Pesquisar neste blog

22 junho, 2025

Reflexions dende Canido Nº 14 (20-6-25)

Programa Nº 14 (20-6-25) No programa de hoxe falamos de diversas cousas entre elas da chegada da nova estación do verán. Coméntanse as bandeiras azuis nas praias de Ferrol . Non nos esquecemos na sección de deportes do ascenso do Parrulo. Dado a data que é faise unha referencia á celebración da noite do San Xoan. Maribel fainos a recomendación literaria do libro de Almudena Grandes, Escalera interior. Nos Record Guiness falamos dos xeados. Participantes: Belen Allegue Carlos, Allegue , Pedro Batista; Suso Mosquera, Sergio Sánchez; Maribel Suances. Música que escuchamos: Sintonía Don't stop me now, (Queen); Viento del Norte ( Hermanos Agüero); Living on an Island ( Satatus Quo); Back to black ( Amy Winehause); Wind of Change (Scorpions); Lucha de de gigantes (Nacha Pop); Que bonita la vida (Dani Martín).

A Xanela das Fucas Nº 127 ( 12-6-25)

 Programa  nº127 - (12-6-25)

 A  Xanela das   Fucas   fai un recorrido por diversos  acontecementos na  cidade de Ferrol   e entrevistamos a duas personas que participaron nos   actos celebramos en Fiada  de apoio  a  o Pobo Palestino o día 7-6-25.  

Convidad@s:  Ana Lucecú, Celso Posada.

 Fucas presentes: Chelo Carballal Balsa; Sonia Fernández Bellas,  Eva Tizon Bouza.

Audios:  Entrevista de   Andre en Radio Filispim a  Xan e Inacio participantes na marcha a Gaza.

A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  (Nicola Piova) ;     Cumbia  palestina ; Tema creado por Oscar Fojo para o acto do 7-5-25 en Fiada. 

21 junho, 2025

O Faladoiro nº 9 . A Pobreza (17/6/2025).


A Pobreza. 

Dun ou doutro xeito, con maior ou menor grao, o certo é que a Pobreza está presente en todo o planeta. 8.500 nenos e nenas morren cada día no mundo a causa da desnutrición, sendo o número de famentos 800 millóns. 

En "O Faladoiro de FilispiM" profundamos nesta inxustiza, nesta traxedia, coas persoas convidadas: Soledad Lucero (Asociacion de Movilidad Humana - Galicia /Hasta que a Dignidade sexa costume), Guillermo Leira (Cáritas de Canido) e Gabriel Tizon, o noso prestixioso fotoperiodista. 

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails