Pesquisar neste blog

15 maio, 2025

JBMP#145 - Amélia Muge

 No programa de hoje vamos fazer uma viagem cronológica através da carreira de Amélia Muge. Além disso, este programa tem a particularidade de estar inserido dentro da programação do projecto “Cravos e Rosas”, que é  uma iniciativa que tem o intuito de fomentar a interacção cultural entre Portugal e a Galiza

"Jardim à beira mar plantado" é um programa de música portuguesa na Rádio Filispim conduzido por Jorge Mirancos.
Para qualquer contacto escrever ao email: jorgemirancos@gmail.com


Lista de temas:
01- "Em Mértola"
02- "O cego pedinte"
03- "Maio, maduro Maio"
04- "Taco a taco"
05- "Donzela guerreira"
06- "Bailai ben"
07- "A avó Tina"
08- "Não sou daqui, mas..."
09- "Ai, flores"
10- "Pesado como ferro"
11- "Tenho dois corações"
12- "O arquipélago"
13- "Sinfonia da liberdade III"
14- "Se a vida é pintura"
15- "Gato que brincas na rua"

Informativo Rádio FilispiM, 15/05/2025

Informativo semanal da Rádio FilispiM, 15 de maio de 2025.

SUMARIO:

  • Novas dialogadas. Lupe e Inacio seguen a voltas cos RESIDUOS. Na actualidade máis de 1.000 toneladas de voluminosos recolhem-se em Ferrol cada ano. Hai umha falta de empatia e civismo por parte de certa vizinhança. Abordam este assunto, assim como os vertedoiros incontrolados.

  • Jorge Mirancos achéganos as actividades do Centro Social ARTABRIA de Ferrol para esta semana.

  • Ana Lucecú, lémbranos unha nova concentración en Solidariedade con PALESTINA. Xoves 15 maio, ás 19.30h, na Praza Vella. Ferrol. Convoca: Ferrol con Palestina.

  • Luce Ces, profunda sobre as últimas novas sobre o xenocidio que está a acontecer en GAZA, aos ollos do mundo.

  • O Colectivo BDS (Boikot, Desinformación e Sancións a Israel), inicia unha campaña de concienciación dirixida aos FESTIVALEIROS e festivaleiras. Atentas ao seu comunicado...

AXENDA:
  • III ENCONTRO GALEGO DE MIGRACIÓN, sábado 24 de maio en Canido, organizado polo colectivo ferrolán Mobilidade Humana.

  • LETRAS GALEGAS 2025. Son moitos os actos e convocatorias para este importante Día. A principal: En Compostela, o sábado 17 de maio ás 12:00 h. Desde a Alameda, manifestación baixo o lema "Lingua vital Xa!. Culminará no Obradoiro cunha foliada pola lingua que promete ser espectacular. Debes ir ben armada de ferralla e gañas de sacar a lingua! 

                   *Entre cita e cita, ouvimos música de Color Humano e cantareiras de Leilía.

  • Rematamos cunha nova viaxe a través da MÁQUINA DO TEMPO FILISPINANA. Co pretesto do 20 Aniversario da FilispiM, recuperamos audios que marcaron a nosa andaina. Desta, viaxamos ao Maio de 2011, cando o chamado Movimento 15M contaxiou á mocidade de Ferrol e Trasancos (toma de son, edición: pequenomonstro).

Redación filispiniana.
Conduce: André pequenomonstro.-

11 maio, 2025

A Xanela das Fucas Nº 124


 A Xanela das   Fucas   nº124 -  (8-5-25)

A Xanela das Fucas   decide dedicarlle o progrma o tema do fútbol   feito por mulleres  na zona de Ferrol,para elo convidamos a  Icia e  Natalia ( Nas) duas mulleres que  practican e viven o fútbol  moi de cerca , dende a vertiente de xogadora e entrenadora.Nos falaron    de como viven a practica   deste deporte, das difrencias das  forma de plantear os entrenamientos, das suas referentes a  nivel mundial.  Nos faltou tempo para seguir  compartindo, polo que as emplazamos para outro  momento.

Audios:  Que le falta al fútbol; entrevista con  Vero Boquete.

Convidadas:   Icia  Quinte Veiga; Natalia Prieto Cainzos; Sonia Barrero Bouza; Maria  Veiga.


Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa;   Ana B. López Verez;  Eva Tizon Bouza.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  (Nicola Piova) ;  Libre palestina.

 

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]