Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

28 novembro, 2024

Informativo, 28/11/2024

 

Informativo Rádio FilispiM, 28/11/2024

Sumario:

  • "É tanto pedir?" O ANPA da Escola Galiña Azul de Esteiro Ferrol, reclama á Consellaría de Política Social da Xunta de Galicia melloras para o cadro de persoal e servizos educativos na etapa preescolar.

  • Pleno no Concello de Ferrol. Este xoves 28 de novembro terá lugar un Pleno, que entreoutros asuntos tratará a proposta inicial para os orzamentos municipais de 2025. Nolo explica Inacio.

  • Aliana Corral do Colectivo BBTT, fala do 17N, Día Mundial das Crianzas Prematuras.

  • Partera Guerrillera, sanitaria, co gallo do 25N, "Día Internacional para a Erradicación das Violencias Contras das Mulleres", fálanos dunha delas, a Violencia Obstétrica.

  • Nerea Calvo Beceiro, co gallo do 25N, fala da histórica Fábrica de Conservas El Cisne de San Sadurniño, resultado das ZUR, Zonas de Urxente Reindustralización, a mediados dos anos 80 como consecuencia da crise do sector naval na nosa comarca.

  • Noticias Dialogadas, Inacio e Lupe seguen... "A voltas co tren".

  • Edu, "Comochoconto" desde Radio Raposeira, fálanos da Cume do Clima e da Conferencia das Partes (COP), que vén de levarse ao cabo en Bakú, capital de Azerbaixán.

  • O filme Prefiro Condenarme parte dun xuízo por adulterio contra unha mariscadora da ría de Ferrol durante a ditadura, en 1972. A violencia, o abuso, a falta de dereitos das mulleres xunto a un ambiente social opresivo, forman parte desa historia real. A cantante i experimentadora galega Mónica de Nut, fálanos do proceso colaborativo e compositivo nunha das pezas desta cita, que vén de ser apresentada en Ferrol.

  • AXENDA. Concerto de Zavala, sábado 30 de novembro, ás 10:00 pm no centro social Artábria, na rúa Batallóns de Esteiro. Presentarán o seu traballo "Pequeno Manual para Grandes Cambios", publicado por Ferror Rcds. Entrada de balde.

  • AXENDA.Xornadas VIHsibles Ferrolterra, en xornada de mañá, o sábado 30 de novembro e domingo 1 de decembro, no Ateneo e CC de Canido respectivamente. Organiza AVANTE LGTB+ Ferrolterra.

  • AXENDA. Galiza con Palestina. Ferrol e Pontedeume, luns 2 de decembro ás 8:00 pm nas prazas dos concellos.

    Condución/edición: pequenomonstro.

22 novembro, 2024

REFLEXIONS DENDE CANIDO Nº 8 (22-11-24)

  Programa Nº 8 (22-11-24).


 Chegamos o mes de novembro;  son moitas as cousas que queremois contar , e sobre todo seguimos con  ilusión de encontrarnos para contar  cousas  que pasan .  Neste progrma falaremos da celebración do proximo 25 N, dos actos que se farn  con tal motivo e tamén comentar outras   que aconteceron como por exemplo unha carta nos diarios de Ferrol onde se daba a conocer una  solicitude para unha entrevista  ca xerente da area Sanitaria para mostrar a nosa preocupación polo cese de unha  psicologa  do servizo do HDD e  a necesidad de que se manteña unha continuidade dos profesionais  do equipo terpeutico.

Tamen damos conta do  concurso Tapeate  Ferrol e nos sumanos  a felicitación o galardon , (3ª mellor de España)a  tortilla  del Ankha.

  Non poden faltar os Record Guiness e rematamos con unha despedida grupal a madriña do grupo .

 Participantes:  Jose  Mª,  Suso,   Carlos,  Sergio, Pedro, Maribel , Anxela, Monica e Antia.

Musica que escoitaremos:  Don't stop me now (Queen);Unstoppable, (Sia);  Todo ira bien  ( Chenoa);  I shot the sheriff ( Eric Clapton); Whenlove breaks down ( Prefab Sprout) ; Man inthe rain (Mike Oldield); Adios con el corazón 

A XANELA DAS FUCAS Nº 111 (21-11-24).

 Progrma Nº 111 (21-11-24)


Hoxe na Xanela comentamos aspectos recentes como son a valoración positiva do mantemento nesta cidade dos arquivos Militares de Ferrol , moi importantes para investigadores e familiares , felicitamos ao Baxi que se mete na eliminatoiria da Eurocup, lamentámonos pola supresión dunha conexión diaria Ferrol- Coruña. Na segunda parte do programa compartimos audios sobre o caso de Gisele Pelicot, a opinion de Cristina Fallases, a de Ana Bernal Triviño sobre o caso Errejon e o testemuño de Mariña Marroqui chamando a atencion sobre as consecuencias da violencia de xénero. Tambien damos información dos proximos actos relacionados co 25 N en Ferrol Terra

 Audios: Por qué los hombres callan El silencio heteropatriarcal ante los 51 violadores del ‘caso Pélicot’  ( Publico );  Peor es el silencio (Cristina Fallaras); “El mundo de los machistas no se ciñe en Íñigo. Sí, sabemos más nombres.  (Ana Bernal Triviño); La sociedad aún no entiende lo que es la violencia de género. Marina Marroquí,

Fucas que participan:  Chelo Carballal Balsa,     Ana Belén López Verez,  Eva   Tizón    Bouza.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,   (Nicola Piova) ;   Cumbia palestina   (Video Lyrics). Canción sin miedo   ( España 25N) ; Se acabaron las lagrimas (Dueto con Hanna)

..
Related Posts with Thumbnails