Pesquisar neste blog

28 agosto, 2025

Rádio FilispiM cumpriu 20 anos nas ondas libres da Terra de Trasancos.

 

27 de agosto de 2005, hai 20 anos. Comezaba a emitir a primeira e única radio libre de Ferrol e Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9 FM. Foron moitos os atrancos, técnicos, legais, organizativos... máis un ano e medio despois da creación do Colectivo Opaíí! acadamos o noso obxectivo, "Conspirandos", mil asembleas e festas varias mediante.

Grazas a tódalas persoas e Colectivos sociais que durante estas dúas décadas fixeron realidade esta radioutopía comunitaria, autoxestionada, sen patrocinios, publicidade nin subvencións.

Se desexas achegarnos unha mensaxe de voz podes facelo a través do enlace vermello na marxe dereita deste blog. Clic e fala!

Filispim vai... ao Museo Océano Surf de Valdoviño (24/07/2025)


O pasado 24 de xullo de 2025 Rádio FilispiM foi ao Museo Océano Surf de Valdoviño (A Coruña).
Participaron: Alberto González, Jesús Busto, Jacobo Suárez, Carola Casal e OSM Valdoviño.
Conduciron: Vicente e Chelo. Joaquín estivo na realización técnica. Produción: Rádio FilispiM.

Escoita aquí o programa completo:

17 julho, 2025

O Faladoiro, nº 11. Un achegamento á Mocidade.


O Faladoiro Nº 11 (15/7/2025)

Un achegamento á Mocidade.

Despois de abordar distintos temas no Faladoiro decidimos adicar un programa a debater sobre a mocidade, convidando a tres persoas que cremos responden a esta perfil. Ademaís, algunhas das persoas condutoras do espazo lembran as súas vivencias naquela etapa vital e circunstancias socioculturais naquela altura na Galiza e España, marcando diferenzas co momento actual.

Despois da súa presentación, a mocidade convidada (Celia, Laura e Xaquín) relatan cales son as súas circunstancias persoais e como non son alleos ao momento social que lles toca vivir. Fáise referencia aos datos que recolle o “Informe Mocidade en España 2024”, unha radiografía das persoas mozas que permite observar os cambios na mocidade nas ultímas catro decadas. Ademáis, falamos do estudio do historiador Steven Forti quen sostén que “Entre os venes a insatisfación leva a un rexeitamento da democracia” e como nalgunhas enquisas se cuestiona "democracia forte ou ecomomia forte", observando tendencias que comezaron mesmo antes da crise de 2008, nas que se valora a economía por riba da democracia.

Como acontece en moitos "Faladoiros" nalgúns momentos o debate foi acalorado o que fixo que as participantes deixaran constancia da súa opinion, mesmo promoveran debates a desenvolver en futuros programas.

Como proposta de futuro apóstase por un mundo no que se produza un maior coñecemento das loitas sociais acadadasunha sociedade máis empática, a necesidade da colectivización e un achegamento ao mundo rural.

Participan: Alexandre, Vicente, Cesio e Chelo.

Convidadas: Laura Couto, Celia Moreno e Xaquín Morillo.


Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails