Pesquisar neste blog

13 fevereiro, 2025

Informativo, 13/02/2025


Informativos da Rádio FilispiM, 13/02/2025

Sumario:

- Fernando Ocampo informa sobre o 1º Consello da A.C. Memoria Histórica Democrática (M.H.D.) en Narón.

- A compositora Carme Rodríguez fala sobre o seu traballo na BSO da película “Prefiro Condenarme” de Margarita Ledo Andión. Por André Pequeno Monstro.

- Audio da rolda de prensa do 12 de febreiro na Gentalha: "9 detencons 0 explicacons". Campaña pola absolución des 9 detides o 6 de outubro de 2024 en Compostela, durante a Manifestación en apoio a Palestina. Informa (enlace): Comochoconto.

- “Comedia de Enredo no Cortelho de Menestras”, por Comochoconto.

- Noticias Dialogadas, por Lupe e Inácio: Reganosa contamina con dióxido de nitróxeno.

Axenda:

- QUEREMOS GALEGO cara a Grande Manifestación do domingo 23 de febreiro en Compostela, baixo o lema: “Ante a emerxencia lingüística: Lingua Vital Xa!”

- Xornadas Agroforestais en Canido. Organiza: Opa Cabaré e Asoc, Veciñal de Canido.

- Palestra “Mudar o rumo do galego. Reintegracionismo para a socialización do galego”, com Adela Figueiroa (AGLP) e Marinha Area (AGAL) o 14 de febreiro, ás 20h. Ademáis, concerto de Ruxe Ruxe presentando “Xabral” o 15 de febreiro, ás 22:00 h. no CS Artábria. Informa, Silvia Bogo.

- Entroido 2025 na Agrupación Instrutiva de Caamouco (Ares).

- Na despedida, André Pequeno Monstro preséntanos o novo single da ferrolá Lidia India: “Aire”. 

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

12 fevereiro, 2025

O Faladoiro de FilispiM, nº1 - Probando, probando...

Neste primeiro Faladoiro participan Chelo, Inácio, César, Cesio e Vicente. Despois de presentar os obxectivos e motivos deste novo programa na grella da FilispiM, respostamos unha enquisa dun equipo de investigación sobre as radio libres e comunitarias, como FilispiM. Seica, clarificador para quen non coñece este tipo de estacións. Foi o primeiro Faladoiro de FilispiM, un espazo de reflexión e debate producido polo Colectivo Opaii! 

O vindeiro, promete... Agardámovos.

11 fevereiro, 2025

Off Mental 148 (Prefiro Condenarme, BSO)

Carme Rodríguez

 Off Mental, nº 148

Especial Carme Rodríguez (BSO Prefiro Condenarme, 2024).

  • Es ti quen erra.
  • Ante ningún home.
  • Sagrario.
  • Tempos difíciles.
  • Gaiola.
  • Unha educación. 
  • Quen me salvou.
  • Plantas e paxaros.
  • Digno de querer.
  • Abandonar a vida.
  • Buscar traballo.
  • Quen o vivíu.
  • Non podía comigo.
  • Eu non nacín para odiar.
  • Agora e sempre.
  • Prefiro condenarme.
  • Se non me ves (composición/interpretación: Mónica de Nut).
  • Reprise (BSO Una Historia Azul, 2021).
Presenta e conduce: André C. Pastor —pequenomonstro—.
Sintonía/música indicativos: Héctor Perezagua. Voz indicativos: Ana Fernández —fabaloba—.
Difunden: Rádio Piratona, 106.1 FM (Vigo), Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrol/Trasancos), Radio Crónica Folk Musical (online), Producións Imaxinarias & PodGalego
Redifusión comunicar en: offmental@gmail.com 

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]