Pesquisar neste blog

06 dezembro, 2025

Sábados no Cruceiro - Programa 37 - Falamos con Marcos Mella


Hoxe, Joaquín Enríquez conversa co artista ferrolán Marcos Mella para coñecer máis a fondo o Marcos cantautor: os seus inicios, a súa relación con Andrés do Barro, os seus proxectos e a súa música. Tamén falamos da súa faceta como fotógrafo e comentamos as súas dúas últimas exposicións fotográficas.



Escoitar o programa

05 dezembro, 2025

VISITA DO CURSO DO CICLO DE ANIMACION SOCIO CULTURAL (3-12-25)

 VISITA DO CURSO DO  CICLO  DE ANIMACION  SOCIO  CULTURAL

  Radio Filispim 3-12-25


Ante a proposta de Noel  Díaz   da vistia  as instalacions   do   Centro Civico   do  curso de  Animación  Socio  Cultural  do  Centro  Integrado  de Formación Profesional Leixa  e conocer  as instalacions de Radio Filispim   realizamos  un programa de radiao, en directo,     en colaboración  ca asociación Muiño do Vento.

  Entran todo o grupo,  xunto  cas profesoras no  estudio.    LLes  entregamos un  triptico  informativo  do colectivo  OPAI  e mostramos   os  dispositivos  cos que emitimos   o


s poragramas.

 Realizamos o programa emitindo en directo  e locutando as capsulas informativas realizadas  previamente  ca coordinación  de  Carmen Cuesta.

Nos  relatan as motivacions   e  anhelos  en relacion a estes estudios . Celebrmos o seu entusiasmo  asi como sua  disponibilide para participar neste  progrma .

Incluimos  posteriormente  a musica d einicio e  final  proposta por Noel Díaz.

Musica que escoitamos:  Ocean ( Calvin Harris );  Espresso ( Sabina Carpenter).

 

Metendo Baza (2-12-25)

 Título: Hoxe, discapacidade e dereitos 

Data: 2/12/2025

Resumo: O día 3 de decembro é o día mundial das persoas con discapacidade, e o día 10, o dos dereitos humanos, datas que quixemos trasladar á radio para seguir reivindicando o cumplimento da convención da Onu, asinada polo noso país no ano 2008. Contamos con distintas testemuñas, entre as que destaca a da nosa convidada,


Mari Morado, muller ferrolá referente na defensa incansable ao longo da sua vida, dos
dereitos das persoas con discapacidade.





Participantes: Manolo López, Sara Bustabad, Carmen Brage, Teresa Vázquez e Merce Alonso.





04 dezembro, 2025

Programa Especial "Festa XX Anos da Rádio FilispiM" (2005-2025)


BATALHA

ECO

Rádio FilispiM comezou emitir o 27 de agosto de 2005 desde o Ateneo Ferrolán. Neste 2025 vén de cumprir VINTE anos de emisións. O pasado sábado 15 de novembro de 2025 o Colectivo Opaii! celebrámolo cunha Festa en comunidade no CC de Canido, espazo que actualmente acolle a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos.  A Festa, ademáis, servíu para presentar o novo punto do dial da Rádio FilispiM, 102.3 FM

No descorrer da xornada de houbo un xantar de confraternización das diversas xeracións "filispinianas". Xa na tarde, concerto das bandas locais BATALHA (indie) e ECO (rock), que presentaban, por vez primeira, cadansúas formacións. 

Ademáis, realizouse un programa de radio en directo de catro horas e 18 min. que agora vos oferecemos, con entrevistas a persoas que pasaron pola Festa e rexistro do son ambiente dos concertos de BATALHA e ECO e da pinchada do Dj. Pepe Cunha.

Opaii! Rádio FilispiM, 2005-2025

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]