Morreu Pete Seeger, figura imprescindíbel da canción folk protesta e o compromiso. Adicámoslle a primeira parte do programa con 3 cancións emblemáticas.
Repasamos algúns dos concertos dos vindeiros días tirados da axenda do portal www.abretedeorellas.com : Xoel López, Julie Guravich & Víctor Aneiros Band, Kepa Junkera.
Estreamos os discos dun do Morrazo (Nelson Quinteiro "Orquesta Gharbo!") e dunha asturiana (Silvia Quesada "La pena abierta") e seguimos descubrindo o debut en solitario de Pablo Seijas, da banda coruñesa Misterioso viaje a Holanda.
Recuperamos unha rareza dos Black Crowes versionando a Bob Marley and the Wailers e unha xoia dun dobre álbum que verá a súa reedición en breve: Stevie Wonder presenta e borda o "Blowin' in the Wind" no concerto do 30 aniversario da estrea discográfica de Bob Dylan.

O enderezo electrónico de contacto está aberto ás vosas suxestións, comentarios, propostas... abretedeorellas@gmail.com
Saúdos orelludos,
Pepe Cunha
Nenhum comentário:
Postar um comentário