Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Novas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Novas. Mostrar todas as postagens

26 janeiro, 2015

Ferrol, Eume e Ortegal, terceiras (comezando polo final) no uso monolingüe do galego.

No tempo de informativos locais da Rádio FilispiM, oferecemos uma breve extração dos dados estatísticos publicados em dezembro de 2014 pelo Instituto Galego de Estatística sobre o uso e competência em língua galega na nossa Comarca.


Informou Antía, para os informativos locais da libre de Ferrol.

12 janeiro, 2015

Cultura en Ferrol. Audacia fronte mezquindade.




Germán Coppini deu un concerto no Teatro Jofre de Ferrol o pasado sábado 18 de abril de 2009, xunto a Comando Delta,  que vén de ser publicado en CD e vinilo, baixo o título de "Semper Audax" (Lemuria Discos) no que Coppini xunto a unha sección da Orquestra OMEGa (Orquestra de Música Espontánea de Galicia) repasa temas de Golpes Bajos, baixo un prisma novidoso onde a espontaneidade é a protagonista. Desafortunadamente, Coppini, faleceu o pasado decembro de 2013; vén de cumprirse un ano do seu pasamento.

Froito das circunstancias, si, mais o certo é que houbo un tempo non moi lonxano en que a programación cultural en Ferrol foi audaz e adiantouse ao futuro con formatos novidosos. Iso é facer cultura, apostar, sorprender. O produto daquel "atrevemento" poderá ser disfrutado hoxe en calquer parte do mundo, coa marca Ferrol por diante.

Paradoxo do presente, a actividade promotora que deu vida a aquela iniciativa, a Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol, non conta con apoio algún do actual grupo de goberno do PP na cidade, máis ben cunha chea de atrancos. Según verbas dun dos seus promotores, o profesor Guillermo Ferrández, na última das súas edicións, a sétima, en abril de 2014, "Xa non é que desde o departamento de Cultura do Concello de Ferrol, non nos dean axudas, senón que, directamente, nos negan poder actuar en espazos públicos coma os mercados, Ferrol Vello e a praza de Canido. Fixemos a solicitude en tempo e forma e denegóusenos. Se a sétima edición da Semana da Poexía Salvaxe celebrouse foi grazas a veciñanza. A actitude do Concello é sorprendente, máxime cando parece que nos pón paos nas rodas".

Non esquecemos a notoria persecución de carácter político ao Ateneo Ferrolán, que estivo en serias dificultades por mór dunhas obras contratadas e dirixidas desde o Concello. Actualmente, grazas ao bon facer da súa directiva e soci@s, afronta as difucultades con audacia sen deixar de ofertar Cultura con maiusculas, que volve situar a Ferrol no mapa por razóns de novo extraordinarias, coma aconteceu na organización do Congreso adicado a centenaria figura de Hildegart Rodríguez Carballeira, celebrado no mes de decembro de 2014 na súa sede da rúa Madalena. O certo é que o titular de cultura do Concello de Ferrol, Manuel Reyes García-Hurtado, non acudiu a ningunha das numerosas ponencias das Xornadas. Lembramos que o Ateneo Ferrolán, coma institución privada centenaria, é patrimonio cultural de tod@s @s ferroláns, incluidos eles.

En resumidas contas, audacia fronte mezquindade.

Informou o Pequeno Monstro para a libre e comunitaria de Ferrol, Rádio FilispiM.

09 janeiro, 2015

O fin do veto a construcción civil en Navantia, chegou polo Nadal.


O fin do veto a construcción civil en Navantia, chegou polo Nadal.

O fin do veto á construción civil de Navantia chegou tarde, cuns estaleiros fóra de xogo do duro mercado internacional, coas gruas paradas e cunha boa parte da man de obra formando parte das listas de desemprego.  A pesar da esperanza que xera a posibilidade de que as antiguas Astano e Bazán poidan volver a construcción civil e do "navideño" anuncio do vicepresidente da Comisión Europea (CE) e responsable de Competencia, Joaquín Almunia, a sensación entre o cadro de persoal é que se trata unicamente dunha medida de distracción... 

Mais, que aconteu dende aquel primer veto, hai trinta anos, até hoxe? (...) -escoita o audio-

 

O fin da veto a construcción civil chegou polo Nadal. Dende os Informativos de Rádio FilispiM, animamos aos Xestores mediocres do público a marchar, para que a oportunicade de volver a producir e ser competitivos se poida materializar dende xa.

Informou o Pequeno Monstro para libre e comunitaria de Ferrol, Rádio FilispiM, 93.9 FM

16 dezembro, 2014

As mariscadoras e mariscadores sen carné da Ría de Ferrol seguen na luita.


Semana de dura represión e mobilización para @s mariscador@s sen carné.

O pasado mércores 26 de novembro concentráronse ás once da mañá diante do edificio da Xunta en Ferrol. Unha vez alí, conseguiron reunirse cunha representante da Consellería do Medio Rural e do Mar, sen que este conseguise satisfacer as súas demandas.

Mentres a Xunta e o Concello seguen a marear a perdiz con vagas promesas de entregas de carné, a Policía Autonómica segue a reprimir a este colectivo, nunha semana de forte despliegue policial.

Súmaselle a isto a presión mediática, cando informativos como os da TVG califican ao colectivo de "banda criminal organizada".

Ante isto, o colectivo continuou mobilizándose nas rúas. Na mañá do xoves 11 de decembro estiveron apoiando a acampada que as traballadoras de Cleanet (servizo de limpeza dos Arsenais) manteñen no Cantón frente a porta do Arsenal, por impago dos seus salarios. Na tarde dese mesmo día, confluiron todas e todos eles na protesta de recibimento a Núñez Feijoo quen, ao final, non apareceu.

 Sergio e o Pequeno Monstro para os informativos locais da libre de Ferrol.


12 dezembro, 2014

Amarra o teu Futuro, este sábado 13 de decembro, cadea humana en As Pías.

A CIG chama a participación este sábado 13 de decembro  na acción “Amarra o teu Futuro”.
Dous barcos de porespán serán "botados" ao ár mediante globos dende pontos opostos da Ponte das Pías. Unha vez no auga atoparanse no medio da Ponte, mentres unha cadea humana atravesa a vía que une Fene e Ferrol, ás dúas beiras da Ría que acollen os estaleiros públicos galegos.
Esta é a descripción do acto central que a CIG vai desenvolver este sábado, 13 de decembro, en demanda de medidas políticas urxentes para paliar a situación de emerxencia social que padece Ferrolterra.

Dende o sindicato galego, fan un chamamento público a participar masivamente no acto. Para iso, convidan as persoas participantes a reunirse antes das doce do mediodía do sábado 13 de decembro en dous únicos puntos: a gasolineira que hai na entrada da ponte vindo dende Ferrol e na explanada de San Valentín para as persoas que se acheguen dende Fene. Dende eses dous puntos irase despregando a cadea humana até atoparse no medio da ponte das Pías, lugar onde se realizará o acto central da acción “Amarra o teu Futuro".
Nos informativos locais de Rádio Filispim ouvimos de seguido o audio, elaborado polo sindicato galego CIG, convidando a participar nesta orixinal iniciativa reivindicativa o sábado 13 de decembro a partir das 12:00 h.
Para os informativos locais da libre de Ferrol, informou Ana Lucecú, Antía Cortiças e o Pequeno Monstro.

Efusivo recibimento a um Presidente ausente


Este Joves 11 de dezembro, às seis da tarde, estava convocado um recibimento a Nunhez Feijoo,  presidente da Junta da Galiza frente ao Teatro Jofre de Ferrol.

O Presidente devia acudir a Ferrol para a entrega dos prêmios "Jovem Empresário de Galicia" mas finalmente nom acudiu à cita na que o estabam aguardando.

Baixo o controlo dum forte dispositivo policial, umhas 200 pessoas entre as que destacabam mariscadoras sem carnet, trabalhadoras do Naval e as empregadas em greve de Cleanet, reunidas frente ao teatro ferrolám, fixérom-se escuitar com berros e consignas contra o mesmo Feijoo e as diferentes políticas do governo do Partido Popular e as suas consequências.

Ainda que o Presidente da Junta nom assistiu ao acto, quem sí assistiu foi o conselheiro de Economia e Indústria, Francisco Conde, que chegou tarde e as agachadas, igual que o Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, que entrou ao Teatro pola porta de atrás.

Informou CHOLO para os Informativos Locais de Rádio FilispiM

27 novembro, 2014

As orixes ferrolás das CC.OO, fala Rafael Pillado.

Audio tirado da charla que Rafael Pillado deu o pasado 21/11/2014 na sede do sindicato en Ferrol, verbo das orixes das CC.OO. Pillado, que en 1979 fora elixido lider do Partido Comunista en Galicia, conta en primeira persoa o nacemento das CC.OO. En Marzo do 1972, Pillado e Julio Aneiros foran protagonistas, xunto un moitos traballadores dos asteleiros ferroláns, dos tráxicos sucesos daquel mes, nos que a policia española e fascista asasinaba aos traballadores Amador e Daniel, rematando eles dous en prisión no que foi o inicio dunha espiral de represión...


Podes ouvir a charla completa (e posterior coloquio con Eugenio Pereiro e público), aquí: http://www.ivoox.com/charla-rafael-pillado (en breve emisión da charla completa no tempo de "Programas Especiais", sábados as 18:00 h.)

Redacción Informativos, Rádio FilispiM.

21 novembro, 2014

FilispiM vai á Fundaçom Artábria. Gravación ao vivo este venres, as 20:00 h. no local social de Artábria.

O Colectivo Opaíí! apresenta unha nova edición do ciclo "FilispiM vai..."

FilispiM vai... á Fundaçom Artábria. Programa especial adicado á asociación cultural, realizado ao vivo dende o seu local social, na Travesía de Batallóns, 7 - Esteiro (Ferrol), perto da Biblioteca do Patín. Coas actuacións especiais dos músicos Oscar Fojo e Cächi Xefe Indio.

Acude a gravación en vivo do programa especial, este venres 21 de novembro entre as 20:00 e as 22:00 h. (prégase achegarse con antelación).

E, ao día seguinte, sábado, ás 19:00 hr. escoita a emisión do programa en Rádio FilispiM, 93.9 FM (para todo o mundo vía streaming, en: http://opaii.blogspot.com/).

O ciclo de programas "FilispiM vai..." é unha outra aventura do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, para achegar o medio libre e comunitario aos colectivos e espazos sociais da nosa contorna.

FilispiM vai; vén ti!

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/558781240920348/?pnref=story

20 novembro, 2014

O 29-N vou a Compostela porque me sae do peito (chamamento, versión radio)

O próximo 29 de Novembro as Marchas da Dignidade encherán a Praza do Obradoiro en Compostela (Galiza) para reclamar "PAN, TRABALLO E TEITO". 

Neste audio, persoas vinculadas a diversas organizacións sociais, sindicais, políticas e outras directamente afectas pola situación ou indignadas, fan un chamamento á toda a cidadanía galega para que saia á rúa a reclamar o que lle pertence.


Audio tirado, e editado para os informativos da Filispim, do video: https://www.youtube.com/
+ info: http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Redacción Informativos Rádio FilispiM.

16 novembro, 2014

Marchas de Dignidade, 29-N "Toma o Obradoiro". Cap.1. Quen son?

O pasado venres 14 de novembro de 2014, o programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros,  realizou un especial adicado a convocatoria do 29-N, Marchas da Dignidade, "Toma o Obradoiro". Dende a redacción de Informativos comezamos hoxe tres capítulos adicados a saber máis sobre o este moviemento cívico estatal.

Nesta primeira entrega escoitamos a Daniel Melcón, da Columa do bairro de Caranza en Ferrol (integrada na Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra) e a Santiago Lamelo, da Fronte Cívica de A Coruña. Fálannos das orixes deste movimento cívico cidadá, de quen o conforma e das pasadas  mobilizacións (22-M e 21-X).


Pequeno Monstro
Redacción Informativos Rádio FilispiM, 93.9 FM.

14 novembro, 2014

@s traballador@s irregulares da ría de Ferrol denuncian a súa criminalización.

"Isto vai a pior, non hai ningúen que se sente e que poña unha solución riba da mesa, cada vez hai máis xente no paro, na ría, sen recursos. Estamos abocados a isto, ao paro. Nin clases altas, nen clases medias... todo para abaixo". Con ista claridade expresábase unha pequena representación do cada vez máis numeroso grupo de traballador@s irregulares da ría de Ferrol, no descorrer da emisión do programa Escarnio da Rádio FilispiM. Entre trescentas e catrocentas persoas recorren aos froitos da ría, coma último recurso, ante a falla de perspectivas laborais ou prestacións das Admóns, co telón de fondo da realidade cotiá da cidade con maior taxa de paro do país, Ferrol.

No transcorrer da longa e intensa charla, os traballadores irregulares da ría, denunciaron trato denigrante por parte da policía, nos cada vez máis frecuentes operativos da Xunta e "forzas do orde". "Danche un chuvasqueiro do `Capitán Pescanova´, ou vas nú para casa", denuncian. Ademáis falan de atribucións de incautacións que non se corresponden coa realidade e que non se lles da recibo do incautado, entre o que se atopa útis de traballo e roupa de mar. Conclúen que as Autoridades (Xunta e policía) están interesadas en crear unha alarma social para lograr que o agora mesmo considerado coma falta administrativa pase a "resoverse" coma ser fór un delicto, pola vía penal. Ante esta situación, veñen de organizarse en Asembleas para chamar a atención sobre o que está a acontecer.

Ouvimos un pequeno extracto da longa charla. O audio íntegro, pode escoitarse aquí: http://opaii.blogspot.com.es/2014/11/xa-podedes-escoitar-o-4-programa-de.html


Redacción de Informativos, Rádio FilispiM.

43 xovenes estudantes de maxisterio asasinados pola policia e a mafia en Iguala, México.

Tras recibir órdes do poder político e dun lider narco, a policía entrega a un grupo de sicarios a 43 xovenes estudiantes de maxisterio para que sexan executados dun tiro na nuca e calcinados nunha pira de lixo. Esto que pode parecer o argumento dun filme do máis absoluto dos horrores, forma parte da actualidade do estado de Iguala, cidade ao norde do estado de Guerrero, en México. No tempo de información local de Rádio FilispiM, Miguel Castro oferécenos unha nova de carácter internacional, baixo a reflexión de José Torregrosa, emitida orixinalmente no programa O Recuncho que emite esta radio.


Redacción Informativos, Rádio FilispiM.

03 novembro, 2014

Boletín Informativo (Parte de Guerra, nº 3) Escarnio.


Coma todas as semanas, nos Informativos da Rádio FilispiM rescatamos o Boletín informativo (Parte de Guerra nº 3) emitido dentro do programa Escarnio, coas novas máis salientábeis do local ao internacional, máis unha análise da organización e incidencia da pasada folga estudiantil na nosa bisbarra.



Redacción Informativos de Rádio FilispiM

O sindicato COG (Central Obreira Galega) acada un excelente resultado en Mercadona


Pese as presións da empresa e dos sindicatos maioritarios a sección sindical da COG en Mercadona, (Central Obreira Galega), vén de acadar un estupendo apoio entre o cadro de persoal,  nas eleccións a representantes sindicais no potente e influinte grupo empresarial Mercadona na provincia de A Coruña. Na última edición do programa Escarnio, conversaron con André, un dos novos delegados da COG, quen avaliou este resultado e puxo de manifesto os compadreos entre as "forzas sindicais clásicas" coa empresa, explicando como acabou marchando das CC.OO. para integrarse na COG co obxecto de poder asumir unha delegación sindical coherente coa defensa dos traballadores. Escoitamos un extracto dese audio...



Redacción Informativos Rádio FilispiM.

15 anos da Fundaçom Artábria, documentário (cortes 4, 5 e 6)


Continúan os ecos da apresentación, o pasado 24 de outubro de 2014, do documentario "15 anos da Fundaçom Artábria". Neste boletín informativo da FilispiM oferecémosmos tres novos cortes de audios gravados durante o acto da apresentación nos cinemas Dúples de Esteiro-Ferrol.

Aproveitamos para confirmar a celebración do vindeiro programa especial "FilispiM vai..." no local da Fundaçom Artábria, o venres 21 de novembro de 2014, entre as 20:00 e 22:00 h. A gravación do programa será pública e a entrada de balde. Ampliaremos info neste mesmo blog, en breve.







Redacción Informativos da Rádio FilispiM.

28 outubro, 2014

"Carne Cruda" e Javier Gallego aterran na libre de Ferrol, Rádio FilispiM, 93.9 FM


Carne Cruda, o estupendo programa de Javier Gallego, volve a carga dende eldiario.es. Logo de ter probado sorte na radio pública e na radio privada, cren na necesidade de independizarse e pedir aos ouvintes que sexan os propios produtores do espazo. Neste enlace atoparás toda a info de como contribuir a darlle continuidade ao máis crudo programa de radio.

Dende xa, Rádio FilispiM, vai redifudir os podcast do programa, enlazadoa orixinalmente en: http://www.carnecruda.es/. Grazas a disposición de Javier "Crudo" e a súa equipa, aa radios libres e comunitarias do Estado daremos difusión a este estupendo programa gañador do premio Ondas 2012, ao mellor programa de radio.

Toma nota da difusión de Carne Cruda na Rádio FilispiM, 93.9 FM:
  •  Mércores, de 10:00 a 12:00 h. do mediodía.
  •  Domingos, de 21:00 á 23:00 h. da noite.

26 outubro, 2014

Apressentouse o documentário "15 anos da Fundaçom Artábria".

Dentro das atividades do seu XVI aniversário a passada sexta-feira, 24 de outubro, às 20.00hs, os cinemas Duplex de Ferrol acolherom a estreia do documentário "15 anos da Fundaçom Artábria". A entrada foi livre até que se completou o aforo.
Este projeto audiovisual estivo financiado popularmente através de umha campanha de crowfunding, que permitiu recolher os fundos necessários para levar adiante este trabalho.
No documentário participam ativistas que realizarom trabalho na Fundaçom Artábria desde a decáda de 90 até o dia hoje, dando umha visom histórica dos 15 anos, que já som 16, da entidade. A obra que se apressentou vai ser editada em formato DVD com umha versom extendida que contará com subtítulos em diferentes línguas entre elas catalám, inglês ou castelám.
O documentário foi realizado por Xosé Antom Moure, ganhador do Mestre Mateu 2008, ao melhor programa de televisom galego.

Boa parte do tecido cultural e social da cidade acudiu à estreia. Foi o caso da AC Fuco Buxán, o Ateneu Ferrolano, Medúlio, Rádio Filispim, CNT, Associaçom de Vizinhança de Esteiro, Esquerda Unida, NÓS-Unidade Popular, AGAL ou BRIGA.
Nos informativos da Rádio FilispiM, livre de Ferrol, oferecémosvos umha serie de mini reportagems coas vozes que protagonizan o documentário, gravadas a passada sexta feira no descorrer da súa apressentaçom nos cinemas Duplex de Esteiro-Ferrol... 



Informou o Pequeno Monstro,
Informativos da Rádio FilispiM, livre de Ferrol.

24 outubro, 2014

Xaquín García Sinde, vetado polo CNI en Navantia.

Extracto da entrevista realizada a Xaquín García Sinde, enxeñeiro técnico e integrante de CC.OO. (sector crítico) quen foi vetado polo CNI (Centro Nacional de Inteligencia español) na libre circulación polas instalacións de Navantia, ao serlle denegada a "Habilitación de Personal de Seguridad" (HPS) que tiña solicitada. García Sinde traballa nos asteleiros de Navantia-Ferrol dende hai 34 anos, e nunca foi amonestado nin expedientado, non ten antecedentes penais e nen sequer foi detido. Según a normativa vixente, a acreditación HPS pódese denegar a quen "demostrou, de obra ou palabra, falta de honradez, deslealdade, falta de fiabilidade, non ser de confianza ou indiscreción".


Fonte do audio: programa O Recuncho (mércores, 22/10/2014).

Redacción Informativos de Rádio FilispiM.

O doutor Antonio García Jimenez fala da Sanidade Pública e do évola.

Extracto da entrevista realizada ao Doutor Antonio García Jiménez, ao respeito da Sanidade Pública, universal e gratuita, así como das infeccións polo virus évola. Audio tirado do programa O Recuncho do mércores 15 de outono de 2014.



Redacción informativos locais de Rádio FilispiM.

22 outubro, 2014

Boletín Informativo do programa Escarnio (16/10/2014).


Oferecémosvos o boletín informativo ("Parte de Guerra") do programa Escarnio, emitido na Rádio Filispim o pasado xoves 16 de outono de 2014, que a partires de hoxe incorpórase aos contidos dos Informativos da radio libre e comunitaria de Ferrol.



Redacción Informativos locais, RFM.
Related Posts with Thumbnails