Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Novas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Novas. Mostrar todas as postagens

18 outubro, 2014

XV Sesión Vermú da Rádio FilispiM, presentación 10ª grella, 2014/2015


Iniciada a décima grella de Rádio FilispiM, 93.9 FM, retomamos un dos nosos encontros clásicos coa comunidade "ferrolterráquea", a Sesión Vermú. 

A XV Sesión Vermú da Rádio FilispiM, acontecerá este sábado 18 de outubro de 12:00 a 15:00 h, na traseira do Mercado de Caranza. Contaremos coa actuación do grupo de música tradicional, "Vai Rañala Meu". 

Durante as tres horas emitirase un programa de radio especial ao través do 93.9 FM, donde as voces habituais da radio libre, falarán das súas propostas radiofónicas para este novo curso radiofónico. A festa da radio libre acompañarase de saborosos petiscos, cervexas, vermú, música en directo, así como dun sorteo de camisolas co logo da radio.

Como ao inicio de cada grella, o Colectivo Opaii!- Rádio FilispiM, oferece a comunidade a posiblidade de involucrarse no proxecto. As persoas interesadas deben enviar as súas propostas ao enderezo filispina@gmail.com .No apartado “Quen Somos?” do blog do Colectivo Opaíí!, atópase información sobre o ideario fundacional desta iniciativa cidadá.

No mes de agosto de 2015 Rádio FilispiM cumprirá 10 anos de emisións initerrompidas. A paixón por unha radio non convencional, autoxestionada, creativa, comprometida e con vocación local, fixeron que nestes anos pasaran polo seu estudio (primeiro no Ateneo e agora en Caranza) centos de persoas radioapaixoadas, así coma dúcias de colectivos e do tecido asociativo da nosa comarca.

Este sábado 18 de outubro entre as 12:00 e 15:00 h. da tarde, pasa pola traseira do Mercado de Caranza e toma un vermú na festa da radio libre!!

Promo (version 1)

Promo (version 2)

15 outubro, 2014

Escarnio! Xa podedes escoitar o segundo programa

Xa podedes escoitar o segudo programa do recentemente estreado Escarnio! Desta vez, centramos o análise principal na vindeira folga estudantil dos días 21, 22 e 23 de outubro. Debatemos sobre as súas causas, obxectivos, métodos, etc. Contamos temén coa intervención telefónica en directo de estudantes doutros puntos do Estado implicados na organización desta importante cita para o estudantado.

Ademais, contades co espazo informativo onde enterarvos das novas que non lle oiredes a Matías Prats, así como a sección cultural con novas recomendacións para disfrutar esta semana.

Quenes escoitárades o primeiro programa, non perdades as novidades e innovacións que vos traemos neste. E lembrade que podedes enviar as vosas achegas e comentarios ao noso correo radioescarnio@gmail.com




Escoita, participa e súmate ao Escarnio!

Fe de erratas: Dise nun momento dado que a reemisión é os luns ás 11:30, cando en realidade é ás 11:00.

13 outubro, 2014

Mohamed Safa ofereceu unha conferencia na Galería Sargadelos.


O pasado 21 de setembro as 20.00 h, Mohamed Safa, ex delegado da OLP (Organización para a Liberación de Palestina), ofereceu unha conferencia na Galería Sargadelos de Ferrol, baixo o título “Palestina, despois da ocupación". Este é un extracto da palestra...

Toma de son: Rádio FilispiM.
Redacción Informativos Rádio FilispiM.

A xestión pública do auga en Ferrol.


O pasado mércores, 8 de outubro de 2014, tivo lugar unha nova edición de O Recuncho, o programa da A.C. Fuco Buxán, ao través de 93.9 FM Ràdio FilispiM. Coma convidados estiveron  Alexandre Carrodeguas (Verdegaia) e Ernesto Lópes “Nes” (ADEGA), integrantes da Plataforma para Xestión Pública da Auga e Saneamento da Ría de Ferrol. Nos informativos de Rádio Filispim, rescatamos parte das súas intervencións...

Redacción Informativos Rádio FilispiM.

20 setembro, 2014

Concentración en Apoio ao Ateneo Ferrolán, 16/09/2014. Recortes sonoros.


O pasado martes 16 de setembro de 2014, máis de 500 persoas achegáronse a Praza do Concello de Ferrol para APOIAR ao Ateneo Ferrolán, fronte ao acoso do actual goberno do PP en Ferrol, co seu Alcalde, José Manuel Rey Varela como máximo responsábel. O acto serviu para constatar a concienciación da cidadanía, ante a desfeita e mala fé co tecido cultural, por parte de Manuel Reyes-Hurtado, Concelleiro de Cultura. Un auténtico despropósito sen precendentes, canto a xestión cultural e relación coas Asociacións e Colectivos, que pasará a historia por "inesquecíbel", unha auténtica filigrana do enredo.

A presente reportaxe sonora, rexistrada pola equipa de Informativos de Rádio FilispiM, 93.9 FM, libre e comunitaria,  recolle as opinións de cidadáns e cidadás, comunicados dalgúns dos colectivos e asociacións que participaron no acto, da representante da sección sindical da CNT, do presidente do Ateneo, así coma o Manifesto da asinado polo Ateneo e refrendado por numerosos colectivos.

Recortes sonoros (1). 
- Guillermo, un cidadá. 
- Ismael e Mónica, cidadás.
- Fer, integrante de Fuco Buxán, Colectivo Opai!!-Rádio FilispiM e Ateneo Ferrolán. 


Recortes sonoros (2). 
- Comunicado integrante da Asociación Memoria Histórica Democrática (extracto).
- Comunicado Sección Sindical CNT no Ateneo.
- Eliseo Fernández, presidente do Ateneo Ferrolán. 


Recortes sonoros (3). 
- Manifesto do Ateneo Ferrolán, lido pola integrante da Asociación, Ángeles Seoane.
- Helga, actriz e integrante do Ateneo. Canto de Amor e Liberdade (letra de Nina Simone).

- Voces das persoas asistentes: "Non ao roubo do Ateneo!!!!!".
Recortes sonoros (4). 
- Karloti, Guillermo, José Luis e Manolo, cidadáns. 
- Aina e Gabi, meniñ@s (5 e 6 anos respeitivamente). 
- Gloria e Manola, cidadás maiores. 
- Carmen, cidadá. 


+ info: campaña http://salvemosoateneo.blogspot.com

Redacción informativos Rádio FilispiM.

18 setembro, 2014

O Recuncho nº 198



Mércores, 17 de setembro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 198, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitados: Paula Meizoso e Fernando Ribera, directivos do Ateneo Ferrolán.
Na “Sección Poética” : Mª do Carme Kruckenberg
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: Zuzana Navarová
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

05 julho, 2014

I Sesión Golfa de Rádio FilispiM. Fin de Grella, 2013/2014


Este venres 4 de xullo na traseira do Mercado de Caranza, de 20:00 a 23:00 h, acontecerá a 1ª "Sesión Golfa" do Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM.

Durante tres horas realizaremos un programa de radio en vivo e directo donde moitos dos programas de Rádio FilispiM, e persoas do Colectivo Opaii!, avaliarán o curso radiofónico que vén de findar.

Ademáis, por vez primeira, Batalla de Dj,s Filispinianos. O rock, trash-rock,  punk, o pop, ska, folk, fusión, a música disco... e todos os estilos musicais que enchen a grella da Filispim, protagonizarán este batalla de Dj,s, "comandada" polas persoas que dan voz a programación habitual da radio libre e comunitaria de Ferrol.

Como non podía ser menos, non faltará a rica cervexa, saboroso calimotxo, e refrescos... e, como non, os nosos xa famosos e saborosos pinchos!!!.  Ademáis, durante o programa especial realizanse sorteo de camisolas filispininas!!. 

As "Sesións Golfas" pretenden ser ser un espazo de ousadía, rebeldía, contestación radiofónica, desenfado e bo humor, dende as ondas libres e comunitarias da Terra de Trasancos, Rádio FilispiM, 93.9 FM.

Este venres, de 8 a 11 da noite, na Traseira do Mercado de Caranza, pásate pola radio libre e tómate algo, golf@!.


03 julho, 2014

O Recuncho nº 189


Mércores, 2 de xullo de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. Até o fin de Agosto, cada mércores emitimos unha grabación con novos temas ou recopilación de programas anteriores.
O Recuncho” nº 189, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Reposición do programa máis escoitado da historia de O Recuncho : “Especial Eleccións Parlamento Europeo” Tertulia do programa nº 184 (do pasado 28 de maio) cos seguintes Invitados: Beatriz Sestayo (PS d G-PSOE), Manel Cardoso (AGE), Mercedes Tobío (BNG), José Antonio Santiago (Podemos)
Novas e comunicados de actualidade
Música: Luar na Lubre.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com

12 junho, 2014

O Recuncho nº 186


Mércores, 11 de xuño de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 186, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitada: Tareixa Pereiro, do Grupo de Traballo da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”O Tratado Trasatlántico de Comercio, USA-UE ”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Maite Dacosta.
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música: Deolinda
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

14 maio, 2014

O Recuncho nº 183


Mércores, 14 de maio de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 183 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Miguel Castro Serantes, para presentar a Producción de Teatro Radiofónico “Crónicas Republicanas”
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ” A crítica situación de Lazos pro soliedaridade ”
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Xosé Mª Díaz Castro. Letras Galegas 2014.
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
Música: Cenpés
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

08 maio, 2014

O Recuncho nº 182


Mércores, 7 de maio de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 182, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Luis Calvo da Asociación Cultural CONXEITO.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Gabriel Toimil ”
Na “Sección Poética” : Julio Ameller, poeta boliviano.
Os libros comentados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, porLucía Vizoso.
Música: Paco Ibáñez
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

30 abril, 2014

Rádio FilispiM nominada aos Premios Luceira de Comunicación Social de Galicia.


O Colectivo Opaii!-Rádio FilispiM vén de ser nominado aos Premios Luceira de Comunicación Social de Galicia.

Convocados por a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento xunto coa Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia), o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMi Galicia), a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Asemblea de Cooperación pola Paz(ACPP), coma entidades do Terceiro Sector que apostan por iniciativas de comunicación con vocación social.

O obxectivo dos Premios Luceira é "visibilizar e poñer en valor propostas de comunicación en Galicia que están a dar cobertura ás temáticas do eido social baixo un enfoque de calidade, análise, reflexión e participación da sociedade. Ademais, con este premio pretendemos motivar aos distintos medios de comunicación galegos a reflexionar sobre o tratamento informativo que están a dar actualmente sobre as temáticas sociais, aquelas que afectan directamente ás vidas das persoas."

Como votar pola candidatura de Rádio FilispiM?. Até o 30 de abril, ao través deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/1QuGvMx9tvQj78420_sUDCkekoWWQjZDOtcRpD-8gBTc/viewform

+ info: http://galiciasolidaria.org/contenido.php?idget=noticias&id=not20140404103010

Difunde esta nova!!

Obrigad@s!!

25 abril, 2014

Rádio FilispiM vai... a Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.


Rádio FilispiM vai... á Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. 

Programa especial realizado desde a biblioteca da Escola Oficial de Idiomas da nosa cidade, coa participación especial do Departamento de Portugués para conmemorarmos o 25 de Abril. Ademáis contaremos coa actuación especial do cantor Jorge Mirancos.

      Acude a gravación en vivo do programa especial o v
enres 25 de Abril a partir das 17:00 h (prégase puntualidade).


      Escoita a emisión do programa en Rádio FilispiM, 93.9 FM e para todo o mundo, vía streaming (http://opaii.blogspot.comos días:
  •  Venres a partir das 20:00 h.
  •  Sábado a partir das 19:00 h. 
O ciclo de programas "FilispiM vai..." é unha outra aventura comunitaria do Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, para achegar o medio libre e comunitario aos colectivos e espazos do noso entorno.

FilispiM vai; vén ti!


+ info:
Podes ver imaxes do"FilispiM vai á E.O.I de Ferrol", aquí: https://www.facebook.com/radiofilispim.opaii/media_set?set=a.10202021226000051.1468153325&type=3

En breves colgaremos o audio...

10 abril, 2014

O Recuncho nº 180


Mércores, 9 de de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 180, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Eliseo Fernández, Presidente do Ateneo Ferrolán, para comentar a situación e proxectos da Entidade.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”Esperanza Aguirre, cortina de humo ”
Na “Sección Poética” : Xurxo Gago
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música:
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040
 

04 abril, 2014

O Recuncho nº 179


Mércores, 2 de abril de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
O Recuncho” nº 179, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Miguel Reimúndez, arquitecto: O urbanismo en Ferrol Vello.
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Francisca Herrera Garrido
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música:
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

31 março, 2014

Manifestación en apoio ao Naval en Ferrol, 30/03/2014.


Milleiros de persoas da comarca déronse cita o domingo 30 de marzo de 2014 en Ferrol, nunha nova manifestación para reclamar carga de traballo para os Asteleiros de Navantia e dicir non ao veto que a Unión Europeia mantén canto a construzón naval civil.  O pasotismo da clase política que actualmente ten as fórmulas para mudar esta situación é abafante (o PP goberna no Concello, na Comunidade Autónoma e en Madrid).

Numerosas organizacións, políticas da esquerda, socialdemócratas, ademais de sindicatos e colectivos (coma o bloco das Marchas da Dignidade na comarca) uniron a súa voz para reclamar, unha vez máis, carga de traballo para os Asteleiros da nosa Comarca.

Ouvimos parte do comunicado final...


Redacción Informativos Locais de Rádio FilispiM

20 março, 2014

O recuncho nº 177


Mércores, 19 de marzo de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 177, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: André Martínez Cés, da Marcha pola Dignidade – Ferrolterra: “22 M, tod@s a Madrid”
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa.
Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Leopoldo María Panero
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música:
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

09 março, 2014

II Jornadas en conmemoraçom do 10 de Março do 1972, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).


II Jornadas en conmemoraçom do 10 de Março do 1972, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol). 11, 13, 14 e 15 de Março, 2014.

10 de Marzo de 1972, unha data clave para para a historia obreira galega. 

Dentro e fóra da factoría loitábase por una mellora salarial e das condicións laborais, que naquel momento consistian en longas xornadas de doce horas que se cobraban como se foran de oito. Aquelas mobilizacións comarcais tiveron como ponto de inflexión o asasinato o 10 de Marzo do 72, por parte da policía franquista, de Amador e Daniel e de centos de traballadores feridos nas rúas de Ferrol. Istes acontecementos trascenderon na historia sendo a data do 10 de Marzo do 72, lembrada para sempre, na luita obreira da cidade e mesmo de todo Estado español. É de remarcar o nível de solidariedade e unidade acadado por todos os traballadores da factoría e de de fóra dela, cando milleiros de asalariados da comarca camiñaban xuntos nunha mesma dirección, en prol do progreso persoal e colectivo.

A propósito desta data, en conmemoración dela, o Colectivo Chimarrao (Bertón-Ferrol) vén de organizar unhas II Xornadas, baixo o título: "1972-2014. Reencaminhando as luitas obreiras". Sobre destas Xornadas, como xurden e como se plantexan, falánnos Paki e máis Fran, dous dos integrantes do Colectivo Chimarrao. O audio está tirado do programa de Rádio FilispiM, Divertimento para pequenos monstros. (escoita neste enlace a entrevista completa).

Redacción Informativos Rádio Filispim 


Cunha radio:

06 março, 2014

II Jornadas do 10 de Marzo, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).




II Jornadas do 10 de Marzo, Colectivo Chimarrao (Bertom-Ferrol).
1972 - 2014: Reencaminhando as luitas obreiras

Este ano as jornadas organizadas polo Coletivo Chimarrao em comemoraçom do 10 Março do 72 constarám de diversas atividades ao longo da se gunda semana de Março.

Empezaremos a terça 11 de Março às 19:00 horas na A.V. de Esteiro (Rua Fernando VI no bloque I), com umha palestra baixo o título "Autoorganizaçom obreira, sujeito, modelo, alcance e repressom", na que intervirám: Xam Lopes, Fernando Ramos Armesto e um membro da CNT.

Seguiremos a quinta 13 de Março às 19:00 horas no Ateneo Ferrolám (Rua Magdalena 202-204), com outra palestra entitulada "Dinamizaçom da luita obreira", em ela falarám-nós Inácio Mártinez e um membro da CNT.

Continuaremos a sexta 14 de Março às 19:00 horas na Galeria Sargadelos (Rua Rubalcaba 30-32) com a última das palestras baixo o nome "Discriminaçom sexual por grémios e sexualizaçom do trabalho", como ponhentes teremos a Lupe Cés e Lola Ferreiro.

Para rematar o Sábado 15 de Março às 21:00 (sede pontuais) teremos no Bar Chimarrao (Rua sartanha 61) o concerto de Machina e Savonarola. A entrada será de balde.
Evento no facebook:
coletivochimarrao@gmail.com
www.facebook.com/coletivo.chimarrao

Fonte: Colectivo Chimarrao - Ferrol
Audios: informativos de Rádio FilispiM.

Nova completa:

Cunha radio:

04 março, 2014

Manifestación e Asembleas em Ferrol em apoio as Marchas da Dignidade


O mércores 26 de febreiro celebrouse a manifestación em apoio às Marchas da Dignidade em ferrolterra, umha manifestación simultánea nas sete cidades principais de Galiza. Ao remate da mesma, fíxose un chamamento a participar na mobilización convocada, para ao día seguinte, pola Alianza Social Galega. Também se convocou para o luns 3 de Marzo às 18:00 h. no Centro cívico de Caranza a unha Asemblea aberta das Marchas en Ferrolterra para continuar coa organización da participación de Ferrolterra nas Marchas da Dignidade o vindeiro 22 de Marzo en Madrid.

De seguido, ouvimos o manifesto lido o pasado 26 de febreiro de 2014 ao finalizar a manifestación de Ferrol em apoio as Marchas da Dignidade.

Related Posts with Thumbnails