Pesquisar neste blog

06 novembro, 2025

Festa do XX Aniversario da Rádio FilispiM (15 de nov. 2025, sesión tardeo, CC Canido-Ferrol)


Comprácenos convidarvos a Festa dos XX anos de Rádio FilispiM nas ondas libres de Ferrol e Terra de Trasancos!

O Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM, desexa celebrar e, ao tempo, reinvidicar a existenza de centos de proxectos de comunicación libre e comunitaria no Estado español e no mundo. 

A Festa da radio libre e comunitaria será o sábado 15 de novembro de 2025, en sesión "tardeo", con estes eventos:

  • 17:00 h. Comezo programa radio especial, desde o 102.3 FM + Dj Pepe Cunha (Ábretedeorellas).
  • 18:00 h. Actuación de BATALHA (indie), presentación mundial. Nova formación de Oscar Quant, con Manel, Melo e Dim. No pasado protagonizaron bandas como: Weather Underground, Skyhooks, La Nev Diva ou Misquious.
  • 19:00 h. Actuación de ECO (rock), catro adolescentes da Comarca: Gabri, Rubén, Adri e Helena. Xurdidos da Mocidade coa Lingua (2025) como  Esquios Roqueiros, replantexan a súa banda de rock.
  • 20:00 h. Dj Pepe Cunha (Ábretedeorellas)
  • 21:00 h. Fin de Festa e do programa especial.

Haberá sorteo de novas camisolas XX Aniversario da FilispiM !
Entrada de balde.

03 novembro, 2025

Informativos Rádio FilispiM, 3/11/2025

 

Informativo semanal Rádio FilispiM, 03/11/2025

Sumario:

  • Presentación da Coordinadora da Mocidade Socialista, sábado 8 de novembro no Centro Cívico de Canido (Ferrol).

  • A asociación “O Castelo de Narahío” (San Sadurniño) ultima a “Volta das Ánimas”, unha das citas máis destacadas do Samaín da nosa Comarca. Sábado 8 de novembro. Reportaxe, pequenomonstro.

  • De elecións e o silencio das abstencións”. Opinión, Edu Comochoconto.

  • “Noticias Dialogadas”. Opinión, con Lupe e Inácio: “Un mundo en chamas...o imperio ameaza a Venezuela”.

  • Actividades organizadas polo Centro Social Artábria para os videiros días: presentación da exposición “Corpus” de Raquel Miragaia e roteiro “Conhecendo os petróglifos de Chamorro”.

  • Peza musical e despedida: “El disco que te regalé”, BATALHA.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

02 novembro, 2025

Mundo em conflito - O novo mundo multi-polar

Palestra "Mundo em conflito - O novo mundo multi-polar", a cargo de Bruno de Carvalho, levaba a cabo no Centro Social Artábria o dia 1 de novembro de 2025.

Organizada por CS Artábria e Partido Comunista Português e orientada por Silvia Bogo.


Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]