Pesquisar neste blog
03 fevereiro, 2014
Novas Locais. As Meninas de Canido aparécense na Franza.
As Meninas de Canido pretenden pór en valor o bairro ferrolá de Canido, abandoado durante anos pola desidia das administracións, local e autonómica. Co paso dos anos convertiuse nun movimento cidadá, social e artístico que comezou no ano 2008, coordinado por un artista do bairro, Eduardo Hermida, quen debuxaba por vez primeira unha das obras máis celebres de Diego Velázquez. Na última edición de las Meninas de Canido, xuntouse a máis de 200 artistas locais, estatais e internacionais que tinxiron as rúas do bairro de cores e formas.
Na actualidade as Meninas de Canido están a suscitar interés até na Franza...
Informou Miguel Castro para Rádio Filispim
(Redacción de Informativos)
Para saber máis das Meninas de Canido: http://www.meninasdecanido.com/
Novas Locais. O Ateneo Ferrolán reinvéntase.
A nova directiva e cadro de persoal do Ateneo Ferrolán comeza a traballar con ilusión, ideas e colaboración mútua. A nova directiva vén de chegar a un acordo co cadro de persoal para unha redución temporal dos seus salarios, até equilibrar as contas da institución. Ademáis, adaptan as cotas de socios para persoas en situación de desemprego ou mesmo incorporan cotas especiais para integrantes dunha mesma familia...
Toda a información neste audio.
Informou Miguel Castro para os informativos de Rádio FilispiM.
(Redacción Informativos).
02 fevereiro, 2014
Iste venres 31 de xaneiro de 2014, Rádio FilispiM vai ao Cantón Vello.
"FilispiM vai… ao Cantón Vello" (3º programa dentro do ciclo “Filispim Vai…”).
ATENCIÓN! RE-DIFUSIÓN ISTE SÁBADO A PARTIR DAS 19:00 h. en Rádio FilispiM, 93.9 FM e vía streaming: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
Iste venres 31 de xaneiro de 2013 unha intensa borrasca achegará unha nove fronte a Galicia cara a noite donde as precipitacións serán máis persistentes. As temperaturas ascenderán de xeito lixeiro a moderado e os ventos soprarán do sudoeste moderados con intervalos fortes no litoral norte... mais é unha previsión.
O que si é seguro é que "Rádio FilispiM vai ao Cantón Velllo". O Colectivo Opaíí! movilizará as súas hostes e aparellos iste venres ao mítico local do bairro de Esteiro (R/ Taxonera) cun programa especial en vivo e directo entre as 8 e 10 da noite, que tinxirá o dial ferrolterráqueo de voces ben diversas...
Por si todo isto fór pouco, haberá música en vivo da man
O ciclo "Rádio FilispiM vai…" terá continuidade no futuro coa participación doutros Colectivos, Asociacións e espazos da nosa Comarca.
Filispim vai!!!. Vén ti!!!
Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/725801644097658/?fref=ts
(*) Cambios de última hora comunicados polo Cantón Vello.
01 fevereiro, 2014
Música, Surf, Medio Ambiente Programa nº 84 28.1.2014
UN PROGRAMA CUALQUIERA…
¿Un programa cualquiera?...ni de
broma, por respeto y por cariño a los seguidores del mismo, nunca se debe dejar
de intentar hacer un programa interesante, atractivo… por muchas dificultades
que surjan. Así, cuando por imponderables de última hora no puede asistir el
único invitado previsto, al cual se le va a dedicar íntegro el programa, lejos
de caer en una crisis de ansiedad, podemos aprovechar la oportunidad para,
p.ej., repasar algunos de nuestros discos favoritos.
Eso fue lo que nos pasó y eso fue
lo que hicimos en esta ocasión con The National y su “High Violet” y con Steve
Forbert y su “Over With You”, previamente y para sacudirnos la humedad de este
invierno como los de antes y entrar en calor, nos administramos una doble dosis
de los Ramones. Por cierto, los primeros actuarán este año en España, los
trataremos de ver, entre ola y ola…
O Recuncho nº 170
Mércores, 29 de xaneiro de 2014, de 19,00 a 20,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada.
“O Recuncho” nº 170 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
Invitado: Enrique Barrera, Profesor e Historiador: Últimos eventos da Memoria Histórica e novos proxectos.
Conexión telefónica con Eduardo Hermida, artista plástico, sobre “As Meninas de Canido”
O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “A pegada dos avós”
A “Sección Poética” de Lorena Calaza:José Emilio Pacheco
Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás.
Novas e comunicados, por Lucía Vizoso.
Música : Pete Seger e outros-
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com
e-mail: fucobuxan@gmail.com – telefº directo: 981371040

31 janeiro, 2014
Viquingos no Ponte en Galego nº 28!
Unha reportaxe sobre a presenza dos viquingos en Galiza feita polos alumnos a alumnas que viaxarán a Islandia en febreiro, a terceira e última entrega da animada entrevista que Carlos Mosqueira lle fixo ao alcalde de Pontedeume e as colaboracións de Pablo Carpente sobre judo, Javier Carrillo sobre a historia do Dépor,gastronomía inglesa e portuguesa por Archie Head e Diogo Mesquita, máis unha entrevista ao profesor substituto Rubén Anido sobre a situación do galego compoñen esta nova edición do Ponte en Galego que presenta Sara Rodríguez.
30 janeiro, 2014
en Ábrete de orellas lembramos a Pete Seeger, presentamos discos e recomendamos concertos
Morreu Pete Seeger, figura imprescindíbel da canción folk protesta e o compromiso. Adicámoslle a primeira parte do programa con 3 cancións emblemáticas.
Repasamos algúns dos concertos dos vindeiros días tirados da axenda do portal www.abretedeorellas.com : Xoel López, Julie Guravich & Víctor Aneiros Band, Kepa Junkera.
Estreamos os discos dun do Morrazo (Nelson Quinteiro "Orquesta Gharbo!") e dunha asturiana (Silvia Quesada "La pena abierta") e seguimos descubrindo o debut en solitario de Pablo Seijas, da banda coruñesa Misterioso viaje a Holanda.
Recuperamos unha rareza dos Black Crowes versionando a Bob Marley and the Wailers e unha xoia dun dobre álbum que verá a súa reedición en breve: Stevie Wonder presenta e borda o "Blowin' in the Wind" no concerto do 30 aniversario da estrea discográfica de Bob Dylan.

O enderezo electrónico de contacto está aberto ás vosas suxestións, comentarios, propostas... abretedeorellas@gmail.com
Saúdos orelludos,
Pepe Cunha
Assinar:
Postagens (Atom)