Pesquisar neste blog

02 maio, 2025

Filispim Vai aos Maios de Canido

 FILISPIM VAI OS MAIOS DE CANIDO (1-5-2025)

A Radio acércase o acontecemento que se celebra estos dias os Maios en Canido.

Nun primeiro momento recordamos a data do 1º de Maio como data da celebración do Dia Internacional dos Traballadores.

Se fala dende cando se celebran os Maios, o porque, a importancia de persoas que mantiveron esta actividade o longo dos anos como e Reme e as mulleres da sua familia a sua conexión con actividades religiosas como festas da Santa Cruz e o fin ultimo como exaltación da naturaleza a arbora da vida, e un caracter laico da misma.


 
Recordamos a  necesidade da participación cidada e a implicación das persoas do barrio e incluso no momento da pandemia que se puxeron frores nas ventas.

Participan: Ana, Cesar, Antonio, Chelo , Marisol, Roberto e Fernando.

A música que escoitamos: Os maios na rua de San Pedro en Santiago de Compostela (Habelas Hailas), Alumnos do Marcos da Portela en Pontevedra, Os maios,  Aí vén o Maio (Luis Emilio Batallan).

01 maio, 2025

Informativo semanal FilispiM, 1/05/2025

 
SUMARIO do informativo semanal da Rádio FilispiM, 1 de maio de 2025.

  • O grande Apagón. A nosa compañeira  Ana Faba Loba, falou coa veciñanza de Trasancos e realizou unha pequena reportaxe sobre este novo feito que marcará a nosa memoria...

  • Novas dialogadas, diálogo de novas. Lupe e Inacio reflexionan verbo da faciana humana que se agocha tras destes acontecementos que nos soprepasan, como o do xa famoso Apagón... mais tamén sobre as consecuencias do "parón" en instalacións críticas, nomeadamente as depuradoras de augas residuais que funcionan na cidade de Ferrol.

  • Edu Comochoconto, reflexiona sobre o Día do infindo Apagón que levan sofrendo milleiros de familias na Cañada Real, mesmo o pobo palestino desde 1947.

  • A pasada fin de semana aconteceu unha nova edición da Feira da plantación en San Sadurniño. Os informativos de Rádio Filispim estivemos alí e realizamos unha reportaxe. Falamos con resposábeis de Agronuquel e Vacatola, presentes na Feira.

  • Presentación do Centro de Estudios Anarcosindicais da Galiza, o pasado sábado 26 de abril no Centro Ágora de Coruña. Economía, Ecoloxía e Traballo, foron os eixos vertebradores deste novo evento libertario. Nolo conta o noso compañeiro Antonio.

  • Lupe Ces fálanos do 25 de abril, en Portugal e na Italia. Do antifascismo. Mais, non esquece Palestina. "Seguimos a denunciar o xenocidio", manifesta.

  • AXENDA. 1º Feira Multisectorial Agrícola en As Somozas. 3 e 4 de maio na praza do Concello

  • AXENDA. A Asociación Recreativa de Camouco en Ares anuncia a expo do Clube de Prensa de Ferrol, "Galicia en Foco". Poderá visitarse a partir do 18 de maio.

  • AXENDA. A veciñanza de Canido en Ferrol celebra Os Maios, entre o 30 de abril e 4 de maio. Unha chea de actividades animarán esta tradición festeira (avcanido.org)- Entre as actividades, o domingo 4 de maio ás 13:00 h-, sesíon vermú. Entre os grupos, un clásico "canidiense", Sr. X, co seu reggae ska findamos.

Conduce: pequenomonstro.
Equipa Informativos Rádio FilispiM

30 abril, 2025

Un tren do século XXI para Ferrol (24/04/2025, Ferrol)


Un tren do século XXI para Ferrol.

O Foro cidadán polo ferrocarril, constituido por entidades e asociacións de Ferrol, Eume e Ortegal, no marco das actividades a prol da modernización do ferrocarril, e das liñas Ferrol-Coruña e Ferrol-Ribadeo, organizou o pasado xoves 24 de abril de 2025, no Salón de Actos do antigo Hospicio de Ferrol, a palestra titulada: "UN TREN DO SÉCULO XXI PARA FERROL" 

Presenta: Alexandre Carrodeguas.
Intervén: Miguel Pazón Otón, profesor titular da Universidade de Santiago.

Toma de son: Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre e comunitaria de Ferrol (Galiza)

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails