Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

10 abril, 2025

Informativo semanal da Rádio FilispiM, 10/4/2025

 

Informativo semanal de RFM, 10/4/2025

SUMARIO:

  • Reportaxe sonora da pasada manifestación nacional, convocada por SOS Sanidade Pública, o domingo 6 de abril en Compostela. Realizada por Montse Fraga e Inacio Caranza, recolle comunicado, entrevistas e audios daquela xornada. (Edición: Ana Lucecú / pequenomonstro).

  • “Dúas Manis, dúas maneiras”. Por Edu Comochoconto (dende Radio Raposeira).

  • Asociación Memoria Histórica Democrática celebra o aniversario da proclamación da 2ª República con actos en Narón, Pontedeume e Cedeira; do 12 ao 14 de abril. Informa Fernando Ocampo.

  • Leitura do comunicado da Marcha Mundial das Mulleres na pasada concentración do 8 de abril en repulsa ao asasinato machista cometido en O Bolo nos últimos días.

  • NOTICIAS DIALOGADAS. Lupe e Inácio informan da sentenza no caso de explotación sexual a mulleres en pisos de Narón e Ferrol.

  • “POLA PAZ, NON Á GUERRA”. Leitura do comunicado da concentración convocada pola plataforma ‘Galiza pola Paz’, do pasado 9 de abril na Praza Vella, en Ferrol.

  • Silvia Bogo, dende o Centro Social Artábria, cóntanos as actividades que terán lugar nos vindeiros días no local do Esteiro (Ferrol).

  • Pechamos cunha peza musical de Baldo Martínez Sexteto, que chegará ao Jofre o día 11 de abril coa súa “Música Imaginaria”.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

05 abril, 2025

A Xanela das Fucas Nº 123 ( 3-4-25)

 Programa nº123 -  (3-4-25)

A Xanela das Fucas convida a parte das  pesoas que gañaron  a reciente edición do  Talentiño.

Nos acompaña  un dos creadores deste concurso  Joaquín  Enríquez  Díaz que faciulita a  conexion telefonica durante o programa   con   Lucía  Pérez   Vizcaíno , outra das creadoras e xurado   nesta edición .

Conversamos   con Paula, con Sofía,    con  Simón e cos  proxenitores que os acompañron..

Foi   moi bonito volver a recordar o día do cocurso,  asi   como descubrir cales son as  suas motivacions e desexos   de  futuro.

Foi un programa moi emocional,  sorprendendonos  en moitos momentos   a sua  capacidade reflexiva  e o contaxio de opitimismo   que  lograron transmitirnos.

Convidadas:    Paula   Seoane   Otero   e  seu pai  Juan;  Sofía Hernasdez Rodriguez  e sua nai Belen


, Simón García  Sisto  e seu pai   Juan Simón.

Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa;  Sonia   Fernandez Bellas;   Eva Tizon Bouza.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  (Nicola Piova) ;  

Corte das actuacions  do  Concurso o Talentiño; Sintonia do Talentiño.  

04 abril, 2025

O Faladoiro de FilispiM. O Idadismo na sociedade actual.

Integrantes de O Faladoiro de FilispiM

Nesta edición de O Faladoiro falamos de Idadismo, da soidade non desexada, de cooperativas de vivendas...  Ademáis, contamos con voces expertas, María Fernández Lemos (arquitecta) e Manolo Castro (sicólogo).

O Faladoiro é un programa en colectivo de Rádio FilispiM, 93.9FM

Related Posts with Thumbnails