura do noso sinal. Teremos unhas condicións dignas e atractivas para a participación de todas as persoas que entenden este proxecto comunitario. Creceremos coma o que desde sempre quixemos ser: un servizo útil e próximo para voces que teñen presenza nula, escasa ou terxiversada nos medios públicos, privados e comerciais.
Só podemos terminar por insistir no noso agradecemento ás entidades mencionadas e berrar un “Opa, Canido!”, “Opaí, Radio FilispiM!
O Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM
Related Posts with Thumbnails