Pesquisar neste blog

19 junho, 2026

A Xanela das Fucas N º 153 Conversas Feministas: Achegas Queer ao concepto de Muller (18-6-26)

 

A Xanela das Fucas ; Nº 153   (18-6-26)

 A Xanela das Fucas  reproduce a  grabación  das  Conversas Feministas:

Achega  Queer o concepto de muller  que se celebraronn o  18-6-26  no Centro Civico de Canido  organizadas por   Avante LGBT + Ferrolterra, e Mestas LGTBIQ + Cedeira   e  a Marcha   Mundial das  Mulleres                                                                           

Agradecemos  a colaboracion as  mulleres  que  fixeron posible esta gravacion .

17 junho, 2026

Informativos 17/06/26

 SUMARIO:



  • Rádio FilispiM participou na II edición do festival de Podcast organizado pola EMUGA. por Rádio FilispiM.
  • Dialogo de Novas. Falarannos no do acordo entre os concellos de Ferrol e Naron relacion ó reparto dos custos do servizo de saneamento das augas residuais. Por Lupe e Inacio
  • Representación da peza Diario de incomunicación na AC Artábria. Por Celia
Canción Despedida I-ANQUE, Eris MacKenzie.




O FALADOIRO Nº 25 ( 16-6-2026) ENCONTRO CON NEOFALANTES

 

                                                ENCONTRO CON NEOFALANTES 

Hoje abordamos um tema que nom surde de umha preocupaçom das pessoas que participamos no Faladoiro como habituais. Foi umha ideia ao ver que, atravesso da cristaleira da Filispina, um numerosos grupo de pessoas organizavam-se para fazer parte da comuniade galegofalante. Abordase  ¿Que é um neofalante?: Pessoas que adotam o galego como língua habitual sem serem falantes nativas. Galegas ou procedentes doutras latitudes...

 A realidade dos neofalantes: motivos, dificultades e desafios.  

 Audios:  sintonia do faladoirao ; videoclip-canido-youtube.

Convidad@s : Santiago Aparicio, Anton Cortizas,  Ximena Dhali Illingworth,  Paco Ebrero, Araceli Mancheño.

Participan: Inácio,  Joaquín ,  Vicente,  Cesio,  Cesar e Chelo.  

 

14 junho, 2026

Radio FilispiM participou no II Festival galego de Podcast


O venres  12 deste mes Radio FilispiM participou na II Edición do Festival de Podcasts das Emisoras Municipais Galegas coa gravación en directo do programa "Universo Nosso" (gañador do premio ao Mellor Podcast na edición do pasado ano), ademáis dous compañeiros de FilispiM tomaron parte na mesa redonda dedicada ao uso do galego nas redes sociais e nos medios de comunicación, mesa na que tamén participaron integrantes de CUAC FM, A Lobeira Today, PodGalego e Mastodon.gal


Mesa redonda con participación de RadioFilispiM

Xa na xornada do sábado tivo lugar a entrega de premios do festival. O programa "Ábrete de Orellas" foi distinguido co Premio á Traxectoria e o programa "Sábados no Cruceiro" acadou o respaldo do público ao recibir o Premio do Voto Popular, converténdose no podcast favorito do público nesta edición do festival.

Gravación ao Vivo de Universo Nosso durante o Festival de Podcast 






Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]