Pesquisar neste blog

02 fevereiro, 2014

Iste venres 31 de xaneiro de 2014, Rádio FilispiM vai ao Cantón Vello.


"FilispiM vai… ao Cantón Vello" (3º programa dentro do ciclo “Filispim Vai…”).

ATENCIÓN! RE-DIFUSIÓN ISTE SÁBADO A PARTIR DAS 19:00 h. en Rádio FilispiM, 93.9 FM e vía streaming: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg

Iste venres 31 de xaneiro de 2013 unha intensa borrasca achegará unha nove fronte a Galicia cara a noite donde as precipitacións serán máis persistentes. As temperaturas ascenderán de xeito lixeiro a moderado e os ventos soprarán do sudoeste moderados con intervalos fortes no litoral norte... mais é unha previsión.

O que si é seguro é que "Rádio FilispiM vai ao Cantón Velllo". O Colectivo Opaíí! movilizará as súas hostes e aparellos iste venres ao mítico local do bairro de Esteiro (R/ Taxonera) cun programa especial en vivo e directo entre as 8 e 10 da noite, que tinxirá o dial ferrolterráqueo de voces ben diversas...


Por si todo isto fór pouco, haberá música en vivo da man do guitarrista Cabe García  dos músicos OCTAVIO GARCÍA (baixo) e TONY TORRES (guitarra)*. O programa de radio será gravado e retransmitido en directo ao través de Rádio FilispiM, 93.9 FM e vía streaming para todo o mundo neste mesmo blog.


O ciclo "Rádio FilispiM vai…" terá continuidade no futuro coa participación doutros Colectivos, Asociacións e espazos da nosa Comarca. 

Filispim vai!!!. Vén ti!!!

Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/725801644097658/?fref=ts

(*) Cambios de última hora comunicados polo Cantón Vello.

Nenhum comentário:

Colabora na autogestom!

Triodos Bank: ES06-1491-0001-2120-2936-2023

Titular: Associaçom Cultural OPAíí!! [Ondas Para Ativaçom da Informaçom Independente]

Related Posts with Thumbnails