Pesquisar neste blog

23 outubro, 2025

Metendo Baza Nº 2 (14/10/2025)

  Metendo Baza, programa Nº 2  (14/10/2025)

Neste segundo programa, seguimos a facer o percorrido polos primeiros anos da asociación Teima, a través das declaracións das persoas traballadoras máis antigas e temas musicais que nos foron acompañando no camiño teimudo, de Caranza a Breogán , anos 2000 ao 2008.

Asistentes ao programa: Sara Naveiras, Manolo López, Sara Bustabad, Merce Alonso e Carmen Brage, esta última, nova incorporación á equipa de Teima Down Ferrol na Radio FilispiM.


21 outubro, 2025

Informativos semanais da Filispim, 21/10/2015

 
Informativo semanal da Rádio FilispiM, 21/10/2025

Sumario:

  • Abrimos con “Noticias Dialogadas”, Lupe e Inacio, na súa volta tralas vacacións, seguen a voltas co tren.

  • Continuamos cunha ración dobre de "Noticias Dialogadas". Lupe e Inacio seguen a dar voltas, desta con Emafesa.

  • Rádio FilispiM segue a celebrar os seus 20 anos RESISTINDO nas ondas libres de Transacos.  Preparan unha Festa para o sábado 15 de novembro no CC de Canido (Ferrol), haberá actuacións musicais, Djs imposíbeis e moita radio! Oscar Quant, integrante de BATALHA, comenta a xogada...

  • Sabela, de A Piruchela de Neda, da conta da axenda de actividades deste novo colectivo trasanqués.

  • O Colectivo Fiada (Asociación de Mediación Cultural Itinerante de Ferrol), fálanos das súas vindeiras actividades.

  • Edu Comochoconto trae un manifesto anfifascista.

  • Findamos con algunhas citas de AXENDA que poden ser do teu interés.

  • Marchamos nun tren pantasma!

Condución/edición: pequenomonstro

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!


20 outubro, 2025

Pílulas sonoras 20 Aniversario da FilispiM (6)

 I Conspirando por unha radio libre (arquivo, abril 2004)

Co gallo do 20 Aniversario de Rádio FilispiM, realizamos unha serie de pilulas radiofónicas coa participación de ouvintes, integrantes da radio e colaboradoras, saudando dúas décadas nas ondas libres de Ferrol e Terra de Trasancos.

Nesta sexta peza participan:
  • Roi Carballido (radioescoita, blog infoderadio). 
  • Merce Alonso (programa "Metendo Baza", Asociación Teima Down).
  • Lobish8 e Anita Kpasa (formación de rap de Trasancos).
  • Lore (Colectivo Piruchela de Neda).
  • Albano Ribeiro (Editorial Tradisom, Pt).
  • Helga Méndez (Actriz e directora de teatro).
*duración media audio 4 / 5 min.
*músicas utilizadas: "Radio libre" (Código Neurótico) 

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails