Pesquisar neste blog
04 dezembro, 2025
Programa Especial "Festa XX Anos da Rádio FilispiM" (2005-2025)
03 dezembro, 2025
O Faladoiro, 16 - Dereito A Comunicar / Liberdade de Expresión
![]() |
| Henrique Sanfiz (dereita) en O Faladoiro |
Na edición nº 16 de "O Faladoiro da FilispiM" (2/12/2025) falamos do Dereito a Comunicar, da libre expresión e os seus limites, da situación de desamparo legal dos medios libres e comunitarios no Estado español, das loitas acadadas polos medios de comunicación local e os seus novos retos, do monopolio dos medios de comunicación de masas e do Capital, das condicións de traballo das profesionais da comunicación (nomeadamente da CRTVG), do estello informativo na era da internet e redes sociais, das fake news, bulos e dos novos apóstolos de difusión da desinformación.
Agardamos, cando menos, que os contidos que vos oferecemos posúan o rigor suficiente como para manter a vosa atención durante os vindeiros 90 minutos.
Convidadas:
- Henrique Sanfiz -director de Radio Fene (RadioFusión)
- Javier H. Rodríguez -xornalista de El Salto Diario
Persoal do faladoiro:
- André pequenomonstro / Joaquín Enríquez (condución)
- Vicente, Cesio, Inacio, Chelo
Técnico de son: Antonio
01 dezembro, 2025
Informativo semanal da FilispiM, 1/12/2025
SUMARIO, 1/12/2025
- Milleiros de persoas das Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal marcharon unidas "Polo Dereito ao Tren" o pasado domingo 30 de novembro. Informa pequenomonstro.
- Cadrando co Día Internacional en Solidariedade con Palestina, do pasado 29 de novembro, o Colectivo Sanidade Galega con Palestina vén de asinar un manifesto. Informa Edu Comochoconto.
- Noticias Dialogadas. Lupe e Inacio contan como determinados programas de radio normalizan nas súas tertulias o militarismo, o armamentismo, as políticas de guerra, mesmo a volta do servizo militar obrigatorio no Estado español.
- Minarias que assasinan. Unha realidade do noso tempo. Edu Comochoconto.
- Na máquina do tempo filispiniana ao Día Mundial da SIDA de hai 17 anos, cando nas ondas da FilispiM conversábamos con Carlos Varela, activista a prol dos dereitos das persoas con VIH e, na altura, compañeiro da FilispiM co seu espazo DIAGNOSTICO POSITIVO. Carlos deixounos en outubro de 2017 aos 44 anos de idade. Hoxe lembraremos del. Documenta: André pequenomonstro.
AXENDA.
"As Invisibles", obra de teatro protagonizada por 10 mulleres e producida na Casa da Muller de Ferrol, preséntase o 21 de decembro no Centro Cívico de Caranza. Nolo conta Anita Kpasa.
Falaremos do Ciclo de Cinema "Non Deixemos de Mirar a Palestina", no Ateneo Ferrolán.
Tamén das 36 Xornadas de Teatro Afeccionado, organizadas pola Sociedade Amigas da Paisaxe de O Seixo en Mugardos.
Despediremos cunha peza. Familia Caamagno presenta "De paseo en Portugal", primeiro single do Lp que abrirá o ano 2026 da banda que fai 15 anos sobre os cenarios.
Condución /edición: André pequenomonstro.-
Equipa redación filispiniana.
29 novembro, 2025
Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina.
Apresentação do livro "Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina", a cargo de Carlos Aymerich e orientada por Xam Lopes no Centro Social Artábria no dia 28 de novembro de 2025.




