Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Mostrando postagens com marcador Audios. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Audios. Mostrar todas as postagens

30 outubro, 2012

OFF MENTAL [músicas sen fronteiras] programa 38

Edición nº 38 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM, 93.9 FM.
Neste programa realizamos un triple salto mortal: CASSELL WEBB, CRAIG LEON e ADRIAN BORLAND.

Músicas:
- CASSELL WEBB, Adrian Borland & Craig Leon - Voices to rivers [Llano. Statik Records, 1986 - Venture, 1988].
- CASSELL WEBB, Adrian Borland & Craig Leon - In Arcadia [Llano. Statik Records, 1986 - Venture, 1988].
- CASSELL WEBB, Adrian Borland & Craig Leon - Wandering Ones [Llano. Statik Records, 1986 - Venture, 1988].
- CASSELL WEBB, Adrian Borland & Craig Leon - When the rain stops falling [Llano. Statik Records, 1986 - Venture, 1988].
- CASSELL WEBB & Craig Leon - Voices to Rivers [Llano. Statik Records, 1986 - Venture, 1988].
- CRAIG LEON - Ring with three concentric circles [Nommos. Takoma, 1981].
- CRAIG LEON - She wears a hemispherical skull [Nommos. Takoma, 1981].
- CRAIG LEON - For eyes to see the afterlife (extracto) - [Nommos. Takoma, 1981].

Comentarios, selección musical e control técnico de son: Pequeno Monstro.
+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com [Etiqueta "Seria: OFF MENTAL"].



Imaxe: Portada da segunda edición de "Llano", Cassell Webb, publicada por Venture [Virgin] en 1986, logo da publicación do mesmo traballo por Statik Records dous anos antes, con diferente portada.

25 outubro, 2012

DIVERTIMENTO - Medios de Comunicación e Sociedade [organizada polo Ateneo Ferrolán - 24/10/2012]

O Ateneo Ferrolán organizou o pasado mércores 24 de outubro de 2012 na galería  Sargadelos de Ferrol, unha tertulia verbo do "futuro do xornalismo" que contou coa participación do director de Diario de Ferrol, Carlos Miragaya; a directora de COPE Ferrol, Julia Díaz, e o locutor André C. Pastor, como integrante do movimento de radios libres e comunitarias. O  acto foi presentado polo presidente do Ateneo, Ramón Veloso, quen destacou os grandes cambios tecnolóxicos, laborais e de cualidade que o xornalismo está a vivir nos últimos anos. 

A tertulia foi interesenta, canto que posibilitou pór de manifesto en condicións de igualdade coas voces dos mass media, no marco dun foro convencional, a realidade dos medios libres e comunitarios no mundo i en particular na nosa comarca.

A gravación do audio foi realizada polo programa DIVERTIMENTO para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9 FM], libre e comunitaria de Ferrol], que vos oferecemos hoxe en formato de programa especial.



Imaxe, de esquerda a dereita: Carlos Miragalla [director de Diario de Ferrol], Ramón Veloso [Presidente do Ateneo Ferrolán], André C. Pastor [Movimento de RR.LL e Comunitarias] e Julia Díaz [Directora de COPE - Ferrol].

23 outubro, 2012

80 Vinilos/h - programa 41

Portada primeiro recompilatorio de MR [1982]
Edición nº 41 de 80 Vinilos/h, a música estatal dos oitenta en Rádio FilispiM, 93.9 FM

Especial selo independiente estatal MR, creado por Paco Martín e Julian Ruiz nos primeiros anos 80s. Escoitamos unha selección de pezas dos seus tres primeiros míticos vinilos recompilatorios:

MAQUETAS [MR, 1982] 
- Los Modelos [Las gafas negras].
- Los Pistones [Los Ramones].
- Los Elegantes [Me debo marchar].
- Aviador DRO [No tengo boca].
- El Último Sueño [El fugitivo].

4473910 [MR, 1983] 
- Los Pistones [Nadie].
- V2 Berlín [Marquee Moon].
- Farenheit 451 [Ojos a tu alrededor].
- Desiertos [El elixir].
- Luna [Es un sueño].

I LOVE MR [MR, 1983] 

- Luna [Me quiero marchar].
- Estación Victoria [Octubre rojo].

Selección musical, locución e mandos técnicos: Pequeno Monstro.

+ info: http://pequenosmonstros.blogspot.com [etiqueta: "serie 80 Vinilos/h"].


16 outubro, 2012

OFF MENTAL [músicas sen fronteiras] programa 37


Edición nº 37 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM apresentadas polo Pequeno Monstro.

Neste programa:


  •  IURY LECH: 
  • . Aturdidamente.
    . Más torres caerán.
    . Efervescente paridad.
    [Álbum: Instorments. Amorfik Artifats, 2005]. 





  •  TUXEDOMOON: 
  • . The waltz.
    . Bonjour tristesse.
    . Some guys.
    . Holy wars [extracto].
    [Álbum: Holy Wars. Cramboy 1985]. 









    Foto: Iury Lech
    Todos os programas en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [etiqueta: "serie OFF MENTAL"]

    10 outubro, 2012

    OFF MENTAL [músicas sen fronteiras] programa 36

    Edición nº 36 de OFF MENTAL, músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM, apresentadas polo Pequeno Monstro. Neste programa, especial CANNIBALISM

    CAN,  banda seminal de nova música [krautrock] nada a finais dos anos sesenta en Colonia [Alemaña], produciu, trala súa disoluzón uns dez anos despois, unha chea de propostas en solitario de cada un dos seus pricipais integrantes: Jaki Liebezeit, Michael Karoli, Holger Czukay e Irmin Schmidt.

    Este programa é precisamente un paseio por unha selección daquelas estraordinarias produzóns que a partir de 1979 gravaron, xa en solitario, os integrantes de Can trala súa disolución.

    - JAKI LIEBEZEIT - Nervous breakdown [Phantomband Nowhere. Spoon Records, 1984].
    - MICHAEL KAROLI - Home truths [Deluge - The Complete Version. Spoon, 1983].
    - HOLGER CZUKAY - Persian love [Movies - EMI, 1979].
    - HOLGER CZUKAY - Witches multiplication table [On the Way to the Peak of Normal. Spoon, 1981].
    - HOLGER CZUKAY - Der osten ist rot [The East is Red. Virgin, 1984]
    - IRMIN SCHMIDT & Bruno Spoerri - Rapido de Noir [Toy Planet. Spoon, 1981]
    - IRMIN SCHMIDT - Alcool [Musk at Dusk. WEA, 1987]
    - IRMIN SCHMIDT - Time the dreamkiler [Impossible Holidays. WEA, 1991]
    Imaxe superior: CAN.
    + info en http://pequenosmonstros.blogspot.com  [Etiqueta: "serie Off Mental"].

    05 outubro, 2012

    DIVERTIMENTO - Miguel Quinteiro, activista - Carne Cruda, radio - Paco Pestes García, poetastro.

    Edición de DIVERTIMENTO para pequenos monstros [Rádio FilispiM, 93.9FM] do xoves 4 de outubro de 2012. 

    Contiúdos:

    - Entrevista a MIGUEL QUINTEIRO, veterano activista social de 72 anos e natural de Vigo [GZ], un dos 35 detidos e maltratados no descorrer do 25-S e xornadas posteriores en Madrid.

    - Sección “48-2 Cromosomas”. Rafa Bouza dende Compostela. Comentario homenaxe ao axusticiado programa de Radio3 "Carne Cruda".

    - Movilización sindical na Galiza. Manifestacións nas principais cidades do país, xoves 4 de outubro: “Non ao saqueo. Existen alternativas. Paremos ao PP. Non votes contra ti e os teus dereitos!”.

    - Entrevista a PACO "PESTES" GARCIA, poetastro de Ferrol ante o seu novo proxecto: "72 poemas de amor bastardo para salvar el alma de madrugada."

    -  Axenda divertimento. 





    Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. 

    Máis info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [Etiqueta: Divertimento para pequenos monstros].


    Imaxe: Miguel Quinteiro de 72 anos, arrastrado e maltratado pola policía baixo órdenes do PP.

    04 outubro, 2012

    80 Vinilos/h - programa 40

    Edición nº 40 de 80 Vinilos/h. Unha particular selección da música estatal dos oitenta para Rádio FilispiM, apresentada polo Pequeno Monstro.

    Neste programa:

    - EL PECHO DE ANDY - A años luz [El Pecho de Andy. Mini Lp. Nuevos Medios, 1986].
    - EL PECHO DE ANDY - Llegará octubre [Llegará Octubre. Lp. Nuevos Medios, 1987].
    - EL PECHO DE ANDY - Tierra salvaje [La Coartada. Maxi. Nuevos Medios, 1987].
    - EL ANGEL Y LOS VOLCÁNICOS - Escápate de mi [Polvo de Ángel. Doble CD. Nuevos Medios, 1993].
    - EL ANGEL Y LOS VOLCÁNICOS - Quién es quién [Polvo de Ángel. Doble CD. Nuevos Medios, 1993].
    - EL ANGEL Y LOS VOLCÁNICOS - La triste historia de Jane Miranda / Yo sé perder [Polvo de Ángel. Doble CD. Nuevos Medios, 1993].
    - EL ANGEL Y LOS VOLCÁNICOS - Y me fui de noche [Polvo de Ángel. Doble CD. Nuevos Medios, 1993].

    * El Ángel y Los Volcánicos foron: 
    - El Angel: voz, guitarras e teclados.
    - Ana Curra: Voz e teclados.
    - Juanjo Pizarro: guitarras e baixo.
    - Miguelito Suárez: baixo.
    - Tony Jurado: batera.
    - César Scappa: guitarras e voz.
    - Dogo Rojo: voz.



    Presentación, realización e selección musical: Pequeno Monstro.
    + info en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [etiqueta: 80 Vinilos/h]

    25 setembro, 2012

    80 Vinilos/h - programa 39

    Regreso as ondas e a rede do programa de música oitentera 80 Vinilos/h. Programa nº 39

    Nova etapa logo dunha longa pausa, na Rádio FilispiM, libre e comunitaria de Ferrol-Terra. En calquer caso, unha Produzón Imaxinaria Divertimento apresentada polo Pequeno Monstro.

    Neste programa:
    - Sintonía: ANA CURRA - Lágrimas (versión instrumental) - [Maxi Una noche sin ti, Hispavox, 1986].
    - LOS CARAMELOS - Cita en Hawai (Versión peza orixinal de La Mode) - [Los Caramelos de Charlie Misterio. CD Spinic 2002].
    - LA MODE - Cita en Hawai [El Eterno Femenino. Lp Nuevos Medios, 1982].
    - MINUIT POLONIA - Ibiza Underground [Ibiza Undergroud. Maxi DRO, 1983].
    - MINUIT POLONIA - Mercedes Benz (Versión peza orixinal de Janis Joplin) - [Ibiza Undergroud. Maxi DRO, 1983].
    - MINUIT POLONIA - Intro [Ep Radio Rockola. DRO, 1983].
    - MINUIT POLONIA - Radio Rockola [Ep Radio Rockola. DRO, 1983].
    - LAVABOS ITURRIAGA - Nichos [Ep China. Discos Suicida, 1982].
    - LAVABOS ITURRIAGA - Guasimira  [Ep China. Discos Suicida, 1982].
    - LAVABOS ITURRIAGA - Instantanea [Maxi. Discos Suicidas, 1984].
    - LAVABOS ITURRIAGA - Imágenes del ruido [Maxi. Discos Suicidas, 1984].
    - POP-DATA - Viejos románticos [Maqueta. 198?].



    Comentarios e peticións en: oitentavinilos [arroba] gmail.com

    22 setembro, 2012

    OFF MENTAL [músicas sen fronteiras] programa 35

    Logo dunha pausa estival, regresa OFF MENTAL, as músicas sen fronteiras en Rádio FilispiM. Unha Produzón Imaxinaria Divertimento apresentada e conducida polo Pequeno Monstro.

    Nesta edición nº 35, disfrutamos as músicas de:
    - LUIS DELGADO - Casa de escaleras [Serie de músicas para o Planetario de Madrid, 1982. Versión editada no CD recompilatorio "Nueva Música Española", revista Nueva Música, 1993]
    - LUIS PANIAGUA - El Sol. Danzad, danzad, lo peor ya pasó [Muy Fragil. Hyades Arts. CD recompilatorio "Nueva Música Española", revista Nueva Música, 1993]
    - DAVID GARRIDO - El sonido del tiempo [CD recompilatorio "Nueva Música Española", revista Nueva Música, 1993]
    - FINIS AFRICAE - El que habla [CD recompilatorio "Nueva Música Española", revista Nueva Música, 1993]
    - SÉTIMA LEGIAO - Mar d ´outubro, 1984
    - SÉTIMA LEGIAO - Sétima Volta, 2003
    - SÉTIMA LEGIAO - Ilha das almas, 2003
    - SÉTIMA LEGIAO - Con estas maos, 1999
    - SÉTIMA LEGIAO - O factor humano, 1999
    * Todos os temas de Sétima Legiao tirados do CD recompilatorio "Historia de Sétima Legiao, Canciones y músicas 1983-2003". Editado polo selo español Resistencia no ano 2005]. 


    Imaxe: portada orixinal do CD recompilatorio editado en 1993 pola desaparecida revista de Sevilla "Nueva Música". Nota: se ben na portada pode lerse "Vol.1", nunca chegaría a publicarse un segundo volume.

    Todos os programas en http://pequenosmonstros.blogspot.com - Etiqueta "OFF MENTAL".

    21 setembro, 2012

    DIVERTIMENTO - Stahlfabrik. Chorbyradio. Acción Directa. Ateneo Ferrolán.


    Audios do DIVERTIMENTO para pequenos monstros do xoves 20/09/2012. Primeiro programa na nova grelha, 2012/2013, de Rádio FilispiM.

    - Entrevista telefónica a STAHLFABRIK, Josep María Soler, do blog stahlfabrik.blogspot.com e do programa de música electrónica de vangarda "Baja Frecuencia" [Radio Pica, BCN + Rádio FilispiM, Ferrol]. 

    Ir a descargar

    - Entrevista telefónica a CHORBYRADIO [Eduardo García Pardo], responsábel do blog egarpar.blogspot.com e do podcast e programa de radio RETROEVOLUCIÓN [Rádio FilispiM 93.9 FM - Ferrol]

    Ir a descargar

    - Entrevista no estudio Carmen Prieto integrante do Colectivo ACCIÓN DIRECTA - Recuperación Espazos Públicos de Ferrol-Terra. Denuncia contra o malgasto do Concello de Ferrol [GZ]. No estudio tambén estivo outro dos seus integrantes, Susete. 

    Ir a descargar

    - Nova sección de colaboracións:  “48-2 CROMOSOMAS” [Rafa Bouza. Un de Neda desde BCN] http://vimeo.com/48453487

    - Entrevista telefónica a Ramón Veloso, presidente do ATENEO FERROLÁN, ante a usurpación e inxerencias por parte do goberno do Concello de Ferrol [PP] do seu local social.

    Ir a descargar

    - Axenda DIVERTIMENTO. Recomendacións da semana.


    Ir a descargar


    - Audio do programa completo:



    Imaxe: Pequeno Monstro [Divertimento, Rádio FilispiM] e Carmen Prieto [Colectivo Acción Directa - Recuperación Espazos Públicos - FerrolTerra]. Tirada por Susete.

    26 agosto, 2012

    Audio rolda de prensa Asociación LAZOS pro-solidariedade [Ferrol, 20/08/2012]

    O pasado Luns 20 de Agosto de 2012, o local de Lazos estaba ateigado de xente, representantes de máis dunha v intena de entidades querían amosar o seu apoio público á asociación Lazos Pro Solidariedade - Comité Anti-Sida de Ferrol. 

    Esta entidade está atravesando moitas dificultades de supervivencia por mor dos recortes sociais das diferentes administracións entre as que están o propio Concello de Ferrol. Aínda non chegara o mediodía cando deu comezo a rolda de prensa convocada polo propio Lazos.

    Despois da benvida e os agradecementos pasaron á lectura de tres comunicados, Carlos Varela, Cecilio e José Torregrosa foron as persoas encargadas de ler os comunicados, o da propia entidade convocante, o das usuarias e usuarios do centro asistencial e por último o das entidades solidarias con Lazos e a súa importante laboura contra a exclusión social, a xustiza e a saúde. 


    Crónica:  http://artabra21.blogspot.com

    Entre os numerosos Colectivos asinantes do apoio ao manifesto da Asociación LAZOS pro-solidariedade, se atopa o Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM.

    Rexistro de audio:
    Susana Alaniz [Rádio FilispiM] 


    Foto: Susete Ferrol.


    Centos de persoas apoian ao Ateneo Ferrolán fronte a intromisión do Concello [Ferrol, 23/08/2012]

    Audio que rexistra o tramo final do Festival en apoio ao Ateneo Ferrolán no palco da música do Cantón de Ferrol, o xoves 23 de agosto de 2012, logo de que o Concello de Ferrol [PP] anunciase por sorpresa este mes de agosto que a centenaria sede do Ateneo, cuxa rehabilitación está a findar, deixará de chamarse Ateneo e pasará a ser compartida con outras dúas entidades. 

    Chama a atención que o manifesto que vén de publicar o Ateneo Ferrolán recolla centos de sinturas de simpatizantes, colectivos, asociacións, persoeiros da cultura galega... fronte ao ÚNICO apoio expreso da denominada SAF [Sociedad Artística Ferrolana] á decisión do Concello de Ferrol e ao seu peculiar Concelleiro de Cultura, asociación de artistas cuxo Presidente ten manifestado estar "encantada" coa proposta do Concello. 

    Ao festival reivindicativo acudiron centos de persoas e participaron activamente xentes relacionadas coa música, letras, teatro e artes plásticas da nosa Comarca: O Grupo Raparigos, Eva Veiga, Grupo Zanfonas de Trasancos, Helga Méndez, María Manuela, Tonecho Varela, Guillermo Ferrándiz, Manolo Bacallau, Rubén Artabe, Luis Rapela e Suso Basterrechea. 

    Reseñar que entre os centos de asistentes ao Festival en apoio ao Ateneo se atopaba algún integrante da referida SAF, o que indica que nen sequer todas as persoas socias da referida asociación aceptan a posición do seu Presidente, Ricardo Díaz-Casteleiro. Así, nos atopamos ante unha situación tremendamente peculiar, sen precendentes na vida cultura non só da nosa Comarca senón de todo o País, un capricho que pretende pasar por riba dun clarmor que SI é verdadeiramente popular, o dos centos de apoios aos ateneístas ferroláns.

    O audio foi rexistrado por un dos reporteiros da radio libre e comunitaria de Ferrol-Terra, Rádio FilispiM. Corresponde aos últimos 17 minutos do mesmo.

    Informou O Pequeno Monstro.




    Imaxe: El Correo Gallego

    13 agosto, 2012

    Audio Asemblea Ateneo Ferrolán, Torrente Ballester [7/8/2012]

    Audio íntegro rexistrado por Rádio FilispiM, 93.9 FM, da Asemblea aberta convocada polo Ateneo Ferrolán, levada ao cabo o pasado martes 7 de agosto de 2012 no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, una vez coñecida a intención, de última hora, da Corporación "popular" do Concello de Ferrol de redistribuir o espazo da entidade Ateneista entre outras asociacións e cambiar de nome ao edificio.



    Máis info e Manifesto do Ateneo Ferrolán en: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2012/08/loading.html

    Foto: F. Ocampo.

    19 julho, 2012

    Escoita en Rádio FilispiM 93.9FM da Comarca de Trasancos a covertura en directo a nivel estatal das manifestaciós do #19J tamén via streaming no nosso blog ou desde os seguintes enlaces:

    As radios comunitarias do Estado seguirán as manifestaciós en directo nunha retransmisión coordinada por OMC Radio, emisora comunitaria do barrio de Villaverde de Madrid, pertencente á Unión de Radios Libres e C...omunitarias de Madrid (URCM) e à Rede de Medios Comunitarios (ReMC).

    O programa emitirase de 19 a 21h. e podese escoitar nos seguintes streaming:

    http://tesla.todoexitos.com:6200/
    http://servidor4.todoexitos.com:6020/
    http://omcweb.urcm.net/archivo/m3u/emision.m3u

    10 julho, 2012

    OFF MENTAL [outras músicas] programa 34

    Programa Nº 34 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.


    OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
    Neste programa, continuamos moi INDUSTRIAIS:
    - MECÁNICA POPULAR - Disposición emotiva [Neguentropía. Warner Music, 2010].
    - MECÁNICA POPULAR - Jactatio capitis nocturnus [Neguentropía. Warner Music, 2010].
    - MECÁNICA POPULAR - Divertimento inocente [Neguentropía. Warner Music, 2010].
    - DEPÓSITO DENTAL - Noche cansada [Recompilatorio Conspiración. Proceso Uvegraf. Discos P.Uvegraf, 1985].
    - LA OTRA CARA DE UN JARDÍN -  El canto de las Sílfides [Recomp. Conspiración. Proceso Uvegraf. Discos P.Uvegraf, 1985].
    - INTERACCIÓN - Claroscuro [Recomp. Conspiración. Proceso Uvegraf. Discos P.Uvegraf, 1985].
    - JUAN CAROS TERUEL - Claustral [Recomp. Conspiración. Proceso Uvegraf. Discos P.Uvegraf, 1985].
    - UVEGRAF - Refractiva ocular 1 [Recomp. Conspiración. Proceso Uvegraf. Discos P.Uvegraf, 1985].


    Imaxe: Portada do recompilatorio estatal Conspiración. Proceso Uvegraf, 1985.
    Album "Conspiración", grazas ao estupendo blog: http://stahlfabrik.blogspot.com.es/
    offmentalizate! na nosa páxina en facebook.

    02 julho, 2012

    OFF MENTAL [outras músicas] programa 33

    Programa Nº 33 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.


    OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e  de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.
    Neste programa: especial MECÁNICA POPULAR [Eugenio Muñoz & Luís Delgado].


    - MECÁNICA POPULAR - Impresionistas / La Edad de Bronce (I) [Que Sucede con el Tiempo. DRO, 1984].
    - MECÁNICA POPULAR - La Edad de Bronce (II) [Que Sucede con el Tiempo. DRO, 1984].
    - MECÁNICA POPULAR - Quiero irme [Que Sucede con el Tiempo. DRO, 1984].
    - MECÁNICA POPULAR - Daguerrotipo [Que Sucede con el Tiempo. DRO, 1984].
    - MECÁNICA POPULAR - Ambrotipo [Que Sucede con el Tiempo. DRO, 1984].
    - MECÁNICA POPULAR - Máquina [Que Sucede con el Tiempo. DRO, 1984].
    - MECÁNICA POPULAR - Procedimientos [Que Sucede con el Tiempo. DRO, 1984].
    - MECÁNICA POPULAR - Visibilidad cero [Baku 1922. El Cometa de Madrid, 1987].
    - MECÁNICA POPULAR - Las maravillas del mañana [Baku 1922. El Cometa de Madrid, 1987].
    - MECÁNICA POPULAR - Daquerrotipo [Baku 1922. El Cometa de Madrid, 1987].
    - MECÁNICA POPULAR - Viajar, recordar [Baku 1922. El Cometa de Madrid, 1987].
    - MECÁNICA POPULAR - La Edad de Bronce [Baku 1922. El Cometa de Madrid, 1987].
    - MECÁNICA POPULAR - Baku, 1922 [Baku 1922. El Cometa de Madrid, 1987].




    Nota: As pezas Daguerrotipo e La Edad de Bronce do albúm "Baku 1922" [1987], retoman as pezas do mesmo título aparecidas anos antes en "Que Sucede con el tiempo" [1984].
    Imaxe: Eugenio Muñoz & Luís Delgado [Mecánica Popular].
    Offmentalizate! na nosa páxina en facebook.

    29 junho, 2012

    DIVERTIMENTO - Radio Contrabanda [BCN] - Amparo Arias [Limodre], "Todo lo que no pasó" - La Voz de Galicia, o xornal "independente" máis subvencionado da historia, pola Xunta.


    Edición do xoves 28/06/2012 de DIVERTIMENTOpara pequenos monstros en Rádio FilispiM, 93.9 FM. Último programa da grelha 2011/2012. Volvemos en setembro; grazas pola vosa complicidade ;)

    Contiúdos:

    - Novas: O asasinato machista da nosa veciña Iría. Carta dun funcionario ao Director de La Voz de Galicia, o xornal "independente" máis untado da historia pola Xunta .

    - Entrevista con Ernesto Che Majara de Rádio Contrabanda de BCN. Ante o acoso de Generalitat de Catalunya as súas emisións, libres e non subvencionadas.

    - Entrevista a Amparo Arias [Limodre-Fene]. Apresentando o seu álbum "Todo lo que no pasó".

    - Novas: concentración fronte ao Concello de Ferrol denunciando novos e suntuosos gastos na Praza da España. Conexión telefónica  coa nosa compañeira filispina, Lorena Calaza.

    Apresentan: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro.

     


    Entrevista con Ernesto Che Maraja, Rádio Contrabanda [BCN]:
    Ir a descargar


    Entrevista con Amparo Arias  [Limodre] "Todo lo que no pasó":
    Ir a descargar

    Divertimento no Facebook.

    22 junho, 2012

    DIVERTIMENTO - O Colectivo LAZOS denuncia. Agresións da Policia Local. RRLL Catalunya. Lumeiradas...

    Edición do xoves 21 de xunho de 2012 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros [Rádio FilispiM], cos seguintes contiúdos: 


    – Novas: acción denuncia do Colectivo LAZOS-Pro-solidariedade. O mércores 20 de xuño, almorzo diante do Concello. Entrevista con Carlos Varela.


    Entrevista a Lois, un dos organizadores do Festival Folc Rock en San Xoan de Vilanova [Minho-GZ], dentro do programa de festas de San Xoan, que se celebran dendo o sábado 23 até o luns 25 de xunho.


    Entrevista con Alexandre Carrodeguas. Agredido pola Policía Local de Ferrol, cando facía uso dos recursos da Biblioteca municipal. Recompilación de recentes agresións e acoso ao movimento social-cultural por parte de certos efectivos da Policía Local de Ferrol. 


    – Novas: comunicado das RRLL de Catalunya. Cronoloxía de represión política no Estado espanhol contra o movimento de RRLL.


    - Conexión telefónica con André, do Colectivo A REVOLTA de TRASANCOS, nos preparativos da lumeirada/sardinhada de Caranza, na noite de San Xoan.


    - Axenda de concertos.


    Apresentan: Ana Lucecú e O Pequeno Monstro.



    Divertimento e @s monstros estamos no facebook.

    20 junho, 2012

    OFF MENTAL [outras músicas] programa 32

    Programa Nº 32 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.


    OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.

    Comezamos cos robots, seguimos con humanoides e, finalmente, trascendemos ao sacro-espacial.

    Neste programa:
    -  BSO WALL-E - 72 Degrees & Sunny - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
    -  BSO WALL-E - Define Dancing  -  Thomas Newman & Peter Gabriel [Pixar, 2008].
    -  BSO WALL-E - No Splashing no diving  - Thomas Newman [Pixar, 2008].
    -  BSO WALL-E - All that love´s about  - Thomas Newman [Pixar, 2008].
    -  BSO WALL-E - M-O -  Thomas Newman [Pixar, 2008].
    -  BSO WALL-E - Directive A-113 - Thomas Newman [Pixar, 2008].
    -  BSO Artificial Intelligence - Abandoned in the woods - Composed by John Willians [Warner, 2001]
    -  BSO Artificial Intelligence - Hide and seek - John Willians [Warner, 2001]
     BSO Artificial Intelligence - The reunion - John Willians [Warner, 2001]
    - CONSTANCE DEMBY - Radiance [Sacred Space Music. Sound Currents, 1982. Hearts of Space, 1988].
    - CONSTANCE DEMBY - The Longing (extracto) - [Sacred Space Music. Sound Currents, 1982. Hearts of Space, 1988].

     

    Imaxe: Portada de Sacred Space Music, Constance Demby  [Hearts of Space, 1988]
    Ofmentalizate! na nosa páxina en facebook.

    15 junho, 2012

    OFF MENTAL [outras músicas] - programa 31

    Programa Nº 31 en Rádio FilispiM da serie OFF MENTAL, apresentado polo Pequeno Monstro.

    OFF MENTAL, é un programa da Produtora Imaxinaria Divertimento [PID], donde ouvimos outras músicas doutra forma, sen fronteiras estilísticas e de ningún outro tipo, cuxo denominador común é a creatividade.


    Neste programa:
    - JOHANNES SCHMOELLING - Conemplating Mortality [The Zoo of Tranquillity. Edición Ederklang, 1998].
    - TANGERINE DREAM [Edgar Froese, Chris Franke e Johannes Schmoelling] - Logos 1 [Logos Live. Virgin, 1982].
    - BSO WALL-E  -  Put on your Sunday Clothes. Permormed by Michael Crawford, composed by Jerry Herman [Pixar, 2008].
    - BSO WALL-E - 2815 A.D. - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
    - BSO WALL-E - Wall-E - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
    - BSO WALL-E - The Spaceship - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
    - BSO WALL-E - EVE - Composed by Thomas Newman & Peter Gabriel [Pixar, 2008].
    - BSO WALL-E - THRUST - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
    - BSO WALL-E - Bubble Wrap - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
    - BSO WALL-E - La Vie en Rose - Permormed by Louis Armstrong, composed by Edith Piaf [Pixar, 2008].
    - BSO WALL-E - Eye Surgery - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
    - BSO WALL-E - Worry Wait  - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].
    BSO WALL-E - First Date  - Composed by Thomas Newman [Pixar, 2008].

    Imaxe: Logos Live. Virgin, 1982. Tangerine Dream.
    Offmentalizate! na nosa páxina en facebook.
    Related Posts with Thumbnails