Pesquisar neste blog

27 fevereiro, 2026

Metendo Baza Nº 5 ( 24-2-26)



 Metendo baza-  Programa  Nº 5   ( 24-2-26).

Un novo programas de Teima Down Ferrol, onde a equipa achega a radio os seguintes contidos: As Sariñas faláronnos das mulleres Teimudas, Carmen do acoso escolar no seu canal de denuncia, Manolo presentou a un novo colaborador, Josué Ramos, e Teresa e a sua sección de transporte e comunicacións de Ferrolterra, para o que contou con duas persoas convidadas, Sonia da Anpa Telleiras e Aitor, afectado polas deficencias das comunicacións.

 

26 fevereiro, 2026

Reflexions dende Canido Nº 21 (20-2-26)

 

Programa  Nº 21   (20-2-26)

Realizamos o programa Nº21. Recordamos os compañeiros ausentes. Falamos  da importancia da constitución en España , do pazo de Meiras   e a guerra ca familia Franco; das consecuencias do temporal en España, da peste porcina  e  do Carnaval en Ferrol  

Rematamos como e habitual    ca  seccion de Records Guiness  a cargo  de Pedro.

Participantes: Suso  Mosquera,   . Pedro Batista, Sergio Sanchez.

Música que escuchamos: Sintonía Don't stop me now, (Queen);    How does it feel ( London Grammar); Gracias  a la vida (Violeta Parra);  Super Estrella (Aitana);  Here comes the sun (The  Beatles); Runaway  (Bon Jovi);  Se (Bustamante); Sad Eyes (Bruce Springteen) .

25 fevereiro, 2026

Rúas Sonoras Programa Nº 5 - 25.01.2026

 



No Quinto Programa de Rúas Sonoras tivemos o pracer de recibir no estudo da Radio Filispín a Gramoflow, que achegáronse dende Betanzos a falar con nós da súa traxectoria e de todos os seus proxectos. Un exemplo de que o hip hop é mais que unha forma de vida.

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]