Pesquisar neste blog

Mostrando postagens classificadas por relevância para a consulta metendo baza. Ordenar por data Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens classificadas por relevância para a consulta metendo baza. Ordenar por data Mostrar todas as postagens

12 novembro, 2025

Metendo Baza Nº 3

Metendo Baza Nº 3 

Neste terceiro programa de Metendo Baza, participamos Sara Naveiras, Manolo López, Sara Bustabad, Carmen Brage, Merce Alonso e Teresa Vázquez. 

Continuamos có percorrido da nosa asociación, coa inauguración do local actual no ano 2010 e entrevista a Vicente Irisarri, como alcalde naqueles anos, e as xornadas de sensibilización Trazando o seu futuro; ao tempo que esbozamos os apartados que haberá nos sucesivos programas: actualidade teimuda, comunicacións e transporte, axenda culturla e musical da comarca e canal de denuncia, entre outros.

02 julho, 2026

Metendo Baza 9 30-6-2026

 



Metendo Baza na estación de autobuses: a equipa teimuda desprazouse á estación de autobuses ao longodo xoves 11 de xuño para denunciar o estado de abandono e as deficiencias do transporte por estrada que organizou a Plataforma por un Transporte Digno para a nosa comarca, onde a poesía, a música e as palestras foron as protagonistas da tarde


27 fevereiro, 2026

Metendo Baza Nº 5 ( 24-2-26)



 Metendo baza-  Programa  Nº 5   ( 24-2-26).

Un novo programas de Teima Down Ferrol, onde a equipa achega a radio os seguintes contidos: As Sariñas faláronnos das mulleres Teimudas, Carmen do acoso escolar no seu canal de denuncia, Manolo presentou a un novo colaborador, Josué Ramos, e Teresa e a sua sección de transporte e comunicacións de Ferrolterra, para o que contou con duas persoas convidadas, Sonia da Anpa Telleiras e Aitor, afectado polas deficencias das comunicacións.

 

23 outubro, 2025

Metendo Baza Nº 2 (14/10/2025)

  Metendo Baza, programa Nº 2  (14/10/2025)

Neste segundo programa, seguimos a facer o percorrido polos primeiros anos da asociación Teima, a través das declaracións das persoas traballadoras máis antigas e temas musicais que nos foron acompañando no camiño teimudo, de Caranza a Breogán , anos 2000 ao 2008.

Asistentes ao programa: Sara Naveiras, Manolo López, Sara Bustabad, Merce Alonso e Carmen Brage, esta última, nova incorporación á equipa de Teima Down Ferrol na Radio FilispiM.


02 julho, 2026

METENDO BAZA 8 26-05-2026

 




Novo Programa Metendo Baza baixo o paraugas da Convención da Onu sobre os dereitos das persoas con discapacidade intelectual, amosando o talento e a cotidaneidade destas persoas

 

03 outubro, 2025

Metendo Baza (30-9-25)

Presentación da Asociación Teima Down Ferrol nas ondas  -  Parte I

Este é o primeiro dos programas que desde Teima Down Ferrol levaremos desde a radio Filispim; falamos da importancia de ter un espazo onde se escoiten as voces das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidade intelectuais, dos inicios da entidade, do primeiro local no barrio de Caranza, do Ferrol daquel momento, do noso amigo e colaborador, Fran Rey, músico da comarca e autor da música da cabeceira do programa, así como doutras músicas que se foron misturando con esa pequena historia da asociación entre os anos 19994 e o 2000. Continuaremos coñecendo a historia máis recente de Teima.

Produción e postprodución: Rádio FilispiM.

Participan: Manolo López, Sara Naveiras, Sara Bustabad e Merce Alonso.

Convidados: Chelo Carballal e Vicente Irisarri 

25 março, 2026

Metendo Baza 6 24/3/2026

No programa 6 pretendemos visibilizar os prexuizos e as barreiras sociais que impiden a inclusión real das persoas coa síndrome de Down, a través das distintas testemuñas persoais, reivindicando respecto para elas e esixindo que se garanta o seu dereito ao emprego digno, a unha educación de calidade e a sua plena participación na comunidade.

 

28 janeiro, 2026

Metendo Baza ( 27-1-26)



 Un novo programa de Teima Down Ferrol, onde progresivamente vanse confeccionando as distintas seccións radiofónicas: Canal de Denuncia, As Sariñas e a actualidade teimuda, Axenda musical e artística da comarca, O Motor con David Fdez, Transporte e comunicacións con Teresa(que entrevistou a Jaime Acuña, presidente federación Anpas públicas da comarca) e Con T Maiúscula.

20 outubro, 2025

Pílulas sonoras 20 Aniversario da FilispiM (6)

 I Conspirando por unha radio libre (arquivo, abril 2004)

Co gallo do 20 Aniversario de Rádio FilispiM, realizamos unha serie de pilulas radiofónicas coa participación de ouvintes, integrantes da radio e colaboradoras, saudando dúas décadas nas ondas libres de Ferrol e Terra de Trasancos.

Nesta sexta peza participan:
  • Roi Carballido (radioescoita, blog infoderadio). 
  • Merce Alonso (programa "Metendo Baza", Asociación Teima Down).
  • Lobish8 e Anita Kpasa (formación de rap de Trasancos).
  • Lore (Colectivo Piruchela de Neda).
  • Albano Ribeiro (Editorial Tradisom, Pt).
  • Helga Méndez (Actriz e directora de teatro).
*duración media audio 4 / 5 min.
*músicas utilizadas: "Radio libre" (Código Neurótico) 

19 junho, 2026

Filispim Vai a festa de Teima no Furancho da SD Canido ( 18-6-2026)

 

 Filispim Vai a festa  de Teima  no Furancho da SD  Canido.

 

No programa, contamos os inicios de Teima, a sua implantación en Ferrol, como xermen da  Federación Galega  Down Galicia. Entrevistamos a distintas persoas que  participan en Teima, como os profesionais  e outras persoas que acuden  as  distantas   actividades. Todos  nos relatan que considéranse una gran familia “Teimuda” e que teñen un obxectivo moi claro: a inclusión real das persoas na comunidade.

Tamén nos falan dos úlltimos  proxectos e  cómo  lograron  adaptar as metodoloxías para responder a  crecente  complexidade  do entorno actual sin perder  a  esencia que deu  orixen a TEIMA.

Así, nos comentan dos plans de vida adulta con Cristobal e Carmen, como persoas  que  conseguiron un traballo  en empresas   da comarca; do Grupo Motor,  como experiencia que naceu a partir das xornadas  abertas a comunidade e que inclue  persoas de outros ámbitos; e tamén do seu programa Metendo  Baza en Radio Filispim, no que  participana na sua realizacion  cinco persoas usuarias de Teima.

En definitiva, participamos das suas ilusions e da alegría dun día de festa ca música a cargo de Rey DJ.

 

 

05 dezembro, 2025

Metendo Baza (2-12-25)

 Título: Hoxe, discapacidade e dereitos 

Data: 2/12/2025

Resumo: O día 3 de decembro é o día mundial das persoas con discapacidade, e o día 10, o dos dereitos humanos, datas que quixemos trasladar á radio para seguir reivindicando o cumplimento da convención da Onu, asinada polo noso país no ano 2008. Contamos con distintas testemuñas, entre as que destaca a da nosa convidada,


Mari Morado, muller ferrolá referente na defensa incansable ao longo da sua vida, dos
dereitos das persoas con discapacidade.





Participantes: Manolo López, Sara Bustabad, Carmen Brage, Teresa Vázquez e Merce Alonso.





Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]