Os medios de comunicación son un piar indispensable para garantir a saúde democrática das nosas sociedades. Son ferramentas básicas para construir unha opinión pública informada e crítica. E dentro desa función, os medios de comunicación públicos xogan un papel esencial para garantir o dereito fundamental dunha información veraz e libre.
Nesta sesión afrontaremos a situación do ente e a loita que están a levar o persoal da CRTVG dende o ano 2018.
Os #VenresNegro. Denuncian situacións de manipulación, censura e de empregar os medios públicos como altofalantes da propaganda do partido no goberno. Situación agravada pola externalización da producción de programas e contidos.
Pesquisar neste blog
24 fevereiro, 2025
CÓNTAMO TI. DEFENDE A GALEGA.
I Xornadas VIHsibles. AVANTE LGBT+ Ferrolterra
Dende Avante LGBT+ Ferrolterra organizaron estas I Xornadas de VIHsibilización co gallo da conmemoración do día internacional do SIDA, que se celebra o 1 de decembro. Conscientes de que un alto porcentaxe de incidencia do VIH dáse en homes que se relacionan sexualmente con outros homes, sendo en este sentido unha cuestión que afecta directamente ao colectivo do que forman parte. Coa intención de informar, despatoloxizar e derrotar o estigma co que viven os compañeiros, convocaron a diferentes persoas e organizacións que podemos escoitar aquí.
21 fevereiro, 2025
REFLEXIONS DENDE CANIDO Nº 11 ( 21-2-25)
REFLEXIONS DENDE CANIDO Nº 11 ( 21-2-25)
Nos encontramos moi ilusionados porque vamos a entrevistar a unha persoa que admiramos e queremos porque fixo que se puñese color nas paredes que se estaban caendo e ahora hai paredes con vida e sentimentos.
Descubrimos cal foi a orixen dun dos festivales de arte urbano mais importantes de mundo y por enriba de todo compartimos un momento con nun un ser human que cree e crea por amor .
Participantes: Jose Mª, Suso, Carlos, Belen, Sergio, Pedro
Convidado: Eduardo Hermida
Musica que escoitaremos: Don't stop me now (Queen); Lápiz e tinta ( El ultimo de la fila); Jamming ( Bob Marley); Pájaros de barro( Manolo García); Inner Smile (Texas) La guarida del amor ( Alfeizar).


