Pesquisar neste blog

22 janeiro, 2026

O Faladoiro Nº 18 - Radios Livres e Comunitarias 20/1/2026

 


A deriva informativa dos medios de comunicación tradicionais eo advenimiento dás redes sociais, onde o anonimato ea impunidade facilitan difundir barbaridades e bulos, converten as Radios Libres e Comunitarias nun instrumento necesario para, entre outras cousas, dar voz aos sen voz e transmitir información veraz, obxectivos tan necesarios e vixentes hoxe como o foron na década dos anos 80 do pasado século, cando xurdiron en España.

Os 30 anos de CUAC FM e os 20 de Radio Filispim, ambos recentemente cumpridos, mostraron ademais  como nosas pequenas comunidades crean uns vínculos duradeiros e de calidade, de apreciable valor na sociedade actual.

Para falar de todo iso convidamos ao Faladoiro a Bea Ulalume e Mariano Fernández de CUAC, que xunto con Chelo, Pepe Cunha, Anita K pasa e Vicente pola nosa banda, repasamos a historia, aclaramos conceptos, razoamos decisións e lembramos anécdotas nun ambiente de total complicidade. Tanta que a pesar da distancia acordamos estreitar os contactos realizando algunhas actividades conxuntamente, a maiores do actual intercambio de programas. Resultou un programa máis que interesante. Grazas de novo a Bea e Mariano por vir dende Coruña.

 


19 janeiro, 2026

Informativos Rádio FilispiM 19-01-26

 

  • Falamos co compa Bruno Lopes por mor da denuncia presentada por antisemitismo por parte da Garda Civil.


  • Comunicado da AAVV de Canido e Muiño do vento respecto a denuncia interposta a Bruno Lopes.


  • Ferrol con palestina achéganos un audio da Concentración veciñal Caranza con Palestina, do pasado sábado 17 xaneiro. 


  • Nova actividade no Centro Cívico de Canido de galego para neofalantes organizada por ASC Muíño do Vento, AAVV de CAnido e SDeR de Canido.


  • En noticias dialogadas, Lupe e Inacio aproveitan a  ultima operacio policial contra o narcotráfico na nossa comarca para dialogar sobre as implicacións deste negócio criminal e o posicionamento  persoal e colectivo ante esta realidade.


  • No País das Liberdades, a morte pode chegar-te da man dun suposto "servidor do povo" e só por ter un simple xesto de humanidade. Unha peza de Edu Comochoconto sobre o assassinato de Renée Nicole Good de 37 anos e nai de tres fillos.


  • Na axenda desta semana:


  • A Asociacion memoria histórica convidannos  aos actos e actividades que organizan esta semana.


  • Presentación do libro de Diego Bernal "Contos de Lama e Alcatram" na Associaçom Cultural Artábria


  • Dia 24 Concerto de Gutier Alvarez no Colectivo Piruchela ás 13h.


  • Concerto de 3bt3 na sala room o dia 24 ás 23:15h


  • Concerto de The Homens na sala Urania o dia 23 as 22h



Rúas Sonoras Programa Nº 2 - 04.01.2026

 


Segundo Programa de Rúas sonoras, Rap de onte, de hoxe e de sempre.presentado por Anita K Pasa e Lobish Oito

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]