Pesquisar neste blog
12 fevereiro, 2023
A Xanela das Fucas Nº 88 ( 9-2-23)
A Xanela das Fucas recibe a Lucia Vizoso Amado que nos informa sobre a situación da nosa sanidade asi como das accións que a plataforma SOS SANIDADE PUBLICA levara a cabo estos días para esixir unha sanidade publica e de calidade.
Nos facemos eco das concentración polo asesinato machista do domingo pasado en Baiona, o primeiro de Galicia.
Recordamos o dia da “muller e a nena na ciencia”.
Por outra banda tamen estar con nos Sara Gonzalez Veiga que nos sorprende con unha nova publicación , un conto agasallo para unha amiga asi como o seu proxecto @escribiendoenblanco. Ven acompañada de unha amiga complice Carolina que xa a esperamos para a presentación do seu libro.
Tamen nos acompañan por Plamen e Tessy que veñen a conocer a radio e facer unha proposta de programa.
Convidadas: Lucia Vizoso Amado; Sara Gonzales Veiga; Carolina Alejandra García Pérez .
Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa; Ana B. López Verez; Eva Tizon Bouza.
Audios: Dia da muller e a nena na ciencia.
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; A Irmandade das Estrelas ( Carlos Nuñez); Haz de luz (Rayden).
A Xanela das Fucas Nº 87 ( 2-2-23)
A Xanela das Fucas convida a varias mulleres para que nos falen das suas actividades.
No ano que vimos de pechar celebrouse o 50 aniversario das mobilizacións obreiras de Ferrol e Vigo en 1972, uns feitos que levan anos sendo lembrados na cidade do norte a través do Día da Clase Obreira Galega pero que na urbe do sur están aínda pendentes de ser postos en valor e recuperados a través da memoria pública. Por este motivo Lola Ferreiro adica este ano o Calendario, que xa unha referencia obligada cada ano, as mulleres que fixeron posible a folga de setembro de 1972 en Vigo.
Tamen falaremos con Helga Mendez que nos falara do proxecto “Que din as Rumorosas” o cal acaba de recibir o premio a proxectos pola igualdade Luisa Villalta 2023 da diputación da Coruña.
Convidadas: Lola Ferreriro Díaz; Helga Mendez
Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa, Laura Couto Vilches, Ana B. López Verez; Eva Tizon Bouza.
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; Carta a mi compañero (Karaxú); La lucha continua (Charo Cofré); Que din as rumorosas; Manha de carnaval. Yo vengo a ofrecer mi corazón (Eugenia Sanmartin).
A Xanela das Fucas nº 86 ( 22-12-22)
Programa nº 86- (22-12-22)
A Xanela das Fucas convida a Sica Romero como autora da novela Avelaiñas eléctricas e Vanesa Rodríguez como editora creadora de Néspera . Xuntamos no programa a un grupo de persoas deliciosas unidas por lazos familiares e por o amor a literatura.
Duas mulleres, Sica e Vanesa, que se unen para crear e facernos disfrutar dun traballo moi ben feito a vez que pensar e reflexionar sobre o mundo que nos rodea.
Avelaiñas eléctricas nos traslada a universos donde podemos encontrar respostas indempendientemente da edade que teñas.
Esta tamen tarde foi a primeira vez que, no estudio, falabamos entre nos e alguen nos facia fotos con unha mirada especial …a mirada de unha persoa que estaba escoitando a unha muller que admira por levar a cabo un proxecto no que creían dende tempo atrás.
Grazas: Sica, Vanesa, Luz …Breixo …..Begoña ..
Fotos: Breixo Parcero Pérez .
Convidadas: Sica Romero, Vanesa Rodríguez, Luz Guerra Fernández, Breixo Parcero Pérez e Begoña Fernández Blanco
Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa, Ana Belen López Verez; Cristina Sobrino López , Eva Tizon Bouza,
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova) ; In the Golden room (Ambivalence); Culpa y castigo (Carmen Boza);
Assinar:
Postagens (Atom)