Pesquisar neste blog

12 junho, 2025

Informativo semanal da Filispim, 13/06/2025 (última hora Marcha a Gaza)


Informativo semanal Rádio FilispiM, 12/06/2025.-

Sumario:

    Abrimos coa ÚLTIMA HORA da Marcha Glogal a Gaza. A nosa compañeira Lupe Ces fai unha crónica do acontecido aos nosos compañeiros Xan Lopes e Inacio Martinez desde que partiron o mércores 11 de xuño do aeroporto de Compostela (Galiza) cara O Cairo (Exipto). Edición/montaxe: André pequenomonstro. 
    * Escoita a segunda metade da crónica neste enlace.
    Ademáis:
  • FUCO BUXÁN achéganos un comunicado ante a aprobación da posible instalación dun skatepark sobre o Parque Antón Varela, en Canido.

  • “Conciliación familiar e educación no capitalismo”. Edu COMOCHOCONTO, dende Radio Raposeira.

  • Convocatoria de SOS SANIDADE PÚBLICA á movilización do vindeiro 12 de xuño, baixo o lema: “Listas de Agarda. Máis Transparencia. Máis Recursos Público”. En Ferrol, concentrarémonos fronte o centro de saúde Fontenla Maristany, ás 20h.

  • Silvia Bogo infórmanos das actividades que se levarán a cabo nos videiros días no Centro Social Artábria, en Ferrol.

  • Peche musical co tema “ Todo me va bien” de Albert Pla e Kase O, aproveitando o concerto que o músico catalán ofrecerá este sabado 14 de xuño, ás 20.30h, no Auditorio de Ferrol.

Condución/edición: Ana Lucecú.

Participa! informativosfilispim@gmail.com (mensaxes de voz, convocatorias...) Comparte!

Nenhum comentário:

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails