Pesquisar neste blog
22 agosto, 2022
A Xanela das Fucas nº 78
Programa  nº 78-  (18-8-22)
A Xanela dás Fucas   achégase a      a exposición   49 razóns : moda e arte   para un futuro sostible. 
Charlamos con Beatriz  Clara    quen nos relata    o    porque e o sentido deste proxecto: Por unha banda busca a promoción da arte e a cultura, apoiando aos artistas locais ao levar a súa obra ás rúas a través dun soporte diferente, dándolles visibilidade a través de pezas de segunda man en perfecto estado, que foran descartadas polos consumidores. Doutra banda parte do supra-reciclaxe como pedra angular, buscando un futuro máis sostible a través da educación e concienciación en consumo responsable como parte fundamental do proxecto, ao converter a peza descartada nunha obra de arte única e especial, cun gran valor engadido tanto artístico como conceptual. Son pezas para namorarse delas porque en definitiva son unha obra de arte que che enche a alma e que che deleitas en pasear con orgullo, sabendo que ademais de beleza soporta cultura e sustentabilidade.
 Beatriz non deixes  de seguir    realizando este tipo     de convocatorias  …….. son necesarias
Fucas presentes:  Chelo Carballal Balsa,; Eva Tizon Bouza. 
A música que escoitamos:  A sintonía do programa:  La Vita E Bella,  (Nicola Piova) ;  49  Razons  poema  ( Eugenia Sanmartín);   Canción  para 49   razons  (Eugenia  Sanmartín)  .   49  Razones  videoart-  El desfile . 
Assinar:
Postar comentários (Atom)
 

 
 
Nenhum comentário:
Postar um comentário